subliñados de BONUS TRACK (Rosalía Fernández Rial, Galaxia)

 

Cando vives demasiado tempo soa, acabas por establecer unha serie de rituais e crenzas difíciles de explicar de portas para fóra (9).

…………………………………………………………..

Canto máis achegue o que imaxino ao que fago, máis se arrimará a maxia lírica ao meu discorrer existencial (12).

……………………………………………………………

Ao parecer, os danos non foran para tanto, aínda que os compañeiros permaneceron xuntos, ao seu lado, e Marco situouse nun limbo intermedio entre interior e exterior (22).

…………………………………………………………..

Había un home na parte posterior do vehículo que vestía coma el, tiña unha complexión idéntica a el, as mans, o rostro, os ollos igual ca el (32).

…………………………………………………………..

A diferenza entre o círculo, o Eterno Retorno, e a espiral, é a saída (34-35).

……………………………………………………………

Xa sabes, ás veces a palabra é máis poderosa ca a realidade designada (42).

……………………………………………………………

Como a tenacidade remanente do sol, tamén eu quero resucitar a cada instante (47).

…………………………………………………………….

Como eses ollos nas miñas pupilas, desde a outra banda da pista, cando tampouco vou tan borracho, puideron desordenalo todo de inmediato, sen pedir permiso (71).

……………………………………………………………..

Era tan elástica como os globos que me daba, sempre rebelde e contenta, resposta de canto acontecera (83).

………………………………………………………………

A túa mirada dentro do cadro especular convértese en espectador e peza artística á vez (91).

………………………………………………………………

Parece que esta xornada tampouco vou pescar nada e cada vez queda menos para o naufraxio definitivo (94).

………………………………………………………………..

Pero xusto antes de comezar a universidade, Mariña viu como os seus pais se divorciaban ao mesmo tempo que reducían o seu grao de idealismo e lle inculcaban que, si, soñar está ben, mais cómpre ser prácticos (104).

………………………………………………………………..

Nunca escribiría de non ser porque preciso contarlle isto a alguén (107).

…………………………………………………………………..

O hábitat natural das escritoras profesionais é o terreo da ficción. Pasamos máis horas en cronotopos literarios ca en espazos e tempos reais (109).

…………………………………………………………………..

-Veña, non vos poñades melodramáticos de novo, que a literatura, como a vida é, antes de nada, brincadeira (118).

…………………………………………………………………..

A violencia ía ocupando cada vez máis sitios do fogar, coma unha onda expansiva (125).

…………………………………………………………………..

O aire libre recibiuno cunha atmosfera fílmica, redentora (133).

…………………………………………………………………..

Córrome aprendendo cousas novas, lendo certos autores ou cunha dose potente de calidade musical (140).

…………………………………………………………………..

Era un xeito ordenado de andar sen rumbo (143).

……………………………………………………………………

Desde o habitáculo elevado de DJ, Ana era absolutamente consciente de cada compoñente da dramaturxia alí presente (148).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s