subliñados de AS LEMBRANZAS PERDIDAS NO LAGO ANTELVÄRI (Xosé Duncan, Galaxia)

 

Iso supuxo un problema para o vello Olavi. Non pasara nin un mes da morte de Emma e xa gañara a pulso a reputación de ser o home máis bebedor da aldea (10).

………………………………………

-Que xa imos? -preguntoulle a señorita Ylva coa man aínda apoiada no marco da porta – Onde temos que ir?

-Ai, muller. Anda, parva, eh? E logo, non quedamos en ir axudar as rapazas da Asociación na comida benéfica de hoxe ? Ademais, é a final do noso campionato de tute. Npn podo crer que esqueceras a nosa final, en serio (26-27).

…………………………………………

Dende moi pequeno xa sabía que o seu era repartir a correspondencia (41).

…………………………………………

Non quería lembrar a morte de Emma porque facía máis presente, máis probábel, a súa propia (50).

…………………………………………..

Coma se pertencesen a unha casta de privilexiados, coma se fosen mellores ca ninguén (60).

……………………………………………

Un porco. Ou un pervertido. Seguramente as dúas cousas, pensaba a moza mentres turraba da faldra para tapar as pernas (81).

……………………………………………

-E pode receitar ese tipo de medicamentos no centro de saúde ? -Tomas era moi cauto no relativo a temas de médicos e hospitais. Probabelmente pola fobia que lles tiña a uns e a outros (96).

…………………………………………….

Cepillou os dentes, desenredou a melena e, sen perder máis tempo, apagou o televisor e meteuse na cama, a caza comezaba e os seus sentidos tiñan que estar alerta (111).

……………………………………………..

-Si…Mais unha cousa non quita a outra, non ? O cotián taménn pode ser misterioso (121).

……………………………………………..

-Si, si. Abur! -Xabier non podía aumentar nin un minuto máis. Fechou dun golpe a tapa do portátil w saíu ás carreiras cara ao cuarto de baño antes de que as tripas conseguisen expulsar e seu contido fóra do corpo (139).

………………………………………………

A presidenta situouse detrás da moza e abafouna na caluga. O poder que desprendía aquela muller tíñaa engaiolada (152).

…………………………………………..

Xabier pedira na barra un café só con gotas e, sen dar demasiadas explicacións, subira ao seu cuarto (162)

…………………………………………..

E estudaran, vaia se estudaran. Contáralle toda verdade da súa viaxe en convoi. Recoñeceu que non había tales xornalistas e que, a única que vira, era unha antiga compañeira da facultade (171).

…………………………………………..

A señorita Ylva chegou sufocada ao pequeno reservado que había detrás sa cociña (179).

…………………………………………..

-Non deixedes que os vosos temores humanos vos ceguen -arrimouse á porta corredía que se acababa de fechar e as demais mulleres da directiva imitárona- Contemplade a grandeza destes seres que chegaron coa aurora boreal, mergulládevos na súa luz. A  próxima vez que os vexades, será o día en que iniciaremos a nosa viaxe (193).

……………………………………………..

Iago miraba o teclado sen enfocar a vista naquelas letras brancas sobre fondo negro (206).

………………………………………………

Se pensamos en nós mesmos coma un cúmulo de lembranzas, calquera das nosas vidas podería ser a mellor historia xamais contada (225)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s