ALZIRA RUFINO, a poeta feminegra do Brasil

Como contribución a un día tan especial como hoxe, 8M, vou dar inicio a unha actividade de divulgación de 12 poetas brasileiras negras.

Por que literatura do Brasil? Porque se as relacións Galiza-Portugal son como son, malia as inicitaivas que se están levando a cabo, as relacións co Brasil son sinxelamente inxexistentes par alén dalgún caso particular que poida haber e eu decoñeza. E moita culpa é galega, teño visto Chus Pato nunha revista brasileira (Zunái) pero non vexo divulgación da poesía brasileira na Galiza.

Mooitas veces téñome preguntado como sería a evolución da poesía galega se aló polos ´70 tiveran coñecmento do “Concretismo” brasileiro en lugar de mirar tanto a Europa.

Sinxelamente, o Brasil ten unha gran literatura no século XX, e tamén hoxe, mais non se saben vender tan ben como os arxentinos, por exemplo.

Meses atrás, estas mesmas poetas que vou divulgar, xa o foron nas redes sociais a inicitiva miña, agora pretendo que esa divulgación sexa máis completa.

ALZIRA RUFINO

E se hai que comezar por algunha, o máis xusto seguramente será que comecemos con ALZIRA RUFINO, a poeta feminegra do Brasil. Porén, antes de nada cómpre indicar que a situación da muller en Latinoamérica é moi especial, e alí o feminismo evoluíu moi condicionado. Primeiro condicionado pola situación colonial, despois polo postcolonialismo, e tamén por estar inserida en sociedades que, comparadas coas europeas, son moi conservadoras, moi machistas e que, na miña opinión, subxugan a figura da muller a un papel meramente decorativo, sempre dependentes de “gustar” aos homes, sempre “ao seu servizo”. É a miña opinión, xa sei, pero non creo que me alonxe moito da realidade.

E ser negra aínda engade un plus de dificultade. Porque a loita feminista tamén se viu/ve condicionada por un racismo que a día de hoxe non é unha lembranza. E tamén polo escravismo, claro está. E mái soutra cousa, o analfabetismo entre as mulleres negras é elevadísimo.

Unha vez situado minimamente o contexto da evolución do feminismo, cómpre facelo da actividade das escritoras, das poetas, neste caso, que se enfrontaron ás dificultades expostas anteriormente e, por suposto, tiveron/teñen que loitar nunha sociedade (a brasileira) onde a muller é fortmente dependente.

Así as cousas, o mellor nome para comeza é o de ALZIRA RUFINO ( Santos, 1949). Muller, negra aínda por riba, e activista convencida na loita polos dereitos da muller, e particularmente polos dereitos da muller de orixe africana. Por iso o apelativo de feminegra. Unha muller íntegra, qua nunca afouxou na súa loita e logrou éxitos remarcábeis. E tamén unha poeta moi interesante.

Para quen queira afondar na figura de ALZIRA RUFINO, deixamos esta ligazón , que minimamente nos pon en contacto coa súa loita no marco do Movimento de Mulheres Negras, aquí tan descoñecido. Recomendo moi seriamente a lectura desta ligazón, porque o activismo de Alzira é moi salientábel.

Mais o obxectivo deste artigo é divulgar textos desta autora, sobre todo a poesía. Poeta cun longo percorrido, esta é unha pequena selección do seus poemas na rede, sobre todo do seu último libro, e algúns do anterior.

RESISTO

De onde vem este medo?
sou
sem mistério existo
busco gestos
de parecer
atando os feitos
que me contam
grito
de onde vem
esta vergonha
sobre mim? 

Eu, mulher, negra,

RESISTO.

(Eu, mulher negra, resisto, p. 14.)

……………………………………………….

Levante

nêgo chorará não
não chorará não
vão te pôr
para fazer esse chão
sei que teu mundo
é de guerra
nêgo bonito
tu não sabes
que força odara
tu tens de obá
teus pés amarrados
correntes de safado
qué te segurá

(Eu, mulher negra, resisto, p. 20.)

