crítica de ORFEO CANTA.INICIACIÓN, SIGNO & RETORNO (Roberto Abuín, Axóuxere)

 PORQUE A CABEZA NON PARA

Título: Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno

Autor: Roberto Abuín

Editorial: Axóuxere

Pensar é unha capacidade que nos humaniza coma ningunha outra. Por iso, nunha literatura de rsistencia como a nosa, sempre é benvido todo aquilo que ten que ver co pensamento, que tamén unha das cousas máis entretidas (ademais de proveitosas) que podemos facer de balde. Neste caso botamos man dun dito bastante prosaico mais que obtivo fortuna e popularizouse, un dito que fai referencia a iso que para alagúns é frecuente: que a cabeza lle ferva de pensamentos que se suceden. Porque algo diso tamén hai neste libro de pensamento que hoxe traemos ás páxinas da Ferradura II. Explícao o propio autor, Roberto Abuín, un pouco como a historia dunha obsesión que durou algo máis de 15 anos. O libro non naceu como tal, mais unha vez escrito deixouno repousar esquecéndose da súa publicación porque non nacea con tal pretensión. Porén el seguia aí, férvéndolle dentro, mesmo cunha viaxe a México polo medio, e no seu (re)”nacemento” seica tivo algo que ver o feito de consumir un fungo sagrado entre os mazatecos. Mais só sería despois de regresar a Galiza que vería a luz de forma definitiva.

                     Cando o cualificamos como “libro de pensamento” é que quizá é a única taxonomía que lle é aplicábel, pois trátase dun discurso a cabalo entre o diálogo, a narración, a poesía e a filosofía. Sen ser ningún deles en concreto, éos todos, inclusive algún máis como a confesión coa que dá comezo. Trátase dun libro encadrado entre dous diálogos, un ao comezo e outro no remate, ente Orfeo e o propio autor, que se expresa tanto abrazando a forma poética como a narrativa, mais sempre tendo como fondo común o mundo do pensamento. E, ollo, cando mentamos a narrativa, e tendo en conta a propia xénese do libro, cómpre non esquecer que tras das súas palabras poden agocharse o surrealismo e o simbolismo, de feito, a noso xuízo, fano en máis dunha ocasión.

                     Mais antes de continuar é necesario dalgún xeito lembrar a figura de Orfeo e o feito de que cante. Segundo a mitoloxía grega, Orfeo era fillo do deus Apolo e a musa Calíope, e posuía o don de que, cando tocaba a súa lira, calmaba as feras e as almas dos humanos descansaban. Este don permítelle acceder ao inframundo (catábase), o inferno, pois dorme o gardián can Cérbero cos seus sons e permítelle rescatar a Eurídice, a súa namorada, que morrera pola picadura dunha serpe. Así que este Orfeo canta tamén é concibido como unha viaxe, coma unha baixada ad inferos, no proceso de pensamento que expón e que se manifesta en tan particular hibridación xenérica onde os capítulos levan a denominación de lindes. Mais antes dos lindes hai outro que serve de presentación, e que se sitúa despois da apertural explicación da obsesión polo libro. Aí invócase ás señoras das augas mentais para que lle dean o suficiente poder de intelección e creación. Logo, antes do primeiro linde, baixo o epígrafe logos, preséntase outro diálogo de Orfeo onde este se refire ao coñevcemento como viaxe,  se fala da alteridade e o autor lle pide a Orfeo que o ilustre.

                     Logo vén a baixada ad inferos materializada neses catro lindes.. No primeiro fálase do UN, o deus ou punctunm, da destrución do estábel, da veritas, do fluir das cousas, da vida como labirinto. Onde se reclama o feito poético como feito cognoscitivo, é importante pararse nesta “nova” vía de acceso ao coñecemento que Platón rexeitara. Pero Roberto Abuín non a rexeita senón que a abraza, o mesmo que a mitoloxía grega (Ariadna, Eurídice, Minotauro) ou o seu panorama filosófico, Epiménides. No segundo, o máis extenso aparece a dicotomía unidade-multiplicidade, o  inferno como un estado da alma e non como unha xeografía, recórrrese aos mitos e recoñécese o valor da palabra, asumindo o narrador a voz de Orfeo chégase á narración ficticia do existir, recórrese ao xamanismo e considérase o valor da lectura e da escritura, da poesía como disciplina ou sistema creador, pois interesa a pulsión da creación, aínda que só sexa para (re)caer na vella trampa do ben e o mal como principio de todo, mesmo un do outro, e dicimos vella trampa porque nunca esa polarización foi completamente eficaz. Agora imponse recompoñer o mundo botando man da antiguidade clásica e tamén de conceptos máis actuais como o Golem. E despois do ben e do mal chega outra dualidade imposíbel de evitar:  a morte a e vida. Recupérase o valor da palabra e se Orfeo é quen de dar acceso a realidades novas é a través da palabra e a ruptura. No terceiro linde chega a pregunta central, o eu, quen son eu?, a estrutura do real como relato do contido, a alteridade UN-OUTRO, o discurso e a revelación. Outra razón para acehgarse á poesía, porque a poesía sempre é revelación. Mesmo se fala da personificación do destino a través dunha personaxe mitolóxica, a Moira. Así éntrase no cuarto linde. Na ascensión xa. Onde se comeza mosando interese polas literaturas alternativas, as que se constrúen fóra dos núcleos e correntes de poder, aí é onde pode haber algo de anovamento. Despois éntrase no mundo musulmán a través dunha relación sexual con Maviya e Canek (un escritor centroeuropeo), para concluír que no intelecto está presente a completude das escritas.

                     Eis unha descrición apresurada dos catro lindes ou apartados.

                     Eis unha nova reivindicación da literatura como campo e proceso de coñecemento. Porque a cabeza non para. E menos mal, porque do contrario estariamos mortos.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s