crítica de INDEPENDENCIA (Alfonso Rodríguez, M Editora)

O VALOR DA POESÍA

Título: Independencia

Autor: Alfonso Rodríguez

Editorial: M Editora

Vivimos unha sociedade que avanza irremisibelmente cara á descivilización, que diría Manuel Rivas. O certo é que o que deica agora entendiamos como valores sociais están sendo substituídos por contravalores que se sitúan nos seus antípodas. Así a solidariedade está a ser substiuída pola insolidariedade, non hai máis que ver o que pasou en Italia coa crise dos refuxiados. E aquí, en Hespaña, hai quen demanda unha memoria histórica “que non mire cara atrás”, logo entón deixaría de ser histórica. E neste clima social vive o poeta. Nunha sociedade que reivindica os dereitos históricos de Galiza como nación, mais de xeito insuficiente, nunca se chega a establecer como unha maioría social que domine en San Caetano, mentres estamos a ver o que sucede en territotios irmáns como Catalunya e Euskadi. Así as cousas a independencia mantense para nós coma unha utopía. Mais agora temos que entender “independencia” cun valor moito máis amplo.

Porque Alfonso Rodríguez non escribiu un poemario político ao uso. Si fala de política ás veces, coma no poema dialogado entre Suárez e Tejero. Mais na inmensa maioría dos casos a opción política paira sobre os textos coma unha posíbel opción, non pasa de aí e porque o título o indica. Ou si, porque “independencia” tamén o temos que entender como a non dependencia dese estado social alienante. E é precisamente  con este segundo significado co que nos temos que quedar. O autor preséntanos unha realidade que é “unha tumba de soños” (38). Se fora narrativa falariamos de algo parecido á realidade suxa, porque é unha realidade corrompida, próxima do caos mais que se presenta como unha “tómbola da luz e de color” (38). E non deixa de ser así para moita xente, inclusive a propia voz poética. Aínda que só sexa polo moito que lle inisten niso. E a sabendas de que a realidade é “final de contenda” (38) nesa loita que a voz poética mantén por non sentirse asoballada.

Neste estado de cousas non abonda nin a poesía. “Se vos puiderades refuxiar / nos poemas / migar cara os versos (…) / Mais o alento das metáforas non basta” (39) Porque a realidade pesa moito nunha realidade baseada nas estatíticas, nas matemáticas, que empurran a xente “á ignorancia / e á morte capital! (39). Con todo é un refuxio necesario e útil para a voz poética, así o demostra co propio poemario. Un poemario complexo, que tanto dá cabida a poemas dun só verso como a outros longos, onde lembra cando de mozo era positivista, mais ese positivismo foille arrincado pola realidade até sentirse “no abismo de nunca xamais” (36) e xa case non lembra cando era así. Con todo, a poesía para a voz poética non deixa de ser revelación, por entre os xogos de palabras e conceptos, a luz da poesía agroma, nunha manifestación insuficiente, iso si, mais necesaria nunha sociedade que ten de todo, mesmo fascismos de todas as colores, vellos e novos fascismos, “medios de comunición case fascistas / e case medios de comunicación” (44).

Refuxiándose no sentido do humor, a voz poética, “sapiens sumisus (M.M)” (62) aboia entre a a soidade e a solidariedade, nunha loita íntima contra a desesperación na que a utopía, a vella utopía, ten o valor dunha áncora en mar revolto. Aínda consciente de que “a maioría do pensamento que produzo é spam” (69), a poesía sérvelle para saber cal é o seu lugar neste mundo, aínda que sexa para decatarse de que o único que fai é criticar todo o que ve, todo o que sente, inclusive el mesmo. Quizá lle cumpra tamén certa independencia tamén para iso. Sen dúbida cómprelle como maneira de alonxarse e ter mellor perspectiva. Certa independencia de todo o que o rodea tamén porque non se sente identificado con nada, a non ser o sentido lúdico/lírico da poesía, esa maneira de repensar o mundo e soñar. Soñar con esa utopía liberadora, aínda consciente que “de aquí á treboada hai un lustro” (70) algo ten que facer mentres agarda e nada mellor que facer poesía, aínda que sexa unha poesía descrida de todo mais que lle permita ter claro cal é o obxectivo “ que non é outro que o lóstrego irredento / que de paso a ese instante de auténtica liberdade” (70)

ASDO: Xosé M. Eyré

 

 

 

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s