crítica de CONTRA TODO ISTO. UN MANIFESTO REBELDE. (Manuel Rivas, Xerais)

UN MANIFESTO NECESARIO

Título: Contra todo isto. Un manifesto rebelde.

Autor: Manuel Rivas

Editorial: Xerais

Vivimos nun estado permanente de conflito onde os que máis perden son as clases máis populares e onde os que máis gañan son os máis ricos. Cada vez hai máis pobres máis pobres e cada vez hai máis ricos máis ricos. Á vez, os dereitos sociais que desde a Transición (ou Transfusión) se foron gañando camiñan en franco retroceso cara á desaparición. Cada día amencemos cunha privatización máis, e co servizo público máis enfraquecido, deteriorado. Fano “polo noso ben”.  Parce que a privatización é a solución a todos os males, e par eles si, para os ricos si, para eles é unha bicoca coller un negocio en marcha e ben posicionado. Ben pouco importa que os utentes dese servizo público teñamos que apandar con peor calidade de servizo, porque iso é o que pasa, hai que gañar cartos, e ese hai que gañar cartos é un gañar cartos como sexa, normalmente deteriorando o servizo que se presta. Envellecemos, a pirámide poboacional hespañola amósao ás claras, e máis na Galiza, mais os emigrantes son vistos como usurpadores. En fin. Podiamos seguir, que a listaxe de despropósitos é longa, mais cremos que abondou para presentar un estado de cousas contra as que é necesario reaccionar.

Iso é o fai Manuel Rivas neste Contra todo isto. Un manifesto rebelde. Rebelarse. Reaccionar. Nun tempo escuro e retrógado, o que nos toca, achegar un chisco de luz, un refacho de aire fresco que nos devolve a esperanza de que hai alguén que, coma nós, non atura máis. Ao longo dos capítulos deste libro vai amiudando en parte da realidade que nos toca vivir. Porque sente vergoña.. “O primeiro paso para detectar unha inxustiza é que compareza o sentido da vergoña” (11). E reacciona contra a “canallocracia”, contra a descivilización, contra o retroceso e rearmamento, contra a produción de medo para poñer en corentena os dereitos e liberdades, contra a subtracción da democracia, contra a produción de fendas de desigualdade, contra o desmantelamento dos espazos comúns, contra a produción de odio cara ao outro, contra o machismo, contra a explotación da muller, contra a inquisición contra a muller, contra guerra contra a muller, contra a guerra contra a natureza, contra a caza dos ecoloxistas, contra a domesticación intelectual, contra indiferenza e o cinismo, contra a amputación da cabeza, contra a subtracción da cultura como hábitat de liberdade, contra o antieuropeísmo reaccionario, contra os paraísos fiscais e a corrupción sistémica nunha mestura de economía gris e criminal, contra a propagación no uso do lawfare (guerra xurídica) por parte  dos poderosos, contra as portas xiratorias, contra o abaratamento humano na era da robotización, contra a crecente mercantilización e burocratización do ensino, contra unha tradición baseada en pompas (fúnebres ou festivas), contra desmemoria e a contramemoria. E faino no “Manifesto rebelde”.

Rebélase como xornalista que é. “O xornalismo está vivo e por iso o matan” (59). Por iso, despois do “Manifesto rebelde” lle dedica un capítulo, porque despois do “Manifesto rebelde” aínda queda moito libro en que ir deténdose nalgunhas realidades sangrantes, preocupantes. Nove capítulos máis, conformados por “artículos” de dimensións inferiores a dúas pàxinas polo xeral e onde o capítulo final é unha sucesión de “cápsulas de enxeño” onde queda clara a vontade de denunciar, a vontade crítica do xornalista, que se formula en textos de poucas liñas. Tempo abondo para tocar temas como a Memoria Histórica, a inmigración, a República, as pensións, Catalunya, o racismo, as armas,o turismo, ou os robots. Dedicando un capítulo enteiro á literatura escrita “na beira” e onde dialoga con Cervantes, Borges, Saramago, Jonh Berger, Paco Souto e a literatura escrita con vontade de compromiso. De entre todos estes capítulos queremos salientar dous, o que agrupa os textos dedicados ao xornalismo e o que agrupa os textos deicados ao feminismo, aínda que os dous temas, o xornalismo e as mulleres poden aparecer noutros illados. Queremos salientar eses dous porque o autor é consciente sa súa condición de xornalista, de xornalista comprometido, de xornalista de porqués. E o das mulleres por razóns obvias, son a metade do mundo e deica agora non tiveron o protagonismo que mereceron. Pois ben, sobre todos estes temas e máis, proxecta luz Manuel Rivas, unha luz procedente da lucidez crítica, a luz procedente da voz rebelde e culta, a luz procedente do compromiso cos débiles, cos menos favorecidos. O que fai deste libro un libro necesario neste tempo de sombras e regresión, neste Estado de Vergoña eis un libro do sentir e do pensar que quere pór a liberdade no corpo da linguaxe. Un libro impagábel.

ASDO.: Xosé M. Eyré

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s