subliñados de OS BICOS FERIDOS (Anna R. Figueiredo, Galaxia)

A vida por exemplo. A existencia enteira sometida ao método científico, na esperanza de que as consecuencias partan dunha causa definida, que as razóns sumen o que suman, que as paixóns se aferren forte á vertixe da relatividade e que os pequenos detalles sean que de viaxar á velocidade da luz, ignorando o tempo (9, salientado noso).

…………………………………………………

(…) e algunha que outra droga máis ou menos sintética, como a dor, o alcol ou a falta de sono (10).

…………………………………………………

Na teoría, a viaxeira pecha o móbil e todo o mundo, todo aquel mundo, xa non existe (12).

…………………………………………………

En resumo, que o espazo-tempo, sempre foi neoliberal (18).

…………………………………………………

Quen pode certificar que ningunha parte de seu quedou atrás nunha mesa, nun bico, nun salouco? Hai tantas cousas que unha ecuación pode converter en poesía que Olivia, entre cancións, dubida, prega, que aconteza unha singularidade cuántica (23).

………………………………………………….

Ha ser unha das únicas persoas que non leva un libro ou que non le algo no móbil (24).

…………………………………………………..

Olivia, por mor dunha forte influencia paterna, opina que desde a desaparición dos Beatles non hai arte para consumo humano que non estea adulterada (24).

……………………………………………………

Non importan os pasos que dea, hai metas que non entenden de distancias, só de vontades (26).

………………………………………………………..

Pero Tiglat é unha estatua, é pedra, a pedra non ve. Só escoita. Faino con sabedoría de séculos, pero a modo (29).

………………………………………………………..

A quen lle importa saber de poesía? que clase de logro é, hoxe, ser un poeta? (31).

………………………………………………………..

Hai miles de razóns para querer marchar da casa, pero para conseguilo basta con tres condicións. Dúas suficientes e unha necesaria (42).

………………………………………………………..

(…) levamos o futuro escrito no pasado (44, salientado orixinal)

……………………………………………………

Non hai pracer no desterro. Non hai aventura no exilio (49).

……………………………………………………

Pódese dicir moito das persoas polo xeito no que quentan o leito (51).

…………………………………………………….

George soña en tecnicolor. Pero nunca o lembra (52).

…………………………………………………….

Canta voz precisa para un único silencio (64).

…………………………………………………………..

A segunda condición para abandonar a casa materna, para conseguir facelo, é pertencer a outro lugar, fóra do niño (75).

……………………………………………………..

Para cando fale ben o idioma. Para cando o consulado, por fin, actualice as listas e a considere residente e non emigrante. Para esa oportunidade para a que leva a vida preparándose, cun bo traballo e un soldo acorde ás súas calidades, capacidades e coñecementos (76).

………………………………………………………

Que estou soa.

Nunha cidade de oito millóns de habitantes, estou soa (78).

………………………………………………………..

A terceira condición para marchar da casa é sucumbir a submisión. Someterse á certeza de que non volverás nunca (81).

………………………………………………………….

Dálle as costas a Lisa e ao seu axudante, porque hai cousas que, malia saberse. Como a traizón dun amante, non son reais, non acontecen de verdade ata que as presencias e as ves cos teus propios ollos (91).

…………………………………………………………..

(…) ela ten que marcharpor ter pernas. Por ter soños. Por ter unha formación. Porque aquí non ten sitio (105).

…………………………………………………………………

(…) mel da boa, da que cura a gorxa nas noites de inverno, mesturada con limón e whisky (133, salientado noso).

…………………………………………………………….

Busca acougo nos números. Os números teñen un patrón ordenado, desde as grandes inversións ás pensións de viuvez (143).

…………………………………………………………………..

Teme mirala aos ollos e chamarlle puta, insensible, mala nai, interesada (145).

……………………………………………………………

Nada é absoluto na poesía, porque todo é relativo (157).

…………………………………………………………….

E se todo é relativo tamén o é a palabra, logo nós sempre tivemos razón (157).

……………………………………………………………

(…) porque non hai outra verdade que a do punto de vista, que a do constante cambio (157).

……………………………………………………………

Non comparten absolutamente nada máis que o feito de estaren fora do seu lugar, pero son amigos. Son a unión indivisible da banda dos descastados (161, salientado noso)

………………………………………………………………..

Del falan beizos que descoñecen se son tres, nove ou doce. E non lles importa, porque o único que conta das musas é que dan boa impresión nunha entrevista (172).

………………………………………………………….

Algunhas esperanzas non son posibles cando hai tecnoloxía de por medio (177).

………………………………………………………………..

Os mozos teñen menos barreiras contra o imposible, porque viven nunha realidade onde o imposible ten cabida, só precisa dunha oportunidade para dar un paso adiante (181).

………………………………………………………………..

Sobrevivir é doado, temos totalmente desenvolvido un instinto para garantir a nosa supervivencia. O problema é vivir (183).

…………………………………………………………..

-Non veñas se non queres, a arte é totalmente innecesaria (185).

……………………………………………………………

-Agora quedan as súas lembranzas. É unha inmensa mentira esa idea poética, tan acaída para falar de alguén como Samuel, de que non morre na súa totalidade se o lembramos. É unha falacia cruel, desapiadada. Debuxada para facer que os que quedamos aquí nos sintamos menos sos. Pero o que morre, morre e xa está. Se non quixestes desfrutalo en vida, agora, morto, non vos pertence (202).

…………………………………………………………..

Un fillo morto abre moitas máis portas que un vivo, porque a un morto nunca lle chegas tarde, pero sempre está alí cando o precisas (204).

…………………………………………………………………

Pero o que non se di non existe (206).

……………………………………………………………..

A vida é dura. Da vida aprendes, pero normalmente demasiado tarde (211).

…………………………………………………………

Cadaquén vai ao seu ritmo, cada quen toca a súa melodía (246, salientados nosos).

………………………………………………………….

A distancia máis curta entre dous puntos, é unha chamada telefónica (253).

……………………………………………………………

Morrer é doado, faise nun momento. En ocasións basta con pechar os ollos (281).

………………………………………………………………….

Debe ter a peor resaca da historia. E sabe que é a peor resaca da historia porque está seguro de que tamén foi a mellor viaxe (298).

…………………………………………………………….

Porque tanto Nora como Tibaldo saben que non foi un accidente, e que a morte de Samuel tampoco foi un suicidio, máis ben, un erro de cálculo (303).

……………………………………………………………..

Hai finais necesarios preñados da beleza na crueldade (308).

………………………………………………………………

Acabo de facer unha aliteración, calquera estaría orgulloso de poder falar de xeito tan literario. Lembras o que é unha aliteración? (317, salientado orixinal).

……………………………………………………………………

Nese albor do mediodía, o silencio parece o imposible absoluto (338).

……………………………………………………………..

(…) tanta necesidade de descoñecer o propio e admirar o alleo (346).

……………………………………………………………..

Á Illa viríalle ben independizarse desa lacra da nova Europa, esa idea que case parece deseñada pola mente do mesmo Hitler (347).

………………………………………………………………

A dor, Liam sempre o soubo, pode ser especialmente inspiradora (363).

………………………………………………………………

Pensou que non perdía nada por probala. E se era algo máis que té? (383).

………………………………………………………………

-Aínda non aprendiches nada, Wendy. O amor, non é un personaxe, é un destino (390).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s