crítica de 48 HORAS, de Cándido Paniagua Pousa, en Xerais.

AVENTURA ANTELÁ

Título: 48 horas

Autor: Cándido Paniagua Pousa

Editorial: Xerais

O verán sempre é bon tempo para botar unha ollada ás publicacións LIX, tanto de cara ao curso que vén (que neste caso igual comeza con outro confinamento) como de cara ao lecer estival. En realidade sempre é boa hora para sabermos que len @s nos@s adolescentes, porque debemos sabelo, ignoralo é de parvos.

                     Pois ben, esta 48 horas de Cándido Paniagua é unha novela para adolescentes, a primeira deste xénero que o limiao escribe. Cándido xapublicara no 2018 a novela negra (presentación editorial) O caderno de erros (Tandaia). E agora tócalle a esta novela para adolecentes que publica Xerais e que contén moitos deses contidos temáticos que, en teoría (porque na realidade as cousas poden variar moito), adoitan ser das preferencias de lectoras e lectores destas idades. Digo “adoitan”, porque a experiencia ensinounos que non interesan por igual aos dous sexos. Falamos de temas como as primeiras relacións interpersoais, a amizade, os lugares-recantos propios onde se reunen @s adolescentes…Cousas así.

                     Toda a trama se desencadea cando un destes adolescentes, mentres facían un traballo audiovisual para a materia de Historia, desaparece misteriosamente. Entón, a policía, os viciños e @s mesm@s compañeir@s se poñen ao  labor de atopalo canto antes. Iso é parte do que se conta na novela, a  parte da trama que en principio debería funcionar como a ancoraxe de quen le na lectura. De feito, todo está disposto na novela para que iso sexa así, ao írsenos informando puntualmente do paso do tempo desde a desaparición. Porén, na nosa lectura, o que máis nos interesou foron precisamente os datos que sobre a historia da Lagoa de Antela @s moz@s van deixando no seu traballo, que tamén aparece contado na trama. Hai veces que mesmo parece que teñan a lagoa detrás mentres a presentadora e o presentador van deixando eses datos eruditos curiosos, históricos e pouco coñecidos. Deste xeito, a novela conta con tres grandes fontes (ou frontes) desde as cales manter a curiosidade lectora. Primeiramente, a procura do desaparecido (por parte da policía, d@s viciño@ e d@s amig@s); en segundo lugar ( e paralelamente ao anterior) unha especie de “xogo do tesouro” (tesouro que neste caso é a aparición do mozo) que se lle propón a un dos amigos, ao cal se lle van deixando pistas para conseguir o obxectivo de atopar o desaparecido; e en terceiro lugar os xa mentados datos eruditos sobre a historia da Lagoa de Antela, datos históricos e tamén lendas, precisamente cunha delas ten moito que ver o remate.

                     No lado negativo hai que contar dúas cousas, e ambas e dúas teñen que ver cunha exposición demasiado apresurada, o cal leva a que esas dúas pasaxes deberan contar cuha explicación máis demorada en nome da vesomellenaza. Referímonos primeiramente á páxina 92 ( “Un gupo de avelaíñas recibiuno con grandes honores. O máxico canto das aves amenizaba o paseo”) onde parece que se poden identificar “avelaíñas” e “aves”, e de feito así o fará quen non coñeza ambos, por máis que as avelaíñas adoitan ser/aparecer nocturnamente ou no lusco-fusco e non é entón precisamente cando máis cantan as “aves”. E, no segundo caso, xa na páxina 180 (“Enriba, o galo dentro da gaiola. O animal estaba a sufrir. Tiña a lingua fóra, atada cun fío de seda aos arames superiores”); por moito que as pitas e galos teñan lingua esa oapercaión non debe resultar nada sinxela de facer. En ambos casos cumpriría unha exposición máis demorada que contivera unha explicación que eliminara posíbeis dúbidas ou interpretacións perigosas.

                     Por outra parte, tamén hai que comentar que na novela se empregan plataformas-rexistros escriturais diversos; como é o caso das reportaxes xornalísticas e, sobre todo, da linguaxe das redes socias que seguramente han ser moi do agrado do lectorado adolescente dunha novela na cal, máis ca protagonista central ou heroe central…se procura unha coralidade de personaxes que lle sentan ben á novela. E, como a novela non é moi extensa (pouco pasa das 200 páxinas) hai que anotar como un mérito o feito de contar con moitas personaxes e que estas estean ben configuradas e diferenciadas nos seus carácteres malia o pouco espazo de que se dispón para o efecto…

ASDO.: Xosé M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s