IN MEMORIAM, XABIER

Hai días nos que é mellor non erguerse da cama. Pensa un coma se dese xeito fose quen de evitar un suceso terríbel que non por iso vai deixar se suceder. Tal me pasou hoxe a min. Nada máis abrir a fiestra do ordenador, a noticia asaltoume: quedámonos sen Xabier P. Docampo. Fóisenos. E a perda é moi grande porque non só se perde un gran escritor. A súa obra sempre quedará connosco, seguiremos léndoa no futuro, no futuro seguirá a iluminarnos. Porque esa é a súa característica máis fonda. Xabier escribía para iluminar o camiño dos seus lectores, xa infanto-xuvenís, xa adultos. Era un narrador de raza. Fose oralmente ou fose na escrita, as súas palabras prendían en nós os faros da intelixencia e da emoción, da paixón que sentía pola súa cultura, pola súa lingua, pola súa historia, pola súa patria. Seguirá connosco a súa obra. Porén perdemos ao amigo, ao mestre. E esa é unha perda irreparábel por moito que continúe connosco o seu exemplo, para sempre inmorredoiro. Aqueles que o tratamos así o sentimos. Era falar con el e que te inundase a forza de querer loitar, de loitar sempre, de nunca conformarse. Cargabas as baterías para un bo pedazo de tempo. É o que máis vou botar de menos. Como crítico tería que falar da súa obra, imprescindíbel na historia da literatura contemporánea. Mais o crítico séntese pouca cousa á sombra do Xabier amigo e mestre, faro.

Desde hoxe todo será distinto. Morreume a sensación de estar á expectativa por unha nova obra túa. Xa non poderei gozar da túa compaña. Terei que agarrarme aos momentos que compartimos. Gorecerme na luz que o faro das túas palabras prendían en min. Continuar, sempre continuar seguindo o teu exemplo.

A horta xa non terá quen a coide. Non sei se nos últimos anos continuaches a traballala. Mais a terra fértil da túa obra e do teu exemplo seguirán ser comunidade para os que amamos este país, esta lingua, esta literatura…Por sempre!

 

 

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s