subliñados de TRES PINTORES ( Cid Cabido, Xerais)

(…) que tan ben se prestaba prá vida pseudo-caralla-intelecto-bohemio-contrariosa (13).

………………………………………..

Que pasa? Aínda non volo dixen? Ah, claro, escusádeme. Non ben comezamos a partida comuniqueille ao Viñas a niña intención de saír de viaxe esa mesma noite (15).

………………………………………..

O fundamental era saír un pouco da tobeira das Travesas, que tiña o seu aquel, pero non tanto como para considerala o centro do universo (21).

…………………………………….

Din os taoístas que o auténtico viaxeiro é o que non sabe cara a onde vai (31).

…………………………………….

Hai un momento no realismo, segundo afirman os expertos, en que todo cristo está centrado no tema do adulterio: Flaubert con Madame Bovary, Tolstoi con Ana Karénina, ou Eça de Queirós c´O primo Basilio ( 39, salientados orixinais).

…………………………………….

Por outro lado, a fame non só aguza o enxeño, senón que ademais ponlle sebo ás canelas (45)

…………………………………….

Digamos que o segundo día estábamos rendidos, mallados, sobre todo o Viñas e eu, que mal durmiramos sen poder estricar as pernas (51).

……………………………………

Veriamos logo un tipo de cocote limpo, con ghedellas longas e mandilón luxado de óleos, que collería un dos cadros coas dúas mans, apoiando a súa base nas pernas, pra deixar ben claro que coñece esa maneira peculiar dos pintores de tocar e mover e mirar e valorar os cadros (57).

…………………………………..

Na noite do terceiro día, forzado quizais polo cúmulo de fracasos e decisións desatinadas, tiven unha nova feliz idea, como resultado de dúas ou tres observacións en aparencia irrelevantes (65).

………………………………….

Poucos minutos máis tarde estabamos dentro do R-8, lixeiramente mollados, a pesar de que durante a operación, cubertos polo saínte do edificio, Miguel e mais eu non estiveramos moi expostos á chuvia (70).

…………………………………..

En 1984, camaradas, o grao de tensión que se vivía no estado por mor do conflito vasco era altísimo (74).

………………………………………

Sería gracioso acabar descubrindo que estamos colonizados por uns pobres mortos de fame que nin sequera teñen pedra como é debido para facer as casas (81).

………………………………………

Endeloutro día, o quinto da nosa expedición, dedicámolo a non facer nada produtivo (87)

………………………………….

Dáse a circunstancia de que June tiña unha amiga que naquela época amosaba unha simpática inclinación á frescura máis natural e polo tanto nada enfastiosa (91).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s