banda sonora de MARCO LIVORNO (Mario Regueira, Caldeirón): a rebeldía

Sempre está aí. Desde esa primeira cita de Cristiano Lucarelli: ” Una spsesa per me, un regalo. Ci sono giocatori cha si fanno la Ferrari, lo yacht. Ecco io con questi soldi mi ci sonno comprato la maglia del Livorno”. A rebeldía. O non aceptar a realidade como algo que non se pode modificar, e loitar polos soños.

E despois, no texto que introduce a poesía no eido da ficción, si aparece a música. Non é grande a listaxe de música desta banda sonora, mais si é moi importante na caracterización da personaxe e deixa ben clara esa actitude de rebeldía que aniña no fondo do poema e na obra de Mario Regueira.

Comeza mencionando a Senza Sicura. O título que menciona é “Nel buio illumina”, nós non atoapmos esta canción e no seu lugar escollemos este “Figli della Patria”

Despois, a quen menciona é á Banda Bassotti. Tampouco dá título. Deles é este “Amore e Odio”

Da mesma Banda Bassoti, esta “Fischia il vento” que tamén menciona, canción mítica da resistencia italiana.

E da mesma Banda Basssoti, tamén a popularísima “Bandiera Rossa”, ese himnno socialista-comunista que despois se popularizou.

E tamén da Banda Bassoti, esta Mockba ´993.

Finalmente esta “Urbana Legio Omnia Vincit” de Renato Russo.

Non sen esquecer que antes menciona a canción “La Solitudine”, que nós escollemos na versión de Leila Pinheiro e Renato Russo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s