aclaracións ás “pequenas inexactitudes” de María Reimóndez.

Isto de Internet évos unha cousa. Vou e recibo no correo información de que se me nomea nun traballo de Academia, edu. “Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega”, que parece ser inicitiva de María Boguscewicz. Na páxina 87 comeza o artigo de María Reimóndez : “Silencios que non son: o contínuum lesbiano nas narradoras galegas” (Ocórreseme, pois o día que meta tamén a poesía ten na lírica medieval un filón!)

Leo. Na páxina 93 aparece un extracto de “Letras lésbicas”, artigo édito na Ferradura en Tránsito cando estaba en Blogaliza:

Xa nesta arestora, as personaxes lesbianas initerésanme [sic] pouco,mesmo as leo con certa precaución. Respecto moito, absolutamente, a orientación sexual de cada quen. Eu mesmo tiven un compañeiro de pupitre que pasou de maricón a proxeneta machista… en menos dun mes. Respecto moito a escolla sexual da xente. E cando digo que respecto é que considero normal, lóxico,que as persoas teñamos o dereito a decidir a nosa orientación sexual e polo tanto nin pode escandalizar nin sorprender un [sic]escolla diferente da nosa. Unha persoa á que non se lle respecte iso é unha persoa condenada sen razón nin culpa.Como lles digo, ahi [sic] unah [sic] cousa que me preocupafondamente: o feito de que María Reimóndez, unha extraordinaria narradora, pase á historia baixo o epígrafe “Literatura Lésbica”, e, polo tanto, sexa vista como autora marxinal ou untanto especial. […] porque esa é unha maneira de ocultar unha grande narradora; o mundo que María Reimóndez quere defender pode acabar volvéndose unha lousa que impida o seu coñecemento, coñecemento exento de prexuízos que o redimensionen á baixa ou simplemente impida ollar a súa grnadeza[sic]. (“Letras lésbicas”)

Vaia por diante que hoxe ese texto íntegro xa non está en liña, desde que desapareceu Blogaliza, a menos que alguén o copiara enteiro, que eu non sei. Cando isto acontece, polo que eu levo visto en traballos académicos, indícase na BIBLIOGRAFÍA (cousa que ela non fai) que xa non está dispoñíbel ou simplemente renúnciase a usar esa fonte pola imposibilidade de que quen lea o artigo teña a posibilidade de lelo completo e corroborar. Ou dáse a versión íntegra, outra posibilidade. O máis lóxico e honrado é isto De todas maneiras a única intención que tiña este texto, este pedazo de texto da miña crítica, era que, nunha novela especialmente rica en contidos sociais (que non aparecen moi a miúdo nas nosas letras, tamén é certo), eses contidos sociais quedasen ocultos pola temática lesbiana da novela. E non outro. Dígoo por se non se decatou diso na súa lectura da miña crítica. Aquí, pódese ler a crítica enteira de En vías de exteinción (2012)

Máis adiante volverá con outro artigo de cando Blogaliza funcionaba, e que tampouco podemos acceder a el porque xa non está na web. Non vou repetir que esta práctica de María Reimóndez alónxase da ortodoxia académica nestes casos. O texto é este:

Hai aínda outra cousa que me preocupa: falamos de literatura,de personaxes, non confundir nin coa realidade nin con persoas. Acudir a argumentarios que poñen de relevo a importancia de visibilizar a muller e a historia de marxinalización coa que ten que vivir (tantas veces sen sabelo), iso é pertinente na vida real. Mais, como digo, isto é literatura, tanto pexa tratar mal personaxes femininas como masculinas, e, calquera que sexa o sexo,ocultalo non é de recibo. Na vida é comprensíbel e necesaria a discriminación positiva, na literatura sería moi perigoso e, desde logo, inxusto. (“Repercutidas”)

Tampouco renego del aínda que non teña acceso a el de forma íntegra.. Simplemente; as personaxes lesbianas son personaxes literarias, e como tales as hai que tratar, personaxes coma calquera outra. Non facelo así sería inxusto con todas as partes, ilóxico e totalmente desacertado nun texto crítico. Porque non pasa de aí, de ser un texto crítico sobre un discurso literario. Sen outra intención.

Iso non son “inexactitudes” en si, mais non deseperen.

