subliñados de SEN PIEDADE (Pedro Feijoo, Xerais)

 

Como se quixese de golpe limpar toda a sucidade do mundo e decidise comezar polas súas propias mans (11).

……………………………………..

-Eu nada máis sei que daría o corazón enteiro se ela mo pedise…(27).

……………………………………..

O papa arriba, os cardeais abaixo, aquilo acababa de se converter nunha especie de concilio narcótico-relixioso (34).

……………………………………..

Sentín como pouco a pouco o son das cousas ao meu redor comezaba a desfacerse (38).

…………………………………….

-A que a ela lle dá igual, Gordo, eu xa non lle importo nada. Déixoo todo atrás, atraveso medio mundo para estar con ela, e ela pasa de todo (53).

………………………………………..

-Escoite -dixo-, a ver se eu o entendín ben…Está vostede dicíndome que, ademais de faltarlle un axudante, tamén lle falta un clásico americano moi difícil de ver? (63).

………………………………………..

-Para que? -respondeu el, volvendo ollala-. Agora sei que non hai vidas suficientes para navegar o mar dos teus ollos (70).

…………………………………….

Ela e mais eu entendémonos desde o primeiro momento, atraéndonos como o vento e a choiva. Fora algo eléctrico, intenso, verdadeiro (78).

……………………………………..

-Porque o estou -sentencia con fachenda-. A nosa é unha estirpe de homes fortes, sabe vostede? Hai quen di que vimos do mesmísimo inferno, e que por iso estamos todos feitos de ferro e mais de xofre (87).

…………………………………….

-Si, supoño que si… Á fin e ao cabo, con ela sempre o tivera. Medo de non estar á altura, de non gustarlle, de defraudala. De que un día me dixese < marcho>. Ou < xa non te quero>. Ou que sei eu, tío, medo de que acabse chegando esoutro día, o que lle escoitase dicir <coñecín outro> (99, salientados orixinais).

…………………………………..

-Iso do amor -explicou, ofrecéndome un brinde-, que é unha auténtica merda (110).

………………………………….

Foi baixar as escaleiras e sentirme ben. Que digo ben, de puta madre! (143).

…………………………………………..

Estou naquela praia de verán. E estou naquel bico primeiro. E en todas as veces que paseamos collidos da man, e en cada vez que fixemos o amor (156).

………………………………………

-Perfecto. Xa os tedes con vós?

-Non. O Peras segue vixiándoos, pero eu tiven que saír á rúa (180).

………………………………………

-Escoita, fodido subnormal – o home de Mendoza mordía con rabia cada palabra que pronunciaba-, ou subides dunha puta vez esas escaleiras comigo ou as subimos todos con escolta policial e pulseiras de ferro (187).

………………………………………

Pero ninguén lle deu resposta. Aínda coas mans no estómago, Teo encollíase de dor e Gordo boquexaba, tentando recuperar o alento (196).

………………………………………..

Non fala, non ten forzas, azos, vontade, espírito e nin sequera alma para facelo. Nese momento nada máis se atreve a sentir algo semellante ao desxo de se perder (205).

………………………………………..

E de súpeto xa non hai lancha baixo os pés de Teo. E xa non hai Tuco Mendoza, nin ría, nin amencer nin ceo nin terra nin nada (232).

…………………………………………….

-Non. O único que quería era marchar, lanzar o cohe contra o mundo e arrasalo. Estaba disposto a levar por diante todo canto me saíse ao paso (240).

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s