crítica de BONUS TRACK (Rosalía Fernández Rial, Galaxia)

PROTAGONISTA, A MÚSICA

Título: Bonus track

Autora: Rosalía Fernández Rial

Editorial: Galaxia

Rosalía Fernández Rial é coñecida, sobre todo, como poeta. En clave de sol (2009), Átomos (2011), Un mar de sensacións (2012), Vinte en escena (2012, 2014), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) e antoloxía bilingüe Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016) forman un corpus no que os mesmos títulos apuntan cara á multidisciplinariedade. Ademais tamén se desenvolve como performer. Este é seu primeiro libro narrativo, e para  súa estrea escolleu un libro de relatos onde a música é a auténtica protagonista, con certo parecido á escrita de Iolanda Zúñiga, mais sen tanta intensidade musical. Porque na trama de cadanseu relato figura a referencia a algunha peza musical, unha como mínimo, agás no terceiro, que non hai ningunha. Deste xeito, desfilan polos seus relatos Bob Dylan, Sumrrá, Doors, Beatles, Patti Smith, Narf, Carlos Santana e Celia Cruz, Norbert Schultze como compositor de “Lili Marlen”, Nirvana, Billie Holliday, Lady Day, Tom Waits, Zaz, John Lennon, Nina Simone, Ray Charles, Leonard Cohen, Ismael Serrano, Berrogüetto, The Animals, Joan Baez, António Carlos Jobim, Mercedes Peón, Antonio Vega, Amaral, Blaumut, Marful, David Bowie, Radiohead, o musical Cabaret, Jimmy Fontana e Carlos Paes, Mala Rodríguez. Ademais de música pupular e folk USA. Como dicimos, os relatos, de temática moi variada, introducen no seu corpo tramático polo menos un tema musical, agás no terceiro, polo que cómpre ser salientada a habilidade da autora para harmonizar escrita e música, para irmandalas.

Aínda sendo protagonista central a música, son moitas tamén as referencias literarias que se atopan en Bonus track. Así, podemos atopar a José João Craveirinha, Díaz Castro, Rodríguez Fer, Cortázar, Lorca, Manuel Antonio, Alejo Carpentier, Abel Meeropol e os filósofos Nietzsche e Hegel, do mesmo xeito que a pintura de Friedrich e os “artistas” Marcel Duchamp, Tracey Emin e  Eleanor Antin. Polo que a escrita de Rosalía Fernández Rial tamén se converte en multidisciplinar, rica en matices e ambientes. Rica en matices e ambientes, a autora sabe recrear ambientes diferentes cheos de matices, o que é un valor literario innegábel, resultando difícil escoller un entre os 22 relatos que compoñen o volume, o que fala da calidade media do libro. Saudamos  pois esta escrita que irmanda literatura e música, unha irmandade na que aínda cómpre afondar malia termos aí a Iolanda Zúñiga e  música estar presente de modo testemuñal en moitos títulos. A pesar de todo é moito o que aínda se poden achegar ambas disciplinas. Non en van Rosalía Fernández Rial está tamén moi atenta a quen son os compositores da letra das cancións que figuran no volume, pois a irmandade entre poesía e música si se atopa mellor desenvolvida que na narrativa.

Porén esa riqueza en ambientes e matices ten un fulcro común, a violencia. É raro que nos seus relatos non haxa algún tipo de violencia, xa sexa verbal ou física, explícita (case sempre) ou implícita. O que fai que Bonus track sexa un libro dos nosos días, pois abonda abrir un xornal ou acender o televisor para que a violencia se adone da actualidade. Si, vivimos nun mundo violento, o ser humano é especialista en exercer violencia sobre os demais conxéneres, e iso está moi ben reflectido neste libro. Quizá non era a intención da autora reflectir ambientes violentos, o que vai en contra do clima musical, mais o feito de escribir un libro dos nosos días remata por intrododucir a violencia entre as físgoas que as palabra permiten. Isto quere dicir que tampoco lle son alleos ambientes marxinais, podendo atopar desde a xenofobia do segundo relato, a outros onde a cocaína está presente e mesmo un relato trans, ou o desemprego, que é outra das características dos nosos días. Como dixemos, a violencia oponse en certa maneira á música, mais non deixa de estar presente algún tipo de violencia e isto reflicte os nosos días, porén cómpre salientar o xeito de que encaixe tan ben nos relatos.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s