respostas a dous comentarios, de María José e Eli

Roubo un anaco do meu tempo de lectura para dar resposta a dous comentarios. Sempre agradezo moito os comentarios pero nesta plataforma na que está a bitácora eu non sei se se ven os comentrios que facedes incluso despois de aprobados. Eu non. Nin tampouco as respostas que dou. Realmente estou moi descontento desta plataforma, seguramente a culpa é da miña impericia e non aproveito devidamente os recursos que ofrece, porén tamén hai outras cousas que me disgustan, así que, na primavera, cando expire o tempo polo que paguei, mirarei de migrar a outra plataforma que domine mellor, que sexa máis clara á hora de manexala, pois tampouco teño axuda de quen entenda máis ca min destas cousas.

Van as respostas.

Escribiu María José:

” Supóñolle boa intención á persoa que escribiu o texto pero, posiblemente, sen querer, ou froito da cultura que nos envolve, pretende facer un alegato en favor dos dereitos das mulleres coa seguintes eivas:
1º: Non nomea as escritoras que van participar: ” tres escritoras” anónimas, descoñecidas, sen nome nin apelido
2º. Todalas obras de referencia que aparecen no texto están escritas por homes. ¡ Que casualidade!
Un conselliño, dease una volta pola literatura galega, ou polo ensaio feminista e atopará referentes abundantes con nome e apelidos de muller. Alabo a intención pero ó mellor hai que mirar a través das gafas moradas.”

Vai a resposta:

-Non era a intención do artigo promocionar a ninguén, nin aconsellaba a prudencia dar nomes con tanta antelación porque as interviñentes poderían mudar. A miña intención era dar a coñecer un acto que me parece moi interesante e necesario. O ideal sería que actos como este se repetisen pola nosa xeografía adiante.. Con outras protagonistas, non porque me parezan mal estas, senón porque me parece mellor idea facelo con persoas da localidade onde se celebre, ou da bisbarra. Por unha simple cuestión de proximidade, xa que esta pode influir nunha recepción máis fonda. Cuestión de estratexia, sería cousa de probala, polo menos. E tamén, a ser posíbel, fóra do ámbito universitario, non porque teña nada contra el, simplemente porque creo que se chegaría mellor á xente desde asociacións culturais ou doutro tipo similar.

-Mentira, non todas as referencias son masculinas. Marilar Aleixandre, que eu saiba, segue sendo muller. Por outra banda, que estea lendo o libro de Carlos Lema é pura coincidencia. Que Paqual Alapont esccribira O inferno de Marta eu non o podo cambiar e, novelas con esa intención eu non coñezo ningunha anterior, só a de Marilar e é posterior. E que Xabier López Rodríguez escribira Destrucción hai 16 anos tampouco o podo cambiar, nin que esa sexa a novela onde máis cruamente se denuncia o machismo, que eu coñeza, e non só na literatura galega. Por outra banda: algún problema con que sexan homes? Ou é que os homes non poden escribir sobre iso?

-Sobre o conselliño. Nunca está de máis un consello. Mais teño que dicir que veño lendo libros sobre o femismo desde os anos 70, en castelá, tamén en galego, máis tarde.Pero iso é o de menos porque eu escribía sobre ficción. O ensaio é outra cousa.

-Obrigado polo teu comentario, María José.

……………………………………………………………………………………..

Escribe Eli, a propósito da crítica de CAMIÑO DE PAIXÓNS (Carlos Meixide, Galaxia)

” un apuntamento. Esta non é a primeira novela para adultos de Meixide. É nin máis nin menos que a cuarta (se non me trabuco). das catro, sendo unha novela moi entretida e áxil, é a peor con diferencia. Por outra parte mágoa que o autor en troques de sacar peito por facer unha novela pulp, ande a lairse e pedir perdón por escribir pulp. “

Vai a resposta.

-Vese que a miña fonte de información sobre Carlos Meixide está desactualizada. Agradezo a aclaración e xa procedín a incorporala ao corpo da crítica

-Non comparto de todo o teu criterio de que sexa a peor novela do autor, malia ser entretida e áxil. Seguramente coñeces mellor ca min a súa produción literaria, non o nego. Porén, a novela aquela de internet, a min deixou de interesarme bastante pronto, e creo que é peor que esta.

