algúns mitos sobre lectura en idade escolar (adolescencia)

Os venres, normalmente escribo sobre poesía. Porén hoxe pareceume oportuno lembrar algúns “mitos”, ou falsos mitos, da lectura na adolescencia.

Comezamos.

É QUE @S ALUMN@S NON LEN. Mentira. Non tod@s len libros no seu tempo de lecer. Porén abonda que o fagan un/unha ou dous/dúas por aula para desde aí dinamizar a lectura en tod@s @s demais. A curiosidade é unha das características máis propias da adolescencia e, sabendo que unha lectura foi do agrado de fulaniña ou fulaniño…desde aí resulta sinxelo dinamizar a lectura porque ninguén quere quedar á marxe dun lecer que funciona. Só é necesario socializala, facela pública. Alen diso, a lectura non só se fai en libros, existen otras plataformas igual de válidas (internet, revistas, banda deseñada…).

O que sucede é que os docentes adoitan descoñecer por completo as lecturas que @s alumn@s fan no seu tempo de lecer. Sabelo resulta dunha utilidade extarordinaria porque informa das preferencias lectoras d@s alumn@s. Ademais gústalles que llelo pregunten, que @s docentes se interesen polo seu mundo lector. Tamén é frecuente que @s adult@s minusvaloren esas lecturas. Erro monumental. Todo ten o seu tempo e non podemos pretender que @s alumn@s lean cos mesmos intereses que temos nós (por ende intereses a miúdo herdados moitas veces históricamente e desde coñecementos adquiridos na formación d@ docente, nin sequera por experiencia lectora propia).

Curioso: a niña experiencia como docente indícame que son precisamente @s docentes os que menos len. E NON PODE TRANSMITIR PAIXÓN POLA LECTURA QUEN NON LE.

E SE LEN NON SABEN O QUE LEN. Falso. Si que saben o que len, porén os seus intereses lectores non teñen porque ser os mesmos ca os nosos; o tempo fai que sexan distintos. Se queremos que compartan os nosos intereses lectores, temos que monitorizarlles a lectura de xeito que lles sexa accesíbel tal mensaxe ou forma literaria que a nós nos interesa que vexan. Hai que tender pontes, moitas veces de xeito individual. E non é un “sacrificio inútil”, @s alumn@s nestas idades agradecen moito poder acceder ao mundo d@s adult@s. Pode que non tod@s logren as metas que lles propoñemos no momento que esiximos. Todo ten o seu tempo, xa chegará.

TOTAL, AÍNDA QUE LEAN SON COUSAS SEN IMPORTANCIA. Que? Son de moitísima importancia porque nos amosan cales son os seus intereses lectores, as súas preferencias. Do resto, tampouco lles podemos esixir qur teñan as mesmas apetencias lectoras d@s adunt@s. Iso é unha parvada. O que hai que facer é que os adultos lean primeiro “eses libros sen importancia”. Se cadra, e cadra case sempre, “eses libros sen importancia” agachan valores que @s adult@s non agardaban.

Se @s adult@s (docentes e nais/pais) non se interesan polas lecturas d@s alumn@s, resulta inxusto e paradoxal que pretendan que @s alumn@s se interesen por “lecturas adultas”.

O MESMO TÍTULO PARA TODA A AULA. É un disparate que debería ter pasado á historia. Lamentablemente non é así. Sinxelamente, os intereses lectores e o nivel lector d@s alumn@s son moi dispares. Pretender que desde esa diversidade cheguen ao que aos docentes lles interesa… é como pretender que , indiferentemente das condicións físicas de cada alumn@ corran tod@s os 100 metros no mesmo tempo.

Póñanse na situación. Ler un libro por avaliación, repetimos, é un disparate. Póñanse na situación. Temos que ler unha novela de 300 páxinas en tres meses. