A vinganza de Bolosonaro: máis armas, menos libros.

Sempre me preocupou moito o bolsonarismo. Estamos cun oceano de por medio, mais as ideas ultraconservadoras non se deteñen en fronteiras e teñen sempre a mesma vítima: a poboación máis pobre, a xente máis exposta socialmente e con menos medios. E ver o que pasa cos demais é unha menira de prever o que nos pode pasar a nós.

Hai uns meses, nestas páxinas divulgamos unha parte da poesía contra Bolsonaro, non toda, unha parte significativa. Ficou desde o inicio, ben claro que a poesía negra, a poesía preta, as mulleres pretas e poetas, tiveron un papel moi salientábel na resposta antibolsonarista. Son consciente de que o movimento antibolsonarista non é unicamente cuestión da xente preta, ou d@s artistas negros. Nin sequera é cousa de poetas e artistas, senón que atinxiu á sociedade en xeral. Porén teño motivos para comezar falando da poesía de muller negra, xa verán.

Certamente, aquí levamos tempo afeitos á combatividade da ultradereita contra a cultura. Todos lembramos o “Viva la muerte; abajo la inteligencia” de Millán Astray. E somos perfectamente conscientes de como a ultardereita pretende que as touradas sexan cultura, as touradas ou a caza. E que o libro, a verdadeira cultura, prefiren que sexa obstaculizado canto máis mellor porque a cultura é un axente uniformizador socialmente falando e eles queren seguir amosándose como clase social privilexiada e intocábel, de xeito que o común dos mortais non teñamos acceso á promoción social mediante a cultura.

Na miña opinión, desa envexa clasista nace a loita anticultural que caracteriza a ultradereita en todo o mundo. Mais no caso do bolsonarismo é fácil ver, nesa taxa do 12%, unha actitude de vinganza contra o mundo da cultura que se posicionou contra as súas ideas, e que foi un movimento socialmente amplo. A fin de contas, máis balas e menos libros vén sendo a mesma cantilena de Millán Astray. Mais, nun Brasil onde o 44% non ten relación co libro nunca ( e o 30% nunca comprou un libro) e os índices de leitura son moi baixos, esta vinganza bolsonarista é unha condena para as clases sociais máis necesitadas, para que non lles sexa acccesíbel a cultura como factor de corrección das desigualdades. E tamén unha vinganza contra @s creadores e creadoras, para que a súa obra non se difunda ou que o faga o menos posíbel.

Ben, pois eses índices de leitura son aínda menores entre a poboación negra e particularmente entre as mulleres negras. Hai un feito revelador, as poetas máis novas, para difundir mellor as súas mensaxes acoden á manifestación literaria oral (canles no youtude, por exemplo) para asegurarse unha recepción o máis ampla posíbel. De xeito que a medida bolsonarista precariza aínda máis a leitura entre a poboación negra.

Xa ven, esta medida non só é un ataque á cultura, tamén ten boa parte de racismo.

Remataremos con Elisa Lucinda e o seu emblemáico “Só de sacanagem”

Meu coração está aos pulos!
Quantas vezes minha esperança será posta à prova?
Por quantas provas terá ela que passar? Tudo isso que está aí no ar, malas, cuecas que voam entupidas de d
inheiro, do meu, do nosso dinheiro que reservamos duramente para educar os meninos mais pobres que nós, para cuidar gratuitamente da saúde deles e dos seus pais, esse dinheiro viaja na bagagem da impunidade e eu não posso mais.
Quantas vezes, meu amigo, meu rapaz, minha confiança vai ser posta à prova?
Quantas vezes minha esperança vai esperar no cais?
É certo que tempos difíceis existem para aperfeiçoar o aprendiz, mas não é certo que a mentira dos maus brasileiros venha quebrar no nosso nariz.
Meu coração está no escuro, a luz é simples, regada ao conselho simples de meu pai, minha mãe, minha avó e os justos que os precederam: “Não roubarás”, “Devolva o lápis do coleguinha”, “Esse apontador não é seu, minha filha”. Ao invés disso, tanta coisa nojenta e torpe tenho tido que escutar.
Até hábeas corpus preventivo, coisa da qual nunca tinha visto falar e sobre a qual minha pobre lógica ainda insiste: esse é o tipo de benefício que só ao culpado interessará. Pois bem, se mexeram comigo, com a velha e fiel fé do meu povo sofrido, então agora eu vou sacanear: mais honesta ainda vou ficar.
Só de sacanagem! Dirão: “Deixa de ser boba, desde Cabral que aqui todo mundo rouba” e vou dizer: “Não importa, será esse o meu carnaval, vou confiar mais e outra vez. Eu, meu irmão, meu filho e meus amigos, vamos pagar limpo a quem a gente deve e receber limpo do nosso freguês. Com o tempo a gente consegue ser livre, ético e o escambau.”
Dirão: “É inútil, todo o mundo aqui é corrupto, desde o primeiro homem que veio de Portugal”. Eu direi: Não admito, minha esperança é imortal.
Eu repito, ouviram? Imortal! Sei que não dá para mudar o começo mas, se a gente quiser, vai dar para mudar o final!

E é que a ultradereita e as súas ideas culturais demostran que non son xente, non pasan de mentes precarias, coas neuronas xustas para non mexar por si ( que di o Alfonso Piñeiro, político chantadino agora “na reserva”)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s