-Sobre o pulp . A saber como sería o resultado se o autor seguira a túa indicación. Eu, pola miña banda, non teño en garde estima o pulp. Lin moitísimo del. Inclusive, por pura casualidade, acabei sendo dono dunha estimábel colección dese xénero. Porén, fóra da amenidade cando a a conseguen, esteticamente é un xénero xeralmente bastante deficitario, na miña opinión.

Obrigado polo teu comentario, Eli.

Un comentario sobre “respostas a dous comentarios, de María José e Eli

  1. claro, non nos poñeremos de acordo en cal é a mellor. se non a liches recoméndote ler Inge e Robbie, ambientada tamén en Santiago, moito humor hai aí… non abundan en galego os libros abertamente humorísticos estilo Tom Sharpe e similares. Gustaríame coñecer nun artigo teu que libros para botarse unhas risas hai en galego (aparte, claro está, da literatura pésima que provoca risas pero por non chorar). Aproveito para dicir, xa que contestas a outro comentario no mesmo texto que a min, sobre a polémica na que te viches metido nos últimos días, que sen compartir para nada a túa crítica sobre o libro de María Reimóndez, considero desproporcionada a reacción da escritora e da manda de palmeiros que non fan máis que actuar como lobos nas redes sociais dicindo que es un violento, un “machista violento”, un home gris do século pasado, que non respectas o non é non e cousas dese estilo. Habería que aclarar que aínda que se atreven a falar en nome de moitos, non son tantos. Aínda que semellan que están libres de pecado, moitos deles pecan (como fas ti) da mesma visión parcial e interesada do que len. Gustan de que se citen a moitas mulleres pero logo só citan os seus amigos e amigas. Ou directamente presumen de non ler a homes. Gustan da visión personal nos libros, da interpretacion literaria da realidade pero logo censuran segundo como sexa a voz do narrador e mesmo exixen que os outros ibros teñan certo tipo de personaxes que encaixe no seu modo de ver a vida. Como editores non publican cando non hai colectivos minorizados nunha historia. Como escritores fan panfletos. Como lectores perdoan nos seus amigos o que non perdoan o que escriben os que non están nos seus circulos de amizade. Se citas a unha muller entre tres homes (como che pasou) ou minten dicindo que non citas muller algunha ou din que é a cuota, minusvalorizando á muller citada. Se fas un libro recompilatorio cun 40% de mulleres critican porque non é equitativo, se o fas cun 40% de homes o problema que poñen é que é un libro no que non se retribue suficiente o traballo das mulleres… Se publican en Xerais din que escriben nas marxes da literatura. Se gañan premios (moi cuantiosos) din que escriben desde a marxe da literatura. Se se pasan todo o día dando charlas nos institutos cos seus libros debaixo dos brazos, din que escriben desde as marxes da literatura. Se venden 12.000 exemplares (que en galego é moito vender de dios) dunha novela din que se o sistema literario é patricarcal e que se non o fose venderían moito máis… En definitiva, van de vítimas, manifestan que que o sistema literario galego sexa machista é o motivo dos seus males (o máis grande, claro, que non venden todo o que lles gustaría)… porén saben e ocultan que é outro o problema do sistema literario galego: non hai lectores. E empregan, non sempre, pero si en moitas ocasión, un público cautivo (o dos coles) para vender o seu producto achegando o discurso-chave que todo o abre hoxe en día, que serve tanto para mendigar unha subvención ou unha cuota de ventas ou ser un escritor riquiño: o feminismo, a loita contra os malos tratos, a violencia machista. Ninguén nega a lacra destes asusntos pero a min no super non me venden cebolas dicindo que son boas para loitar contra o machismo, proque tanto empeño en vender libros dicindo que son bos para enchouparse de determinados valores? Nesta política de visbilidade hai que escoller malos. Ter malos é bo para o negocio e síntese un máis realizado porque pode endilgarlle as súas propias necedades a un cabeza de turco. E aí entras ti na ecuación. En fin… Só me queda agradecerche todas as letras sobre libros que tes posto neste blog e noutros sitios e a túa coherencia por defender o que consideras o teu punto lexítimo e persoal de entender a literatura, aínda que persolamente considere que esteas errado no teu xeito de entendela. Unha aperta

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s