subliñados de AS RAMONAS (Ana Cabaleiro, Galaxia)

A concelleira segue toda animada debullando as anécdotas do sábado e Mona, vendo o moito que enreda nese tema, sabe que acabarán chegando á parte espiñenta. Deixan atrás a ponte sobre o río Ulla, toda abirgada de néboa e poalla,e van chegando a Santa Cruz de Ribadulla (19).

……………………………………………………..

Monchita sempre tan racional, tan práctica. Tan imposibilitada para a loucura (29).

……………………………………………………………

-E tanto! Coma se quedase algún xornal vivo neste país onde ir petar á porta! O xornalismo está morto, dedícome a outra cousa queira ou non (30).

……………………………………………………….

Rosaura sorrí desde o fondo do seu rostro de moza a medio avellentar, coma se o sorriso lle nacese dunha dimensión agochada e profunda (48).

………………………………………………………

Non a motiva nada a posición en que a está situando na conversa. Mais gústalle a súa voz de outono, que ela escoita cun finísimo aroma de abelá e de xeadas suaves (53).

……………………………………………………..

Tería que ter un pasado con datos contrastados, fosen cales fosen, e non esa nebulosa de suposicións amañadas que non se sotiñan, construídas a partir de silencios e de preguntas que nunca se atrevería a formular (58).

………………………………………………………….

Zelia con z puxera no seu perfil da aplicación de viaxes compartidas que vivía en La Coruña. Mona vai pensando que técnicamente La Coruña xa leva tempo sen aparecer con ese nome nos mapas oficiais, polo que conclúe que Zelia con z vive nun lugar que xa non existe (65, salientados orixinais).

……………………………………………………………

Mona compárase cun sapo tragado por una serpe. Deixárase enganar pola calor do ventre da serpe mentres ía morrendo. Así fora. Cáenlle as bágoas e ódiase (73).

……………………………………………………..

Para Mona aquel día quedara marcado como o da revelación de que o verdadeiro campo de batalla é a incultura que chega desde a Meseta, disfraza de desprecio e de arrogancia (78).

…………………………………………………….

Mona adora que lle falen os lugares. Emociónase. Sempre acaba chorando un pouquiño, de felicidade. Facía moito que un lugar non lle falaba tan claramente (84).

…………………………………………………………

Así que baixou os pantalóns, sentou, meteuse o puño na boca e mordeu con toda a forza que precisou morder.

                A alternativa era arrincar os ollos (94).

…………………………………………………

Sentira o fortísimo e indignado desexo de dicirlles que aproveitasen, que gozasen mentres aínda o sol lles daba na cara, que xa viría a noite escura, xa (99).

………………………………………………..

O Renault Clío de Sabrina non ten repousa cabezas no asento traseiro e Mona non acaba de coller a postura. Calcula que ata que cheguen á Lanzada non lle han facer efecto os ibuprofenos (111).

…………………………………………………….

Xa non quedan gandeiros nin gandeiras en ninguna das dúas parroquias, ninguén a piques de erguerse para muxir (119).

……………………………………………………

Fora un can verde en peregrinación (122).

…………………………………………………….

Niso consitía a miseria. En pasar fame, en pasar medo, en non poder elixir e en descoñecer a cor do terreo ao outro lado do horizonte (124).

……………………………………………………..

Non quere que a súa familia escoite, desde o andar de abaixo, os seus beros de soñadora atormentada no medio da noite (138).

………………………………………………..

Pensa, desolada, que ser pobre é iso, ir perdendo, pouco a pouco, todas as opcións, ir conformándose (141).

…………………………………………………

A sensación paralizante de non formar sequera parte da sociedade, de vivir a escuras, de non ter dereito nin a existir (145).

………………………………………………….

E agora conducindo na soidade do seu mundo propio pola Meseta adiante sabe que a vinganza que aniña nela non ten nada de artística (156).

……………………………………………………

Ela sempre fora moi consciente de que ese tipo de capitais producen un material humano bastante pedante, altivo, sobervio, e moi celoso das súas fronteiras (163).

…………………………………………………….

Teñan en conta, señoras e señores, que o futuro toma unha forma particular e diferente en cada época histórica. A morte, pola contra, é común a todos os tempos, non precisa anovarse, é atemporal, e a súa presenza é sempre obrigada (167, salientado orixinal)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s