subliñados de O PAÍS SEN FRONTEIRAS (Xerardo AgraFoxo, Galaxia)

 

-É vostede xornalista?

-Non. Vou percorrer o seu país durante un mes. E anoto certas impresións para escribir un libro ambientado no Senegal (16).

…………………………………..

-Expulsáronme dun día para outro porque non tiña os “malditos papeis”. E agora, ante os meus, son un fracasado. Era mellor morrer na travesía (29, salientado orixinal).

…………………………………

-Señor, aquí só hai un problema.

-Cal?

-A pobreza (38).

…………………………………….

-Hai medo por culpa do ébola e do cambio climático. Aínda que en Saint-Louis temos sempre a mesma temperatura, correuse a voz de que o deserto nos asolaga. Hai vinte anos había trinta persoas diarias neste restaurante. Este ano viñeron cada día dúas ou tres. O terrorismo tamén sementou moita inestabilidade porque as fronteiras do Senegal con Mauritania e Malí son moi febles (48).

…………………………………

-“Se hai herba, deixaremos de ser nómades. Entón os nosos fillos poderán ir á escola” Quen pode explicar mellor o drama desta xente? Só así, tal como afirmou este labrego, deteremos os movementos migratorios (55, salientado orixinal)

…………………………………

Un rapaz levoume coa súa moto ata unha parada. Estaba afastada uns catro quilómetros de Diourbel. Deixoume á beira da estrada. Non se vía ningunha casa nos arredores. Eran as nove da mañá e atopeime só, alombado contra un baobab de follas verdellas (75).

………………………………….

O Código Penal prevé penas de ata cinco anos de prisión para os homosexuais (78).

………………………………….

O empresario estivera vinte anos na Meca. No Senegal engádese El Hadji ao nome se un cumpriu co precepto musulmán de visitar a cidade santa (93).

…………………………………

-Cal é o seu idioma?

-Chámase menik e ten tres dialectos: bëñolo, banapá, e biwol. Os tres, se ninguén o remedia, a piques de extinguirse -explicou Omar (110).

…………………………………

Eu estaba estiñado. E devecía por un grolo de auga. A calor do día, o po e a fame devolvéranme a outras viaxes (113).

…………………………………

Desde o comezo da viaxe decatárame de que mellor forma de percorrer o Senegal era deixarme levar polas emoións (116).

………………………………….

Mentres a pequerrecha, Mariana, seguía a conversa cos ollos estartelados e os pés descalzos estricados no meu caderno, decateime de que me atopaba no centro dunha encrucillada xeográfica, nunha área onde as fronteiras eran unhas liñas trazadas segundo os accidentes xeográficos e uns intereses políticos que non gardaban relación cunhas culturas ancestrais (134).

………………………………….

-Que dixo?

-Que mire onde pon os pés! (152).

………………………………….

-Non viu os controis nas estradas? É moi difícil moverse, estamos fodidos, acosados polas medidas de seguridade. Cada vez hai máis bandas sonoras e máis militares nas encrucilladas. Se nun mes non sucede un problema, non hai que alegrase moito, porque virá un ao mes seguinte. O conflito de Casamanza durará moitos anos. Aquí estamos como no País Vasco (164).

……………………………………..

-Señor, son un mariñeiro de Mbour e coñezo o castelán porque vivín un ano no País Vasco (186).

……………………………………..

-Meus pais opinan o mesmo ca vostede. Pero, en realidade, esa xente élle moi racista cos brancos, moi fanáticos coa relixión e violentos entre eles. Ademais, como algúns entendidos din que esta é unha “democracia auténtica” e  a máis estable deste continente, cren que son os máis listos e os máis guapos de África (201, salientado  orixinal).

………………………………….

Prendera tarde no sono. Era a primeira vez que me sucedía dende que comezara a viaxe. E non se debía á rifa que tivera na ponte de madeira, senón á conversa coa familia de Daouda. Estiven cismando nas olladas angustiosas da súa nai (221).

………………………………….

-Teñen controlado o virus do VIH?

-A incidencia da sida no Senegal é unha das máis baixas a rexión. Sabe por que? -preguntou- Porque aquí a prostitución é legal. Aínda que Dakar é un dos puntos claves do comercio sexual en África, dende o ano 1996 temos un rexistro de prostitutas para realizarlles controis médicos -ergue a voz-. Nos últimos anos conseguimos que non medrase o número de prostitutas seropositivas (240).

……………………………………….

Era unha moza moi atenta. Explicoume que en Keur Moussa a convivencia entre cristiáns e musulmáns se desenvolvía sen dificultades. Sentiuse sorprendida cando lle preguntei se coñecía matrimonios mixtos (256).

……………………………………….

-Os lebu de Yoff teñen privilexios?

-Gozamos de autonomía municipal, rexémonos polas nosas leis e crenzas. Aquí non hai Policía Estatal e as nosas institución controlan a seguridade

-Seguro? (276).

…………………………………………

Nyoba tiña unha pequena cicatriz enriba dun pómulo. Pregunteille por ela e sorprendeume cun silencio compasivo. Cando lles chegou o autobús, déronme os seus teléfonos. E sentín que me daban o seu enderezo por se un día quería rescatalas da vida miserable que as acosaba nunha aldea perdida do Senegal (280).

…………………………………………..

Saín da pousada cando aínda non chegara o primeiro barco de Dakar. Dirixín os meus pasos á Casa dos Escravos. Era moi cedo e na tenda de artesanía situada en frente do museo aconselléronme que dese unha volta pola illa (295).

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s