novo comentario de ELICO

Copio:

claro, non nos poñeremos de acordo en cal é a mellor. se non a liches recoméndote ler Inge e Robbie, ambientada tamén en Santiago, moito humor hai aí… non abundan en galego os libros abertamente humorísticos estilo Tom Sharpe e similares. Gustaríame coñecer nun artigo teu que libros para botarse unhas risas hai en galego (aparte, claro está, da literatura pésima que provoca risas pero por non chorar). Aproveito para dicir, xa que contestas a outro comentario no mesmo texto que a min, sobre a polémica na que te viches metido nos últimos días, que sen compartir para nada a túa crítica sobre o libro de María Reimóndez, considero desproporcionada a reacción da escritora e da manda de palmeiros que non fan máis que actuar como lobos nas redes sociais dicindo que es un violento, un “machista violento”, un home gris do século pasado, que non respectas o non é non e cousas dese estilo. Habería que aclarar que aínda que se atreven a falar en nome de moitos, non son tantos. Aínda que semellan que están libres de pecado, moitos deles pecan (como fas ti) da mesma visión parcial e interesada do que len. Gustan de que se citen a moitas mulleres pero logo só citan os seus amigos e amigas. Ou directamente presumen de non ler a homes. Gustan da visión personal nos libros, da interpretacion literaria da realidade pero logo censuran segundo como sexa a voz do narrador e mesmo exixen que os outros ibros teñan certo tipo de personaxes que encaixe no seu modo de ver a vida. Como editores non publican cando non hai colectivos minorizados nunha historia. Como escritores fan panfletos. Como lectores perdoan nos seus amigos o que non perdoan o que escriben os que non están nos seus circulos de amizade. Se citas a unha muller entre tres homes (como che pasou) ou minten dicindo que non citas muller algunha ou din que é a cuota, minusvalorizando á muller citada. Se fas un libro recompilatorio cun 40% de mulleres critican porque non é equitativo, se o fas cun 40% de homes o problema que poñen é que é un libro no que non se retribue suficiente o traballo das mulleres… Se publican en Xerais din que escriben nas marxes da literatura. Se gañan premios (moi cuantiosos) din que escriben desde a marxe da literatura. Se se pasan todo o día dando charlas nos institutos cos seus libros debaixo dos brazos, din que escriben desde as marxes da literatura. Se venden 12.000 exemplares (que en galego é moito vender de dios) dunha novela din que se o sistema literario é patricarcal e que se non o fose venderían moito máis… En definitiva, van de vítimas, manifestan que que o sistema literario galego sexa machista é o motivo dos seus males (o máis grande, claro, que non venden todo o que lles gustaría)… porén saben e ocultan que é outro o problema do sistema literario galego: non hai lectores. E empregan, non sempre, pero si en moitas ocasión, un público cautivo (o dos coles) para vender o seu producto achegando o discurso-chave que todo o abre hoxe en día, que serve tanto para mendigar unha subvención ou unha cuota de ventas ou ser un escritor riquiño: o feminismo, a loita contra os malos tratos, a violencia machista. Ninguén nega a lacra destes asusntos pero a min no super non me venden cebolas dicindo que son boas para loitar contra o machismo, proque tanto empeño en vender libros dicindo que son bos para enchouparse de determinados valores? Nesta política de visbilidade hai que escoller malos. Ter malos é bo para o negocio e síntese un máis realizado porque pode endilgarlle as súas propias necedades a un cabeza de turco. E aí entras ti na ecuación. En fin… Só me queda agradecerche todas as letras sobre libros que tes posto neste blog e noutros sitios e a túa coherencia por defender o que consideras o teu punto lexítimo e persoal de entender a literatura, aínda que persolamente considere que esteas errado no teu xeito de entendela. Unha aperta

……………………………….

RESPOSTA:

Obrigado polo teu comentario.

Respecto da literatura humorística en galego, haina. Non moita, pero haina. Así de bote pronto, e para rir sen perder a perspectiva da crítica social, eu recoméndoche ERROS E TÁTANTOS, de Gonzalo Navaza (Xerais): boa literatura, compromiso social e un sorriso nos labios nacido da habilidade narrativa do autor.

E tampouco podo esquecer a dramaturxia de NÚÑEZ SINGALA: O ACHADO DO CASTRO, A COMEDIA BÍFIDA, e ATRANCO NO BANCO (deste ano), todos en Galaxia. Seguro que che prestarán.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s