subliñados de RELATOS PARA TELEVISIÓN (Xabier Cordal, Xerais)

A maioría do que se alcuma paixón son relatos que proxecta o noso tedio (15).

…………………………………………

Penso que o peor da inmortalidade son os praceres solitarios (23).

…………………………………………

Ti volve con iso de que son historias e vaicho contar a puta da cadela que te saca a mexar ao parque (26).

…………………………………………

-Cando merco un paquete de tabaco e non se me acaba e merco outro, pillo catarro (35).

……………………………………………..

Entrou no garaxe e situouse fronte a digamos Paulo. Paulo pousou a raqueta e reverenciouna. Aquel ademán reseso fixo que Amaro chiscase a Jezabel un ollo invisible (47).

…………………………………………….

Igual que non existen os sistemas herméticos, ninguna copia está salvo doutra copia (59).

…………………………………………….

Mais o pasado dá mal abrigo. O pasado non existe (61).

………………………………………..

Segundo o calendario volvín a Artabria a tarde do domingo 29 de outubro de 1967 (63).

…………………………………………

E nós, quero dicir, o Comando, protexiámola dos soños equivocados (67).

…………………………………………

Metémonos nunha os tres. O anano pechou a porta e protexeunos algo similar ao silencio. Tras a grosa lámina de metacrilato acendeuse a luz (83).

…………………………………………

O traxecto, aclaroume, expiraba nunha rampla. Caíase por ela ao Barrio Malo (adevertiu que alá moraba o terrible, a amargura) mais ningún risco admitía comparación coa condena de me enfrontar a un só keep (88).

………………………………………….

Presidido por Zoff, o pentágono pétreo ao que vén de sumarse Causio é barrocamente irregular (103).

………………………………………….

Eu vin os muros de Palestina na pupila da idiota que narraba o seu adulterio no programa da sobremesa, vin o terremoto de Andra Padesh a noite anterior, durante un documental sobre os osos polares (112).

………………………………………

Viu desamañecer (117).

………………………………………

Bastante facían os seres humanos aleitados en fábrica con lograr un porte digno (119).

………………………………………….

(…) os comentarios acerca do grao de sal da sopa de cocido sumaríanse a outro oportuno rosario de banalidades que adiasen, polo menos para os licores de sobremesa, a batalla derradeira (121).

………………………………………

(…) Agartha aplica as técnicas de sabotaxe de asemblea que lle aprenderan nas Escuadras Culturais (121).

……………………………………….

O bo amigo Peter Carrilho publicou irrebatibles achegas no Empire World describindo como a simple vibración que ocasiona a pronuncia insistente dalgunha vogal arruén basta para alterar o sistema inmunolóxico dun feto humano e incluso o seu ADN, causando todo tipo de deformidades (123, salientado orixinal)

……………………………………….

Engadiu antes de bater a porta que cada vez que intentaba cumprir co matrimonio tiña a sensación de que lle facía porcalladas ao fillo (135).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s