Porque o mellor vén máis adiante. A raíz da crítica Pirata. (2009). Poden vostes ler a crítica enteira aquí, na páxina 28. Di, Reimóndez:

onde se destaca, entre outras cousas de “interese”, que: “os intres máis tenros, sensíbeis e delicados danovela, cando Mary e Anne se aman” (28) ou, unhas liñas máis tarde “É tamén unha novela na que se atenden con particular delicadeza e sensibilidade as pasaxes amatorias entre Anne e Mary”

Normal que os saliente. Había moito, moito, que na literatura galega non lía unhas pasaxes lésbicas nesas condicións. Xa podía salientalos unha e mil veces neses mesmos termos. Pero hai máis, cando di “unhas liñas máis tarde”. Ben, fagan vostedes o favor de volver á crítica orixinal e comprobar iso das “poucas liñas”. A miña crítica está édita en columnas… así que o das liñas… xa habían ser ben delas…Pero continuemos, di despois ” Considerando que a recensión só ocupa unha páxina”. Efectivamente, case. Ocupa catro columnas dunha páxina ( de cinco columnas) de A Nosa Terra, parécelle pouco? Mais dáme a impresión de que se refire a unha páxina de word, por iso das poucas liñas, que se contamos as liñas nas columnas de ANT…non son precisamente poucas.

Ben, naquela época, as miñas cíticas en ANT viñan contendo arredor de 900 palabras, unhas veces excedía o número e outras veces esta era menor, pero sempre por pouco. Neste caso concreto son 905 palabras no roixinal que eu mandei a ANT. Proben a metelas nunha páxina de word predefinido. Xa teñen que usar unha letra (eu uso Time New Roman 11) ben pequena e o interliñado máis simple para que lles caiba nunha páxina. E non son poucas liñas, son máis de 19, case 20, en distintos parágrafos, cousa que tamén é significativa.

Iso xa é unha inexactitude…

Pero entenderase mellor todo isto se a cita fose completa: “Chegarán logo os intres máis tenros, sensíbeis e delicados da novela Cando Mary e Anne se aman, e non será unha única vez” . Comproben na crítica orixinal. O salientado é noso. Agora enténdese mellor, que duplicase a referencia non? O que mudan as cousas se as citas non se apañan para consumo propio…

E xa van dúas.

Tamén di que uso o concepto de “canto lésbico” como algo negativo. Pois non, simplemente me refiro a unha realidade literaria, Nun texto crítico deben evitarse conceptos valorativos, porque son subxectivos, aínda que a maioría de lectorado é precisamente o que quere ler (“bon” ou “malo”) e ás veces se caia por iso no defecto. Por certo, nos textos académicos pasa o mesmo, e Reimóndez recorre a eles con máis frecuencia do desexábel, na miña opinión.

Xusto despois fala do “voyerismo”. Así si que deu no cravo. Polo que a min respecta, e dede que tiña oito anos e lía dous cómics da Marvel (como mínimo) cada día, cada noite, en realidade, pois mentres meus pais quedaban vendo a televisión eu marchaba para a cama cos meus cómics. E, efectivamente, sentíame coma un voyeur privilexiado por ter acceso a aquelas todas aventuras.

(Un inciso. Tremendamente machistas os cómics da Marvel. Non tardaron en cansarme por iso, entre outras cousas, e porque tamén é certo que lera todos os cómics da Marvel que había en Lugo, por aquel procedemento de trocar uns exemplares por outros, lembro que os da Marvel valían 5 pesetas trocalos. Outro día falarei máis disto)

Volvendo ao do voyerismo. Que xa recoñecín. Non só nas novelas de Reimóndez. En calquera discurso de calquera autoría. E, non se esqueza, o primeiro voyeur/ ou a primeira voyeur é precisamente quen escribe…

E continúa:

Todos estes exemplos amosan, no fondo, o que a crítica lesbófoba de Eyré viña dicir: que a crítica se sente incómoda ao tratarcalquera cousa que teña que ver co lesbianismo porque no fondosegue pensando que visibilizar este aspecto limita as autoras e asmete ‘nun ghetto’.

Nada novo, continúa co da crítica lesbófoba, co do ghetto, que a raíz de En vías de extinción xa expliquei antes.

E, esquecíanos, antes:

“os moitos comentarios que lle recriminaban endiferentes tons a lesbofobia manifesta na entrada que dedicou a En vías de extinción” . Parece que os comentarios foran da época en que publiquei a crítica, cando en realidade son deste mesmo ano, porque no momento de publicar a crítica non tiven constancia deles, só aconteceu iso hai unhas semanas. Comentarios coa fiabilidade que ofrecen os comentarios en Twuiter ou Facebook… ( E o de “moitos”, volvemos aos valorativos, ao subxectivo..)

Vaia, outra inexactitude…

Pero estou alongándome demasiado no que pretende ser unha aclaración a pasaxes de Reimóndez que poden levar a equívoco. Para remate e nese contínuum que ofrece de narrativa lésbica, polo que eu lembro, non viría mal indicar tamén que non en todas as obras o protagonismo lésbico é igual. Porque, polo que eu lembro, non o é. E simplemente indicar que na temática lésbica de autoría masculina (xa sei que non ten pretensións de exhaustividade, e só para que non caia no esquezo, por se tal) non debe esquecerse a recente Camiños de paixón, de Carlos Meixide, en Galaxia.

Unha opinión sobre “aclaracións ás “pequenas inexactitudes” de María Reimóndez.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s