crítica de TRANSMATRIA (Daniel Asorey, Xerais)

ESAS GANAS DE BERRAR

Título: Transmatria

Autor: Daniel Asorey

Editorial: Xerais

Transmatria é o primeiro poemario de Daniel Asorey, mais non parece un poemario primeirizo.

Transmatria é o XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. A verdade é que, xa coa primeira lectura, non me estraña nada, hai nel suficiente calidade e fermento poético como para ser ben merecente. Aínda que no Faro de Vigo lle temos lido que este é un poemario escrito con pouca cabeza e moito corazón, tamén é certo que o libro convida a rachar fronteiras psicolóxicas, arquetipos transmitidos a través dos séculos.

Porque Transmatria é un exercicio de inconformismo, unha pulsión irrefreábel que obriga a repensarnos no presente e no futuro para sermos mellores ou para sermos mellor.

O deseño editorial de Transmatria estrutúrao en tres partes: “As orixes”, “Os sexos e as revoltas”, “Muros”. As tres atravesadas polo concepto de transmatria. Porque transmatria é un concepto. Un concepto que borra fronteiras entre sexos. Un concepto para reclamar liberdade, a liberdade de ser simplemente, sen máis explicacións. Porén, transmatria non é só un concepto.

Esa necesidade de liberdade sobre os propios corpos e os propios sexos vese reflectida na lingua. Porque transmatria é un concepto inclusivo, á lingua tamén se lle traslada tal necesidade e é así que o autor quixo eliminar as marcas de xénero que impón a lingua, adoptando unha solución intermedia, nin femininos en -a nin masculinos en -o, o traballo sobre a lingua déixanos uns termos rematdos en -es. E alí onde se agardaba un cualificativo masculino pode aparaecer en feminino. Sexos e xénero. Tamén é certo que para esvaecer esas fronteiras, a voz poética tamén nos sorprende se é que só agradabamos unha voz poética masculina.

Transmatria é, polo tanto un poemario que fala de fronteiras esborralladas e de sexo. Mais non só, porque ás veces tamén contén poemas polítcos, poemas críticos con este mundo vasalo das grandes empresas que son as que en definitiva teñen o poder.

Por todo isto xa Transmatria é un libro senlleiro. E porque supera calquera modelo establecido. Tramsmatria é o seu propio modelo.

Transmatria é un libro consciente. Non só da necesidade de esborrallar fronteiras sexuais. Canda esa necesidade sitúase a conciencia da historia de nós.

Dise moito, e maís que se dixo, que a poesía é a arte da beleza construída con palabras. Pois ben, non procuren aquí, neste poemario, a beleza das palabras. Porque non ese o obxectivo a perseguir. Si que hai, ás veces hai, ás veces bótase man da figuración estética para reforzar a mensaxe. Porén é que en Transmatria o importante é a mensaxe. E pode ser un libro incómodo. Porque é un libro rebelde e desde esa rebeldía agárranos polos colares e sacódenos. Si, toda Transmatria é unha sucesión de sacudidas, cada poema é unha sacudida. O poemario, desde o primeiro até o derradeiro é un inmenso berro, un inmenso berro demandando xustiza, porque xustiza é que non haxa diferenzas relativas ao xénero ou ao sexo.

Transmatria é pura emoción na procura da dignidade humana.

Que non lea Transmatria quen teña o pensamento e o sentir encorsetados pola hipócrita moral que nos rodea.

Ou si. Precisamente si. Porque Transmatria é un exercicio liberador. Precisamente por iso. Precisamente por iso.

Contundente.

Transmatria é pura contundencia, verbal e conceptual.

Esas ganas de berrar.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s