70 anos do nacemento de María Emilia Cornejo, ” a muller mala da historia”

Eu non souben de María Emilia Cornejo (1949-1972) até hai uns meses, un amigo recomendoume alectura do poema que figurará no remate desta anotación: “La muchacha mala de la historia”

Comezaremos da importancia que tivo ese poema na literatura peruana, pois é de nacionalidade peruana, e non na literatura ( que si tivo repercusión e poetas posteriores) senón tamén na moi tradicionalista e conservadora sociedade peruana. Un poema, un só poema. Velaí a forza da poesía. Interésame moito determe neste punto. Porque aquí, na Galiza, houbo un tempo en que os poetas (pocas poetas había) e os seus poemas tiñan trascendencia social. Concretamente fixémonos en Celso Emilio Ferreiro. A poesía de hoxe é moi distinta, formalmente moi distinta, tematicamente moi distinta, mais non creo que @s poetas de hoxe secan mellores que Celso Emilio.

Pero non nos desviemos, volvamos a María Emila Cornejo. Morreu moi nova, suicidouse con 23 anos. E aínda hoxe é unha personaxe enigmática, segundo a súa irmá xemelga era unha persoa alegre, poistiva e grande lectora do marxismo e de Simone de Beauvoir. Pouca é a súa produción poética, actualmente estase traballando nunha edición o máis extensa posíbel da súa poesía. Postumamente pubvlicou catro poemas, polo que eu sei. Un deles este “La muchacha mala de la historia”. Non deixa de ser unha mágoa que, cando falamos da trascendencia social da poesía o teñamos que facer en pasado. O mesmo da figura do escritor/escritora. Eu aínda teño esperanza en recuperar o seu papel como mediador entre a realidade e o lector ou lectora. Porque é preciso, nunha sociedade onde os medios de comunicación perden cada día máis credibilidade, e non me abonda con que agora hai Internet e calquera se informa.

Discútese inclusive a autoría do poema e circula a versión de que en realidade esesa caytro poemas foron reconstruídos postumamente a partir de notas da autora.

Dá igual. A forza da poesía está aí. Lean o poema:

soy
la muchacha mala de la historia,
la que fornicó con tres hombres
y le sacó cuernos a su marido.

soy la mujer
que lo engañó cotidianamente
por un miserable plato de lentejas,
la que le quitó lentamente su ropaje de bondad
hasta convertirlo en una piedra
negra y estéril,
soy la mujer que lo castró
con infinitos gestos de ternura
y gemidos falsos en la cama.

soy
la muchacha mala de la historia

Despois, nos 70, asociacións feministas peruanas ocupáronse de reivindicar a figura de María Emilia. Non cabe dúbida de que o poema é atrevido, ousado, hoxe e naquela sociedade pacata peruana. Todo un símbolo feminista que aquí aínda non se coñece moito, mais impresionante.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s