autotradución e reescrita, interesantísimo comentario de PEDRA, que vai máis alá da concepción bilingüe do texto.

“Na miña opinión, o problema non é tanto a autotradución coma a reescrita. Autocítome:

Hai escritores, como Domingo Villar, autor de Ollos de auga (2006) e A praia dos
afogados (2009) que non só publican a un tempo as súas obras en galego e castelán,
senón que falan da autotradución coma dun proceso case simultáneo. “As dúas edicións medraron xuntas, ás veces en paralelo, ás veces contaminándose mutuamente.
“Escribo en galego e logo traduzo”, explica Villar, “pero hai cousas que volven. Non
sei se enriquezo ou estrago o orixinal, pero o proceso de reescrita acaba modificando a
primeira versión.”

Para Villar, “O lector máis profundo dunha obra literaria é o tradutor, e eu teño a sorte de poder compaxinar estas dúas olladas. Se a ninguén lle
sorprende que un pintor mude o grafito polo óleo, non sei por que tería que sorprenderlle que un escritor manexe dúas linguas.”

(…) contrasta coa despreocupación de Suso de Toro na autotradución de Ambulancia, na que “llegó a resucitar en la versión autotraducida (…)
a un personaje que en el original gallego había muerto”, ou a daqueles autores, coma Alfredo Conde, que aproveitan a autotradución non só para corrixir, senón para
reescribir, recoñecendo implicitamente que o orixinal en galego é só unha versión que
non ten porque ser a definitiva, a traducible, a canónica.

Para ilustrar a problemática entre autotradución e reescritura no que atinxe á obra de Conde, podemos acudir ao artigo de Tavani sobre a tradución ao italiano de Xa vai o
Griffon no vento:

“(…) quero referirme á autotradución, é dicir á tradución, feita polo propio autor, a unha lingua diferente da súa, e que en efecto non sería clasificable como verdadeira retradución, posto que representa máis ben unha modalidade «outra» da obra orixinal, coa cal comparte a
paternidade e a dignidade da escrita, mais que aínda é, como calquera tradución, un obxecto
literario diferente do texto de partida.”

Segundo conta Tavani, cando despois de ler o Griffon lle propón a Conde a posibilidade de traducir o libro ao italiano, o escritor ofrécelle un exemplar da autotradución da obra ao castelán,

“Daquela eu era apenas un aprendiz no oficio de galeguista, e ter a posibilidade de verificar a exactitude das miñas interpretacións —cotexando o texto galego cunha versión que para min nese momento era lingüisticamente máis accesible—, pareceume moi útil, e polo tanto dispúxenme a traballar contemporaneamente sobre as dúas versións, o orixinal galego e a tradución castelá que, sendo da autoría do propio Alfredo, era para min tamén un orixinal.”

Mais o tradutor pronto abandona a lectura da versión en castelán, porque

“(…) non soamente a lingua da versión castelá resultaba menos sintética, menos suxestivamente alusiva que a da versión galega, senón tamén porque o estilo orixinal de Alfredo —alén de ser moi connotado— amosa unha «galeguidade», se me admiten a
expresión, que en parte se perde na forma castelá (…) decidín evitar o uso dese filtro
adicional entre o autor e o lector italiano e intentar, na medida do posible, reproducir
directamente ese recendo especial que se manifesta na narración e que chamei, non sei se acertadamente, «galeguidade»”.

Tavani recoñece que de non ter lido con anterioridade o orixinal en galego, “non
repararía na menor carga suxestiva do texto castelán, como sen dúbida non repararon
nesa diferenza os lectores casteláns.” Mais non é só esa perda de ’galeguidade’ a
diferenza máis evidente que Tavani atopa entre o orixinal e a autotradución:

“(…) Alfredo, ao traducirse, muda, varía, transforma o texto galego, sexa por motivos
lingüísticos determinados polas diferenzas estruturais dos dous idiomas, sexa por unha
vontade aclaratoria cara ao lector alóglota ou cara a si mesmo, sexa por motivos estilísticos ou
aínda porque si, porque a novela é súa e el ten o dereito de escribila como quere.”

A cuestión é que esas reescritas mudan o suposto orixinal, que pasa de orixinal a borrador. Coma se o orixinal en galego fose un ensaio da obra real: a tradución ao castelán.

Esaxero? Seguro que si. E de certo pérdeme a miña furia de conversa. Coma neofalante que son 🙂

Neofalante contraditoria, porque eu mesma me autotraduzo ao castelán para poder publicar. Tentando evitar a tentación da reescrita, que sempre está aí.”

…………………………………….

Primeiramente teño que parabenizar a PEDRA por tan interesante texto, que vai alén da concepción biligüe do texto, e incide na considración do texto en galego como un borrador que logo é modificado durante a tradución, aspecto que tamén teño denunciado nas miñas críticas.

Do mesmo xeito, das mudanzas nas edicións de Suso de Toro tamén podo dar fe eu.

Dá gusto ter lectoras/lestores tan ben inormados.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s