subliñados de VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE (Manuel Rivas, Xerais)

 

“O medo dos Ourizos”

O mecánico de Oeste, Gonzalo, admiraba aquela máquina: < Este coche anda porque lembra> (17, salientado orixinal).

………………………………………….

Contaba as miñas vitorias polo número de fuxidas (19).

……………………………………..

E a xente deste mar tamén tiña outra sona. A de ir contra o mundo (20).

……………………………………..

< (…)Agora ides destocar todo o que tocastes!> E tiveron que tocar a partitura do revés, do remate ao principio, como unha derruba do ar (21).

……………………………………..

(…) e cando ergueu a cabeza encontrouse cun pai desparafusado (23).

……………………………………..

-Pero ti non eras inmortal?

-Insólito. Equivoqueime na metáfora. Ser son insólito! E ti tamén (24)

……………………………………..

-Ademais, todas as almas son furtivas (25).

……………………………………..

A valentía era a súa ferramenta de traballo. Era un furtivo (26).

…………………………………………

El era unha das lendas do mar de Oeste. Bautista era máis veterano, pero levábase ben coa cuadrilla dos Ourizos (31).

………………………………………..

-Xa o levei ao taller. Ten artrose reumática. Estamos niso. Grazas polo aviso (34).

……………………………………

Respiraba o mar como metanfetamina (35).

……………………………………

Parecía estar a buscar algunha idea no café (39)

……………………………………….

-Aquí tamén pescamos mortos. Mortos intelixentes (41).

……………………………………….

-Descansa un pouco, tío. Deixaches a marihuana e vaste colgar de Google (43).

……………………………………..

Agora colocámonos coa paisaxe, sarxento. Unha calada de beleza (44-45).

……………………………………..

Alegroume facelo rir de novo. Ría con ganas, coma se fose a derradeira vez (47).

…………………………………………

A xente espera pola súa furgoneta de reparto, sobre todo no longo inverno, non só polo pan, senón porque transporta palabra viaxeiras que van quedando polas casas para dar conversa (50).

……………………………………….

-Outra vez condenados a ser libres! (56).

 

“Vivir sen permiso”

 

Chon: Que pasou?

Nemo: Un pesadelo.

Chon: Ti non tes pesadelos

Nemo: Non. Eu cómoos antes de durmir (66, salientado orixinal).

……………………………………

-Teño un problema, pero aínda non sei cal é (67).

……………………………………….

Existe o que lembras (67).

……………………………………….

Nemo: Todos fomos novos…

Ferro: Pero non tolos, xefe.

Nemo: Diso ninguén está libre, Ferro (69, salientado orixinal).

………………………………………

-Estou farto de dar a palabra do mudo.

Para ser un eufemismo, era moito dicir (70).

………………………………………

<Lembra que vives de permiso, Balarés> (71, salientado orixinal).

…………………………………..

<Antes de falar, quero dicir unhas palabras> (75, salientado orixinal).

……………………………………

Nemo: Pois eu o párkinson, doutor. Téñoo claro. Mire, pódeme tremer a man e caer o viño da copa. Pero lembro onde está a botella! (76, salientado orixinal).

…………………………………….

-Cóidate, Lara. Es a única persoa libre que coñezo en Oeste. Andan as gaiolas detrás do que se move (77).

…………………………………….

Nemo: Non creo nos milagres, pero neste caso, si. (Balbuce, a lingua bate cos dentes) É a miña única conexión co milagre!

Lara: Es un puto egoísta!

Nemo: Esa é unha opinión demasiado bondadosa, filla (79, salientado orixinal)

………………………………………..

Nemo: Ti sabes que é homsexual, de que te estrañas?

Chon: Iso pasaralle, coma outras cousas. Tamén foi punky! (82).

…………………………………….

Chon: Bandeira, unha cousa…Non traias esa rapaza ao pazo. Non lle farás ben ningún. Ela viviu sempre ao seu aire. Sen permiso (89, salientado orixinal).

…………………………………….

Nemo: A ver. Ás veces pensó que as cousas están a mellorar moi mal (90, salientado orixinal).

…………………………………….

Un rostro anenado, coa mirada unha hora por diante (96).

………………………………………..

Lara: Quero vivir sen medo, sen permiso.

Malcolm: Sen permiso. Ese é un bo lugar para vivir (111, salientado orixinal).

 

“Sagrado mar”

 

Nel falaba moi a modo e baixiño, coma se aprendese a linguaxe das formigas, o formigués ou algo así, e eu ficara medio adormecido (119, salientado orixinal).

………………………………………

Virouse de súpeto con aquela súa alegría penitenciaria. Era o único de nós a quen o cárcere parecía sentarlle ben. Así era Nel. Estaba a voar metido na gaiola (121).

…………………………………………..

-Es un filósofo! Xa pareces da escola de Mané (121).

………………………………………

-Si, señor! Estou en contra do tabaco porque o tabaco mata e cando morres perdes unha parte moi importante da túa saúde (122).

………………………………………

-(…) Si, señor, a min mandábanme por coca, pero eu sempre traía Pepsi (…) (127).

………………………………………….

-(…) Un día contou que o médico lle escoitara a respiración cun telescopio, e quedoulle como chiste (…) (128).

……………………………………………

Calcular o peso e a extensión do riso. E era algo que Nel non sabía medir. Intentábao. Ás veces. Mais non sabía (129).

……………………………………….

-Iso estaría de pinga para un epitafio -dixo Nel.

-O que?

-O que non se pode nomear (133).

……………………………………….

< A Igrexa >, dixo, < está chea de pederastas e pichas bravas. O do celibato é unha loucura. Por que? Porque o poder nunca acepta ser impotente> (139, salientado orixinal)

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s