subliñados de O MORTO ASASINADO E OUTROS CONTOS (María do Carme Kruckenberg, Galaxia)

 

Don Reberte era un ratiño de campo, tan pequeno, redondiño e doce coma unha améndoa en plena sazón (18).

…………………………………………………..

Xa non recordo o nome, non teño memoria máis ca da cor do seu cabelo e  a lucidez das súas mans (20).

……………………………………………………

Despois de analizar a pintura de arriba abaixo e de abaixo a arriba, iluminóuselle a faciana coma se de súpeto comprendese o que non vira en centos doutras ocasións (23).

…………………………………………………….

Esas xenialidades son as que boto en falta. A perfección déixame xeada, robotiza o pensamento e deixa que a imaxinación esmoreza polas corredoiras do nada (26).

…………………………………………………….

Cando coñecín de boca dos meus pais o que pasara aquela tarde de outubro da miña nenez, xurei que algún día sacaría á luz da verdade o mal que fixeron ao meu sangue ( 28).

…………………………………………………….

O caso é que a pulga vive comigo desde hai un ano e non ten intención de deixarme por nada do mundo (30).

……………………………………………………..

Non coñeces ademais o tempo que lle vai levar en facer os rezos, arranxar as flores ou falar esa fala interior que se ten cos defuntos (34).

……………………………………………………..

Tiña uns ollos verdes, grandes e penetrantes, atentos ao que se falaba del; en realidade semellaba un persoeiro intelixente  vivido, máis ca un felino (38).

………………………………………………………

Facede vosa a pureza e a fantasía de don Agostinho, na crenza de que todo é posible neste universo. Todo, absolutamente todo (40).

………………………………………………………..

-Pois pecha os ollos para ouvir mellor. Verás como as túas palabras, as que acabas de dicir, veñen de volta nas partículas da luz (46).

…………………………………………………………

As palabras, as palabras do mundo enteiro cos centos de idiomas, vellos e novos, andan enredando dunha beira a outra da terra, agochadas no zoar do vento que dá vida aos homes aínda que eles non o saiban (47).

…………………………………………………………

É posible que, aínda sendo un osiño de mentira, nunca se esqueza desta amizade que comezou unha fin de semana con este precioso agasallo (51).

………………………………………………………..

Foi un encontro cheo de beleza insospeitada. Dise nas aldeas de Galiza, deste cativo animaliño, que percorre nas noites escuras o camiño da melancolía e que produce unha grande inquedanza polo misterioso da súa vida (55).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s