crítica de VIRTUDES (E MISTERIOS), de Xesús Fraga, en Galaxia

A EMIGRACIÓN A INGLEATERRA, NOVELADA

Título: Virtudes ( e misterios )

Autor: Xesús Fraga

Editorial: Galaxia

Percorrer o camiño da influencia europea na literatura galega é ben seinxelo: hai que comezar coa Lírica Medieval, prosegue no Rexurdimento (en realidade xa a hai antes, pero é por dar unha liña rápida) con Pondal sobre todo, volve manifestarse na Xeración Nós (coas viaxes de Castelao e Risco como centro) e despois proseguirá coa pegada do Nouveau Roman (unha pegada case ao tempo que se manifeestaba na propia literatura francesa). Insisto que é só por dar unha liña rápida desa influencia. Porén a presencia de Europa na literatura galega como territorio tramático xa é outra cousa. E, nomeadamente, a de Inglaterra, aínda que sexa posíbel atopala antes, un título clarividente é o Oxford Amén (publicado por Xerais en galego no 2006) de Carlso G. Reigosa, mais xa se tiña manifestado moito antes, por exemplo nos relatos de Un millón de vacas (Manuel Rivas, 1990). Porén quen máis se significou novelando ficción en terras inglesas é, sen dúbida, Xesús Fraga, quen xa no A-Z (2003, Xerais) deixara pegada e agora recunca con esta Virtudes (e misterios). Premio Blanco Amor 2019. Sen que por iso esquezamos os contributos de Xelís de Toro (Os saltimbanquis no paraíso, 2000, Sotelo Blanco), do mesmo Manuel Rivas ( A man dos paíños, 2000, Xerais) ou a máis recente Os bicos feridos, de Anna R. Figueiredo, en Galaxia, 2018. Concretamente, a presenza do territorio inglés materialízase a través da emigración, e moi particularmente da emigración a Londres.

                     E, máis concretamente, o Londres da emigración de que trata Xesús Fraga nesta novela é o dunha emigración xa na segunda metade do século XX. E tampouco é a única emigración que se manifesta na novela. Antes de que Virtudes emigre a Londres, xa o fixera o seu marido a América, a Venezuela. E é precisamente esa emigración a Venezuela quen, ao non dar froitos económicos para soster a familia, que se sente abandonada, propicia a emigración de Virtudes a Londres, nun tempo ( o tardofranquismo) no cal precisaba consentimento expreso do seu marido, logra dar chegado a Londres e alí se instalará até que a xubilación a traia de novo á Galiza, a Betanzos. De toda a novela é a de Virtudes a personaxe máis complexa, mellor lograda literariamente, con esa mestura de desapego (en principio), a súa frialdade mesmo, mais sen nunca esquecer o amor pola familia; non é quen de aceptar de bon grado presentes que se lle fan (co motivo que sexa) mais ela está perfectamente ao tanto de calquera acontecmento familiar e é a primeira en non esquecelos.

                     A emigración de Virtudes a Londres é a emigración dunha perosa sen estudos que ten que conformarse con empregos mal pagados (sobre todo no inicio), empregos humildes e duros que debe sacar adiante con moito esforzo mentres á vez se vai facendo “dona” da cidade, ou polo menos da parte da cidade en que reside, como un novo espazo xeográfico, o espazo xeográfico da esperanza e da prosperidade que remesa á Galiza, non coma o seu esposo, que nunca mandou un peso desde Venezuela, que por non  mandar non mandaba nin noticias súas. A esta emigración de Virtudes seguirá logo a da súa filla, que xa se interesa por aprender ben e perfeccionar o idioma inglés, do que mesmo imparitá docencia (privada) na súa volta á Galiza. E téñase en conta que é alí, en Londres onde nacerá o seu fillo, o neto de Virtudes, como o mesmo autor, Xesús Fraga.

                     Digamos tamén que é esta unha emigración máis independente, máis individual, e moito menos cargada de matices políticos que a a anterior a América. Hai que ter en conta que partmimos do tardofranquismo mais boa parte da novela é emigración en tempos xa de “democracia”.

                     Cómpre dicir que a novela se explica como unha procura da identidade familiar do propio autor, ou autor implícito que tanto coincide co mesmo autor real, na nosa opinión, de xeito que a novela se ve salferida por fotografías das diversas personaxes que habitan a novela. Se cadra, esas mesmas fotografías que tamén serán descritas polo narrador, están demais. Ou elas ou as descricións, pensará alguén. É certo que ralentizan o desenvolvmeento da trama, as descricións si, mais tamén é certo que Xesús Fraga nos ofrece nos comentarios pormenores que moi probabelmente ao lector ou lectora se lle puidesen escapar doadamente, e isto resulta impagábel,

                     E cómpre tamén poñer en relación este tipo de realismo, porque a novela é unha novela absolutamente realista que mesmo se achega ao documentarismo (mesmo ao naturalismo) con outros títulos que se moven arredor da autoficción (como a de Gonzalo Hermo, Diario dun enterro, ou a de Berta Davila, Carrusel, as dúas tamén en Galaxia) podemos observar movementos dentro do realismo, aínda máis evidentes se temos en conta que nos últimos tempos saíron á luz un bo número de distopías, porque, claro, as distopías nacen dunha crítica ao presente, ao presente e asemade ao realismo, por suposto.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s