subliñados de NON O SABEN AS ESTRELAS (Diego Alfonsín, Xerais)

Agora durmo nun cuarto compartido. Hai oito camas máis. Os outros veñen e van. Eu permanezo (11).

……………………………………

Tiven a sensación de que dentro da máquina había oculta unha auga secreta e minúsculos peixes de cores (11).

………………………………………

Un grupo de amigos con que viaxaba o rapaz do tubo sementou o chan do cuarto de mochilas, bolsas e maletas (13).

………………………………………

Da limpeza ocúpase unha moza búlgara, que é unha máquina de limpar, e un mozo despistado que ten un aire de andar á procura da porta de saída todo o tempo e a quen endexamais vin limpando nada (17).

…………………………………..

Descubrín que hai lugares na cidade onde non é difícil comer sen pagar: os bufetes libres (20).

…………………………………..

Un nunca crería que no interior do templo hai un espazo enorme onde é posible comer cada día sen pagar. Hai que se descalzar á entrada, cubrir cun pano a cabeza e non levar pantalóns curtos(20-21).

……………………………………..

Non sei en que lingua falabamos, pero entendiámonos mediante revelacións instintivas e certeiras (23).

…………………………………….

É curioso escoitar como me fala da terra onde eu crecín a través dos recordos que o seu pai compartiu con el (27).

………………………………….

Tampouco sei en que lingua falo con Natsuki; no entanto, entendémonos ben, sobre todo cando ela repara en min desa forma tan cerimonial e logo xoga cos ollos dirixíndoos ao teito e fai referencia ao cuarto 346 cunha complicidade que só nós coñecemos (29).

………………………………..

A poética da nosa xestualidade apaixónaa (29).

………………………………..

Alí vin morrer un home acoitelado por unha sombra (35).

…………………………………..

Coido que o único que necesito é atopar unha tonalidade e unha atmosfera e procurar que non se rompan (38).

…………………………….

Unha mañá de chuvia lenta e diminuta, mentres camiñaba polo barrio chinés co cabelo húmido acabado de peitear e un elegante gabán negro, un home en moto acercóuseme (44).

……………………………

O silencio era dunha brancura pálida e fariñenta sobre a medina e os morcegos alimentábanse de po de estrelas (50).

……………………………

Repítolla de vagar: a noite pasa por min coma un descoñecido (52).

………………………………

Mido o peso da luz nas fiestras e a rugosidade do silencio (61).

……………………………

Hai un orgullo secreto e talvez inconfesable no precario enredo de xogar a ser outro (62).

………………………………

Escríbeme Natsuki desde Lisboa: a luz é enorme esta noite, vai frío e as letras tórnanse azuis, brillan e arden segundo as escribo (65).

……………………………

Dando lentos pasos de area achegouse á porta da rúa en que eu estaba e acendeu un cigarro sen verme (65).

…………………………..

Cando di algo semella que o di dende un soño, recuperándose dun esforzo que tamén ten que ver coas palabras pero que nace nun lugar anterior a elas. Díxome que el non sabe usar a vida, que lle perdoe (66).

…………………………….

Agora mesmo todas as palabras arden ao mesmo tempo, mestúranse unhas coas outras, desfanse en fíos sen sentido e xa non teño frío (67).

………………………….

Non hai nada tan semellante a un aplauso coma a chuvia caendo con forza sobre un tellado (69).

……………………………

(…) van concibir aves vertixinosas no escenario daquela cova (75).

…………………………

Desde hai un tempo fálame o ceo (77).

…………………………

O que calamos sábeno as mans (77).

………………………

Camiñar límpame por dentro e despois leo moito mellor (78).

……………………….

As escaleira do hostel cheiran a praias amencendo despois das fogeuiras (81, salientado orixinal).

………………………..

(…) todo o que eramos cando nos escribimos desapareceu cando estivemos xuntos e non tivemos nada que dicirnos (…) (81).

………………………..

O silencio é dunha espesura glacial (86).

………………………..

Castro marchou sen se despedir. Atopei a súa gorra na miña cama cando me fun deitar. Púxena para durmir (88).

………………………..

Hai algo de min que aínda permanece ñeses espazos que nun tempo foron meus, aos que de cando en vez regreso e entre néboas habito (90).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s