subliñados de CONTRA TODO ISTO. UN MANIFESTO REBELDE (Manuel Rivas, Xerais)

 

Hai un sensor moi especial que transforma ese golpe óptico da vergoña en partícula de conciencia (11).

………………………………………

Nacemos nun país esnafrado, onde non había mellor lugar para vivir que o futuro (12).

………………………………………

Porque quero gozar do mundo, correr cara a el e non fuxir, escribo contra Todo Isto (18).

………………………………………

De todas as historias, a da rebeldía contra a inxustiza, por persoas e animais, é a máis extraordinaria porque se proxecta como un permanente rescate que xermola e reactiva a esperanza, aínda baixo a lousa dos tempos mortos (23).

………………………………………

Nos últimos anos, Hespaña é o país que máis recortou en investigación e o gasto segue en continua caída (30).

………………………………………

Crear unha confianza básica, entre libres e iguais. Esa utopía xermina no ensino (35).

………………………………………

A indignación do 15-M é parte dunha memoria do rescate utópico que se ten que reactivar como rebeldía eficaz contra a distopía (36)

………………………………………

O mellor dos pobos é a sua colleita de humor e, xa postos, de amor (47).

………………………………………

Curiosa democracia na que as urnas son invocadas para meter medo (56).

………………………………………

O xornalismo está vivo e por iso o matan (59).

……………………………………….

O xornalismo vive unha crise existencial (61).

………………………………………..

Cando a xordeira do poder é total, deseguida fai acto de presenza a desintelixencia (70).

………………………………………..

Hai días en que semella <o centro exacto do abandono>, e que a crise é principalmente existencial, autodestrutiva, e non só ten a súa causa na incerteza tecnolóxica e o naufraxio económico (73, salientado  orixinal).

…………………………………………

Sucede que a memoria histórica, coma o cambio climático, é unha verdade incómoda. Polo retrovisor irónico da historia, a pregunta é: que futuro lles deixaremos aos nosos antepasados? (83).

……………………………………………

A mellor tradición de Hespaña é o que algúns carcamáns tratan de antitradición (89).

……………………………………………

O supremacismo machista cambalea cando a muller non acepta o estado de docilidade (103).

……………………………………………

Non son só as mulleres as que teñen que ser feministas. Tamén os homes (112).

……………………………………………..

Hoxe por hoxe, só hai algo que pode provocar unha revolución en Hespaña. As pensións. O naufraxio do sistema público de pensións (123).

…………………………………………….

E di o Goberno que estamos en plena recuperación. Si, mais nunha recuperación regresiva (127).

……………………………………………..

Pero vivimos nunha Hespaña máxica que superou a comparanza odiosa entre o luxo e a pobreza (134).

……………………………………………..

Unha trampa mortal para a democracia é a de sacrificar liberdades en nome da seguridade (151).

……………………………………………..

Enfadarse é un magnífico dereito democrático (157).

……………………………………………..

Como se vai intoxicando a linguaxe en sucesivas vagas de mentiras cun efecto semellante ao das gotas de arsénico (170).

……………………………………………….

Volvemos vivir tempos en que predomina o pensamento perigoso dos fanáticos (173).

……………………………………………….

Pero o camiño cara ao horror sempre está pavimentado polo asfalto da indiferenza dunha maioría (173).

………………………………………………..

Hai un lugar común: o que falta en Hespaña é máis cultura (181).

………………………………………………..

Como é posíbel que a sucesión de masacres escolares en Estados Unidos non conmovese o país como para impoñer a fin da venda libre de armas? (187).

………………………………………………

Agora que o penso, Jeb Bush puido izar un pequeno ataúde para berrar: < Viva a liberdade>! (189, salientado orixinal)

……………………………………………….

Con sorte, poderían darlle o Premio Nacional de Historia ou Literatura, valorados en 20.000 euros. O Premio Nacional de Tauromaquia, nova creación, ten un importe de 30.000 euros. Viva a cultura! (209).

……………………………………………….

Ao cabo, a literatura desafía a <liña do inaccesíbel> , alí onde se teñen que deter a arqueoloxía e a historia ( 221, salientado orixinal).

………………………………………………..

Existe unha causalidade na espoliación da esperanza no mundo contemporáneo (233).

…………………………………………………

Pregunta de neno: <E Deus que come?> (249, salientado orixinal).

…………………………………………………

Hai unha modalidade superior da épica, case imperceptíbel, que esixe músculos de buxo e nervios de crina de animal: a amabilidade (254).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s