crítica de A PESTE (Albert Camus, Huguin e Munin)

A PESTE, de ALBERT CAMUS

Título: A peste

Autor: Albert Camus

Traducen: Isabel Soto e Xavier Senín

Editorial: Huguin e Munin

Se tiveramos que escoller entre as principais novelas europeas do século XX, seguro que A peste sería unha delas. Se tiveramos que escoller entre os principais autores europeos do século XX, seguro que Albert Camus sería un deles. Razóns abondas para que a tradución de Isabel Soto e Xavier Senín veña a conto. Sen necesidade de engadir que unha literatura como a galega non se pode permitir non  ofrecer ao seu lectorado obras como esta. Sen necesidade de engadir que esta tradución ao galego é actual, feita para a ocasión e polo tanto non se trata de vellas traducións que, boa ou non, interferidas pola censura ou non, se reimprimen unha e outra vez.

                     Pero si, coa necesidade de puntualizar que unha posta en valor do pensamento e obra de Albert Camus sempre é necesaria. Porque non foi un autor de relacións e recoñecementos doados. Malia o seu Premio Nobel, as relacións con Sarte, icona da esquerda política, non foron boas, nin moito menos. Mesmo, no eido sentimental se lle atribuíu unha relación coa nosa María Casares. Mais iso a nivel anecdótico, porque a nós o que nos interesa é a súa produción literaria, manifestamente a sóa obra senlleira, A peste.

                     A trama que se desenvolve na novela céntrase na aparición na cidade arxelina de Orán ( sáibase que Camus naceu en Alxeria), os primeiros síntomas son ratas mortas, mais logo se extende aos humanos. Será entón cando o soutor Rieux se realice como ser humano na súa loita contra unha peste que leva a pechar a cidade de Orán a fin de conter a enfermidade. E pouco máis imos dicir. Quen non lera esta novela, fundamental, ten agora boa oportunidade de facelo. E, se non imos dicir moito máis da trama tamén é porque, a estas alturas, non é o máis interesante, o que máis importa é o seu significado, o poliedro desde o cal foi interpretada a novela. Sen esquecer que a novela de Camus foi e é posta en relación con O proceso de Frank Kafka, do que herdaría e prolongaría o ton narrativo, un ton narrativo nada compracente co lector porque a finalidade de ambos autores e ambas obras é concienciar a xente da súa humanidade, collelos polas lapelas e abanelaos até que entendan que son seres humanos e iso significa algo. Malia isto, malia o ton cru en que se conta a trama, a linguaxe de Camus acada cotas poéticas e, por exemplo, emprega antíteses, perosnificacións, metáfotas ou sinestesias.

                     Dito isto, non podemos calar que se trata dunha novela fundamentalmente masculina, as personaxes son fundamentalmente masculinas, igual que a sociedade do momento era fortemente machista/patriarcal, e mais nunha cidade como Orán. Polo demais predominou/predomina a interpretación da novela como un clásico do exitencialismo, sendo esta unha postura abondo difícil de rexeitar aínda que ao propio Camus non lle gustaba nada. Porque non cabe dúbida de que a novela propón unha reflexión social e que esta se faga en clave existencialista semella do máis normal. Mais tamén está aí o absurdo, unha teoría que ao autor lle pracía moito máis e non falta quen diga que esta é unha novela que axuda a definilo. E, se temos en conta que a novela se publica no ano 47 do pasado século, en plena II Guerra Mundial, é moi frecuente a lectura segundo a cal a trama resulta unha metáfora da ocupación alemá de Francia (lectura que, fronte Barthes, que opinaba o contrario, se apresurou a defender o autor) e da resistencia francesa, o que sería ampliábel a unha visión segundo a cal Camus simboliza as ditaduras e gobernos autoritarios que, din, todo o fan en nome da seguranza individual. Pola contra, na novela represéntase a necesidade da solidariedade humana á hora de afrontar aqueles intres en que pon en dúbida o propio concepto de humanidade, como é neste caso a peste, que acaba con todo, tamén coa humanidade.

                     Dixemos que se trata dunha novela poliédrica, extraordinariamente ben escrita e que interpela ao lector. E no parágrafo anterior fixemos un pequeno repaso das interpretacións máis comúns que se deron da novela. Agora cómpre que digamos que esta, como toda boa novela, non se nota nela o paso do tempo e segue a ser hoxe en día un texto fundamental. Engadiremos que non o suficientemente divulgada, no que seguramente tivo que ver a personalidade do propio autor, ao cal as esquerdas (capitanedas por Sarte) non lle tiñan moito aprezo, e tamén pola prematura morte do autor, que nos deixou aos 47 anos. E xa se sabe que, morto o autor, poucos han ser os que se preocupen da mensaxe da súa obra.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s