subliñados de THE MAKING OFF (Xavier Alacalá, Galaxia)

 

Os catro forzudos emigraran á Arxentina. Na do Chao non se lembraba que algún deles retornase, tan sequera para visitar os pais (13).

……………………………………

Aterrei en Santiago. Ao longo da madrugada, ata a Coruña acompañoume unha preocupación: “ Ferida de bala” soaba a eufemismo forense (30, salientado orixinal).

…………………………………..

-¿Que relación mantiñan os galegos cos nazis?

-Vouche responder cantando – e a voz áspera do Cholo soou a tango-: Revolcaos en un merengue y en el mismo lado todos manoseaos (39, salientado orixinal).

……………………………………..

O meu corazón inflamouse de patriotismo: os galegos comportábanse na maldita emigración como o pobo máis solidario do mundo (62).

…………………………………

Era un anuncio de xornal de 1939 que facía pensar na mestura de tolerancia, mofa, desprezo e mesmo odio dos arxentinos cara aos moishes… (68).

…………………………………

Mais do pasamento do Alfredo nn houbo noticia paga nos xornais, pois morreu de forma estraña. E desa morte é que imos escribir, comezando pola vidiña do defunto (85).

………………………………….

A “noite de amizade e de amor”, como lle chamou a fidalga, rematou na varanda da cuberta de primeira clase, cunha derradeira copiña de champaña, un vento calmo a mover cabelos e o lucerío dunha cidade a rente do mar (108, salientado orixinal).

……………………………………

-Mira ben como fas aquí, Frediño, que alá xa che pasaron cousas feas sen saír da aldea…Mira que este Buenos Aires é a capital do pecado (133).

…………………………………….

-Coida ben ese caderniño -dixo-. Non o perdas nin deixes que cho rouben, que hai moita xente sen documentos e aos policías páganlles o xornal para que amolen os inmigrantes….(135).

………………………………………..

Do que sucedeu, ao Alfredo só lle preocupaba o que o Miguelito lle fose contar ao seu irmán Luís (169).

…………………………………….

O enxeñeiro Pedro Ríos dirixiuse á comisaría 21 e alí asentou denucnia contra Rosa Mato por solicitar e permitir a práctica ilegal dun aborto (190).

…………………………………….

E así se iniciou unha comunicación por vía xenital entre o Alfredo e a Mariana que había durar meses, durante os que as súas vidas -polo pouco que se explicaban nos encontros- parecían correr ledas (214).

…………………………………….

Os libros de Historia din que 1939 foi iun ano perverso para o mundo. Porén unha cousa é o mundo de todos e outra son os mundos de cadaquén (221).

……………………………………..

Os días 8 e 9 de decembro de 1941 o mundo tremeu coa nova de que un ataque xaponés por sorpresa acabara coa frota americana do Pacífico (254).

……………………………………..

Todos os seres humanos teñen algún anaquiño de vida en que a súa ledicia é tanta que non a dan crido (262).

………………………………………

¿De cantos países procederían as formigas que me vían pasar? ¿Cantas aventuras migratorias poderían contar? (271).

…………………………………………

En Comodoro os concubinos pasaron a verse de cando en cando porque vivían afastados. O seu concubinato seguía mal porque continuaban as liortas, pois Mosquera esixía a Enriquez que lle entregase diñeiro, polo que ela pensaba afastarse do home, sen que poida explicar nin a si mesma por que non daba cumplido tal propósito (300).

……………………………………

-(…) Xa cho dixen en Comodoro: cara A e cara B da emigración: todos eles son país (318, salientado orixinal).

…………………………………..

Aquela noite Balbina volveu borracha e teimaba en fifar. O Alfredo só quería fumar na cama e darlle voltas ao que o deixara esmagado, e non soamente polo moito que camiñara (340, salientado orixinal).

……………………………….

As cousas puxéranse moi mal por culpa da folga dos metalúrxicos e necresitaba sumir uns días antes de viaxar para lonxe (360).

………………………………

A muller foi tirar bolso e abrigo á cama e meteuse na cociña, colleu unha botella de tinto, sentou á mesa e serviu un vaso. O castizo, desafiante, imitouna. Bebeu e serviulle a ela (374).

………………………………

Durante varios días de mediados do mes de decembro de 1942 a xente de Comodoro Rivadavia puido ver sempre xuntos un par de tipos nada sorprendentes en poboación como aquela, con paisanaxe de todo o mundo (393).

………………………………..

Comeuse con fartura, uns polos que a dona da casa engordara na capoeira. Bebeuse bo viño. De sobremesa, froitos secos, turrón de Alacante e sidra El Gaitero “famosa en el mundo entero” (409, salientado orixinal).

………………………………..

Ora, traer el a familia, nunca. Xa estaba pensado e repensado, que carallo (426).

…………………………………

-Mira, Alfredo. Máis vale que penses o que che digo porque eu a ti mátote (441).

………………………………

Como sempre que lle tocaban as cousas de femias quentes, ao Coghomelo deixoulle de funcionar ben a cacheira (464).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s