subliñados de O MEU NOME É NINGUÉN (Manuel Esteban, Xerais)

 

No principio foi a sombra. Ata que Deus dixo: fágase o sufrimento! E todo comezou (11).

………………………………………………..

E grazas a ela descubrira tamén que nos salóns nobres da miña alma habitaban unha multitude de prexuízos, como parasitos indesexables que un tolera sen decatarse, a forza de convivir con eles (18).

…………………………………………………

Como se non soubese que o fracaso, como o éxito, son a metade dun camiño que non leva a ningures (19).

…………………………………………………

Vigo é unha cidade moi pequena e moi rapeña (21).

…………………………………………………

Cando levas tanto tempo baixando aos sotos escuros da alma humana pensas que xa nada te afecta (35).

…………………………………………………

Os atallos adoitan ser petiscos de tentación que conducen ao inferno dun caso sen resolver (45).

……………………………………………………….

Todo o mundo busca ter ao redor xente que lle diga o que queren oír. Pero o que queremos oír case nunca é o que precisamos escoitar (50).

……………………………………………………

É moi difícil condensar en dúas horas a sordidez e a tenrura da alma humana. A súa profunda estupidez (54).

……………………………………………………..

As preguntas son o primeiro, sempre. Sen preguntas non hai respostas, son o temón de toda investigación (63).

…………………………………………………………..

E nese punto era onde atopabamos entendemento mutuo: na escasa fe na humanidade que compartiamos (86).

……………………………………………………..

Un non pode evitar ver aquilo para o que está adestrado. Vemos o que coñecemos (96).

…………………………………………………………..

Téñolle moita fe á niña intuición. Sempre acerta, mesmo cando se equivoca (97).

………………………………………………………

Non puiden evitar que chegase o xoves (110).

………………………………………………………..

Unha historia preciosa. De fracaso e soidade (124).

…………………………………………………………

Sabe de que está feita a soidade? De palabras. Palabras que teñen sangue nas unllas de tanto rañar e porfiar por saír (138).

………………………………………………………………

Alguén máis sabio ca min xa advertira que a vida só pode ser comprendida cara a atrás, pero unicamente pode ser vivida cara a adiante (139).

………………………………………………………….

Pequenos e insignificantes como moscas na parede. Dous habitantes máis do perdido país dos ninguén (158).

………………………………………………………….

O domingo pola mañá necesitei dous cafés negros grandes para poder saír da casa de Afonso. Levei de alí dous negróns e unha resaca atroz (191).

………………………………………………………….

Unha sucesión ininterrompida de de perdas ata que xa non nos queda máis que perder (209).

………………………………………………………….

-O autismo é multifuncional, e ten un gran compoñente xenético. Pero cremos que os abusos foron dalgún xeito desencadeantes ou agravantes do cadro final. O que ocorre é que non é posible demostralo nun xuízo – a pediatra mirou a Lorena-. Tiñas razón. É listo. Para ser un home (222).

…………………………………………………………

É preciso enfrontarse a algo na vida. Quen non ten que enfrontarse a nada é mellor que morra (237).

………………………………………………………………

O meu pai tiña razón en algo: son un fracasado (239).

……………………………………………………………….

Os perdedores sabemos mellor que ninguén o estéril que é triunfar (239).

………………………………………………………….

En realidade todos nacemos mortos pero o primeiro que facemos é mirar para outro lado (243).

…………………………………………………………..

Os antigos sumerios preguntábanse: canto é un deus máis ca outro? (252).

……………………………………………………………

Prometer é un crédito tan fácil de conseguir como difícil de devolver (273).

………………………………………………………………….

Contiven o alentó. Nese pero puxen as miñas esperanzas. Quedou pensando. Tiña gana de mallar na súa moleira e ferverlle un pouco as verzas. Non fixen nada. Calei. Agardei. E, por fin, continuou (276-277, salientado orixinal).

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s