rebelión de Ikerne ( fragmento de A HORA DE ESPERTARMOS XUNTOS, Kirmen Uribe, Xerais, especialmente significativo)

( Ikerne é filla de Karmele e Txomin. Karmele e Txomin está ligados ao PNV e realizaron diversos labores de espionaxe ou culturais para o partido. Teñen a súa filla Ikerne estudando nun colexio relixioso, de monxas, onde ela non se sente moi a gusto. En determinado momento é mandada ir ao despacho da directora, unha monxa xa vella e con pouca paciencia. Entón prodúcese a rebelión de Ikerne, que non atura que lle traduzan o nome (Visitación). É unha pasaxe moi ilustrativa e exemplar de como educar os fillos no amor pola cultura propia. Vai.)

-Como parece claro que non hai ninguén no centro capaz de meterte en cintura e eu xa vou moi vella para perder o tempo contigo, propóñoche un trato. Ti, en adiante, aceptas que te chame Vistación no canto de Ikerne, e eu esquezo a túa última falacatruada. Que che parece?

Ikerne quedou pensativa antes de contestar.

-Pero é que eu non me chamo Vistación, chámome Ikerne, en eúscaro.

-E por que non Visitación? -interrompeuna sor Inés-. Se significan o mesmo e e é moito máis fermoso en español. Xa sabes de onde vén o teu nome?

-Non sei…Quizais polas visitacións nocturnas que lle facía meu pai a niña nai?

-Non fagas a graciosa, que así non hai trato que valla. Visitación fai referencia á visita que a Virxe María, tras a Anunciación, fixo á súa curmá Isabel. <Bendita ti entre todas as mulleres e bendito o froito do teu ventre, Xesús>. É un nome gozoso, alegre, unha loanza de María a Deus pola elección que fixo dela.

-Vistación de monte dos buratos -murmurou entón Ikerne para sorpresa da superiora.

-Como que de monte dos buratos? A que te refires?

Sor Inés quedou expectante, sen comprender ben as súas palabras, pero intuíndo que, por primeira vez había algo enriquecedor nas palabras de Ikerne.

-Si. Vistación de monte dos buratos e abelairas -pronunciou a moza en voz alta e clara, para sorpresa da monxa, que non sabía moi ben o que pasaba.

-Pode ser, iso é – a monxa animaba a Ikerne coas dúas mans, movendo unha e outra vez as palmas cara a arriba, como se estivese a salferir o seu corpo con auga bendita-. Se che gustan os montes e as abelairas, adiante, Visitación, adiante. Non sei se te entendo moi ben. A Visitación de María é un canto á vida…-enleábase a pobre muller sen atoparlle o sentido.

-Visitación de monte dos buratos e abelairas e cotarelos das fontes frías -proclamou Ikerne, chea de valor.

-Ben, abonda, abonda, Visitación. De que estás a falar?

-Estou a falar do meu nome e apelidos. Se o meu nome é Vistación e non Ikerne, os meus apelidos son Monte dos buratos e non Letamendi, abelaira en vez de Urresti, cotarelo no canto de Murua, e fonte fría en vez de Iturrioz. (262-264)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s