………………………………………………..

APARTHEID

Tempo presente gera
negros gera
brancos
e a convivência
com a vida
mistura sono com
luta
os seres fazem a divisão
diferença geográfica
mudam a língua
cultuam a racionalidade
da máquina
repartem a nossa cultura
esquecem nossos líderes
símbolos mortos

nascem negros
formam trincheiras
crescem em sonhos
trocando lágrimas
aventuras guerreiras
loucos que perguntam
o significado das palavras
“é inútil resistir”

 (Eu, mulher negra, resisto, p. 26.)

………………………………………..

Brasil Palmares

Rostos com a imensidão do mar
sem pingos de desespero
negros
não mais fujões
libertam seu nome
recém-nascido
como árvore brotando flores
flores grávidas de frutos
sem cheiro de noite gemida
no peito movimento de força
e o sol fazendo a mistura
com a chama de Zumbi.

(Eu, mulher negra, resisto, p. 43.)

…………………………………………..

Eu, mulher negra, resisto

escrita
paixão se revelando
paixão nas mãos

minha face meio pedra
a perda não foi perder

pedras horas mortas 

dor nos olhos
e no cansaço
ternura na minha mão
resiste 

o silêncio que corri
os nomes que escrevi
na pele brusca do medo 

quantas vezes tropecei

(Eu, mulher negra, resisto, p. 70.)

……………………………………………..

Ladainha

vamos lá
não pra ver o que é que dá
vamos lá pra virar
não são milhas pra partir
são encruzilhadas
barricadas
pra proteger e curar
essas feridas que sangram
cicatrizes que ficam
marcas que reivindicam
um grito de verdade

(Eu, mulher negra, resisto, p. 85.)

………………………………………………..

não

não sei se tirei a couraça
não sei se rolei na cachaça
não sei se curei a ferida
pois não suporto a ausência
quando os outros dizem não
só sei que é violência
essa marca rotulada
essa coisa velada

não
minha vida diz não

(Eu, mulher negra, resisto, p. 87).

………………………………………………….

Quizá o poema máis emblemático de Alzira

Sou negra ponto final
Devolvo-me a identidade
Rasgo a minha certidão
Sou negra
Sem reticências
Sem vírgulas sem ausências
Sou negra balacobaco
Sou negra noite cansaço
Sou negra
Ponto final

………………………………………..

CRIOULA

(Alzira Rufino)

Eu sou criola decente

Não sou vil

Estou nas cordas

Em equilíbrio

De um Brasil

A minha cor apavora

Essa raça agride ouvi dizer

Não é nos dentes do negro

Não é no sexo do negro

É na arte do negro

De viver

Melhor dizendo

Sobreviver

Com essa coisa que arrasta

O tronco que tentam esconder

Mas esses troncos existem

No conviver

Os troncos estão nas favelas

Vejo troncos nas vielas

Nas moradias fedidas

Nas peles sem esperança

Nas enxurradas de não

No jogo das damas e reis

Eu me perdi

Nas rotas dos estiletes

Nas celas e nos engodos

Negro carretel de rolo

Querem fazer um mundo

Marginal criolo

……………………………………….

Pra quen queira afondar na poesía de ALzira Rufino, este artigo de Zélia Maria de N. Neves Vaz, é moi interesante.

´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´

Quero dedicar esta serie de artigos que comeza hoxe ás mulleres que teñen presenci ano meu corazón. Comezando por ANA, que morreu porque quería estar comigo. Maldita curva. Maldito accidente. Eramos moi novos.18 anos. Nunca asimilei a súa desaparición, nin o farei. Relémbroa a miúdo. Nunca falamos de amor, pero está implícito na vontade mútua de estramos xuntos. Sei que coñecerme foi algo moi positivo na súa vida. E tamén o foi para min coñecer a ANA, pouco faladora, pero sabía facer compañía coma ninguén.

IN MEMORIAM SEMPRE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s