crítica de BOCK DE CEREVEJA (José Alberte Corral Iglesias)

OS OLLOS, A CONCIENCIA E O MUNDO

Título: Bock de cerveja

Autor: José Alberte Corral Iglesias

Editorial: Baía Edicións

Resulta moito máis frecuente do que sería desexábel, porén hai moita xente que confunde relato e conto, que os considera sinónimos, mesmo sendo autores.. E non. Non o son. Despois de que na última crítica falaramos de relatos entre os cales había un conto, hoxe imos recuncar con outro libro de relatos. Mais queremos deixar ben claro o que é un relato e o que é un conto; isto non fará que nunca máis se volvan confundir, porén tampouco está demais. Ben. Pois o conto presenta unha trama con remate climático, climático e tramático, pois ese clímax do remate depende absolutamente do desenvolvemento dunha trama pechada; procuren vostedes definicións desde Dieste a Cortázar (por exemplo) e en ningunha se negará o dito, todo o contrario. E o relato, que é o que nos interesa hoxe, non presenta ese remate climático dependente da trama; como moito pode presentar un remate epifánico ( que te convida a pensar no que leches ou a partir do que leches) e nunca é pechado. Velaí a diferenza, independentemente de que, por exemplo, Lauro Zavala xa fala de diferenciar os xéneros narrativos pola cantidade de palabras empregada, iso tampouco contradí o que vimos afirmando.

                     Pois o libro que traemos a estas páxinas hoxe é da autoría de José Alberte Corral Iglesias, (Montelato, Coruña, 1946) cofundador da histórica Agrupación Cultural o Facho e procurador infatigábel de atmosferas que  politicamente permitiran unha vida cultural activa, e tamén loitador anticapitalista convencido. Non é moi frecuente que deamos datos biográficos nas nosas críticas, mais neste caso non se poden obviar, porque o seu andar polo mundo e a súa loita aparecen reflectidos nos relatos que compoñen o  volume. Uns relatos que presentan unha extensión certamente variábel, hainos menores dunha páxina, mesmo dunhas poucas liñas, e tamén os hai de varias páxinas.

                     En canto aos temas, pois tamén son moi variados, e así atópanse relatos que falan da emigración, do exilio, da represión franquista (católico-fascista, diría o narrador), da represión lingüística, da crueldade da vida, da defensa dos humildes ( aí lembrounos moito a Castelao), da loita social (política e sindical), das atrocidades cometidas por grupos paramilitares… mesmo da desatención e morte do rural ou do mundo das curandeiras. Por dicir algúns temas, que son moitos relatos e polo tanto moitos temas. Ás veces eses relatos teñen o seu de anécdota (da cal aprender) e tampouco están exentos dunha certa ollada nostálxica ao pasado. Mais non é esa ollada nostálxica inocua. Esta é unha ollada a un  mundo que se foi, do que se tentou tirar o máximo  posíbel, mais foi un mundo cruel, dramático, mesmo tráxico, como  para poñerse a proxectar sobre ese pasado unha visión entrañábel…

                     De aí o  título destas liñas, a constante nestes relatos é a ollada, a ollada do mundo (presente e tamén, moito, pasado) desde unha conciencia social e política inequívoca e sempre loitadora a prol dos dereitos dos máis desfavorecidos. Esta lembranza e constatación dunha vida loitadora non está en desacordo con esa perspectiva amábel que se desprende do título. Todo o contrario. O que se pretende é presentala nun ambiente de camaradaxe no cal hai  algo de celebración, tampoco o podemos negar. A celebración que se pode permitir alguén que posúe moitas vivencias sen nunca afrouxar na súa loita. A que el se pode permitir e os demais debemos agradecer.

                     Temporariamente e espacilamente tamén presenta moita variación. Habéndoos que falan da súa infancia en Montelato, por exemplo, outros que nos levan por América (Chile, Perú, Arxentina) e mesmo Australia. Do resto non cómpre esquecer a habilidade con que o autor crea atmosferas, ambientes, tan variados e en ben pouco espazo, así como uso dunha linguaxe rica dentro do rexistro normativo que o mesmo título indica. Un exercicio memorialista, iso é innegábel, como o que todos deberiamos practicar de vez en cando, só por comprobar se as cousas foron relamente como as vivimos. Tamén reivindicador e denunciante, que non se esqueza.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s