Novo desprezo á literatura galega

NOVO DESPREZO Á LITERATURA GALEGA

Coñecino a traves do feisbu.  A escritora vasca Dolores Redondo Meira ( vasca en castelán) é nomeada embaixadora da Ribeira Sacra. Todo porque na súa última novela, Premio Planeta, ambienta a trama na Ribeira Sacra. Non ten outro mérito, antes, na triloxía que a deu a coñecer, ambientáraas na bisbarra do Baztán, e mesmo deu a coñecer un doce típico navarro, as tortas de txantxigorri.

Todo isto non deixa de ser outro sensentido típico do PP, atento a desprezar o autóctono e magnificar o foráneo. Porque se algún escritor merece o distintivo de embaixador da Ribeira Sacra é Xabier Quiroga, que tamén ambienta a trama das súas novelas alí, que en calidade literaria non desmerece nada a Dolores Redondo aínda que non lle deran o Planeta, e que é moito mellor coñecedor da Ribeira Scara que Dolores Redondo.

Por máis que o tentei non dei atopado outra referencia nas www que esta (http://www.viaromana.es/ampliar/263/Dolores-Redondo-Bodega-Via-Romana-Ribeira-Sacra.html). E moito me temo que se fose Xabier Quiroga o embaixador a adega que aparecería sería Cabo do Mundo (http://www.adegacabodomundo.es/). Polo que na miña opinión só se trata de promoción comercial oportuna que tarta de rendabilizar un feito, que situaran unha novela nesa adega. E lamento que a xente de Cabo do Mundo non fora o suficientemente hábil como facer o mesmo a partir da novela de Xabier Quiroga (https://blog.xerais.gal/2010/o-cabo-do-mundo-de-xabier-quriroga-unha-novela-con-blog/) ou que a xente de Xerais non se percatara no momento.

Porén non vou deixar de lamentar nin pasar por alto o desprezo que isto  conleva á literatura galega. Seguro que non leron as novelas de Xabier Quiroga e a popularidade do Planeta fixo que repararan na de Dolores Redondo. Aínda que, ollo, O cabo do mundo foi Premio da Crítica 2010, un premio de meirande prestixio que o Planeta, por moitos millóns que teña. E, ademais, Xabier Quiroga é un perfecto coñecedor das xentes da Ribeira Sacra, da súa forma de pensar e actuar, algo que Dolores Redondo non pode imitar, o seu coñecemento da Ribeira Sacra non vai moito máis alá dunha guía de viaxes.

Así que, se queren ler boa literatura lean a Xabier Quiroga.

Vía Romana non é máis que unha adega moi próxima ao PP, mentres Cabo do Mundo é moito máis humilde.

Aos do PP máis lles valería ser mellores lectores da literatura galega para evitar estes transos, e igual bebían tamén mellor viño…..

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s