subliñados de DO AMADO AMODO (Manuel Outeiriño, Galaxia)

 

e aínda volve por nós o degaro

de sermos arqueólogos impacientes (11)

………………………………………………………….

A ilusión de podermos baduar: tal é o luxo

dos inocentes cansos (17

…………………………………………………………..

Esculco ideas de canto:

o pulso de petar nunha porta pechada (19)

……………………………………………………………

a dor antiga que nos torna o corpo

e a fantasma que nos tornou a voz (25)

……………………………………………………………

O sotaque da fala e, de socato, a falta:

velaí o pecado orixinal dos gafos (27)

…………………………………………………………..

tender, téndese o tempo coma a roupa

limpa e un tanto esvaída (29)

……………………………………………………………….

a nosa terra: vagantío maino

das arelas. O rosmido do ritmo (35)

…………………………………………………………..

o viño vello dun bocoi barrado,

aínda por catar (37)

………………………………………………………………..

Agora,

á vista do que han se-las últimas revoltas,

vou na procura doutro estilo,

tamén doutro deserto (39)

……………………………………………………….

Debe ser, devecer, constatación

da irremediable perda do sentido (43)

……………………………………………………

procurando o sentido alén da frase (45)

……………………………………………………..

coller pulo pra procurar sentido:

procurarmos sentido e non asentamentos (47)

………………………………………………………

NO LUME son ardido: sei ollar

de fite ata ter bágoas e as fazulas ardendo

a facenda cativa do que resta (49)

……………………………………………………..

O noso humilde curso é o sentimento,

non teorema ningún,

da roza (51)

…………………………………………………….

para nos desmarcar da xenreira

e da obediencia cega

que prestan os canallas ó alleo (53)

………………………………………………………….

Confesa-la ignorancia

feliz no avance

das preguntas que levan ó impropio (55)

…………………………………………………….

de onde vén a teima de sermos servos? (57)

…………………………………………………….

a sociable nostalxia do futuro (61)

……………………………………………………..

e sabedes da estratexia de facer intersticios (65)

……………………………………………………..

O teu nome repíteno as campás: ninguén! (65)

……………………………………………………..

o esbroamento do mal, a ledicia do antigo (67)

………………………………………………………..

do labor de axeitar, no habitáculo herdado

a pesca pouca (69)

…………………………………………………………

Non podo responder ás angueiras impostas.

Procuro acordos para o estrañamento (71)

………………………………………………………….

dar curso ó vello alento (73)

………………………………………………………….

da necesaria asepsia de esquecermos (75)

…………………………………………………………..

Aceptámo-la vertixe,

aceptámo-la teimosa igualdade:

confutación da sombra (76)

………………………………………………………………..

A ermonáutica, velaí o gran deserto (78)

…………………………………………………………………

nos incontables viros das palabras

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s