subliñados de SENLLEIRAS (Antía Yañez, Galaxia)

 

Es unha inútil. Non serves para nada. Ninguén te quere, só eu, que son parvo.

Sempre. Xamais. Nunca. Eses conceptos non teñen significado ningún para min. Xa non (9, salientado orixinal).

…………………………………………………………

Deixar pasar o tempo sen derrubarse é uha vitoria (37).

…………………………………………………….

Alda era incontrolable, imprevisible, aloucada. Funcionaba por impulsos (39).

………………………………………………………….

O profesor da escola de Cecebre sempre dicía que ela era o alumno máis listo que tiña.

-É unha boa mágoa que naceras muller, oh. Co intelixente que es poderías chegar ben lonxe (51).

………………………………………………………….

Unha sombra morada nun ollo aínda non se lle fora de todo (89).

………………………………………………………….

-Xa verás como che cae ben. É guapísimo.

Navia non sabía desde cando os dous conceptos tiñan relación.

-Eh?

-Xa me entendes. A beleza dá confianza (101).

………………………………………………………

-É todo puro márketing. Poderían chamalo de calquera outro xeito, pero non o fan porque poñelo en inglés dá sensación de que, se vén de fóra, é moito mellor que o produto nacional. Convértese en algo internacional, moderno, guai (105, salientado orixinal)

……………………………………………………..

Porque o adulterio era sempre culpa delas, das mulleres (115).

……………………………………………………..

Notou o calor subirlle pola cara e desviou a mirada daquel descoñecido (133).

……………………………………………………..

Tivera que ceder no do vestido. Casar de negro era de pobres, dixera Bernabé (145).

………………………………………………………

Era a segunda vez que Alana choraba o día da súa voda (153).

……………………………………………………..

-Ni se te ocurra hablar en ese dialecto tuyo de aldea con la gente, ¿estamos? (165, salientado orixinal).

…………………………………………………………..

Nuca ata ese día Bernabé lle puxera  unha man enriba, pero Alana comprendera neses dez meses de matrimonio que non facía falla pegar para deixar cicatrices (174).

…………………………………………………………..

Quero ser desexada por cantos máis mellor como sinónimo de aceptación (185).

……………………………………………………..

Sabe que as tarefas do fogar son as cadeas da túa prisión, só que ti non es quen de notar o peso delas nos teus pulsos (197).

………………………………………………………

Ela volveu sentir as pernas tremer, como ao comezo. Só que xa non sabía diferenciar se era por amor ou por medo (208).

……………………………………………………..

Por un intre só son consciente dos golpes dos mallos contra o liño no chan. Pum, pum, pum. Coma se acabase de espertar dun soño (257).

……………………………………………………

Tivera moita sorte, dixéralle. Estivera a piques de perder un ollo. Dous dentes xa os deixara naquel maldito piso, pero tamén fora afortunada niso (272, salientado orixinal).

……………………………………………………

A moza pensara durante moitos días e semanas nesa posibilidade. Matarse. Non soaba tan mal cando unha se decataba de que a propia vida era o verdadeiro inferno (273).

……………………………………………………

Aínda así, non quería volver pertencer a ninguén xamais. Nin agora nin nunca (277).

………………………………………………………….

Desde logo, unha sobredose accidental non foi. Ata ese punto aínda coñece a Alba. Coñecía. Aposta o que sexa a que iso non foi o que pasou (290).

…………………………………………………….

A perda da esperanza é peor que calquera malleira (326).

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s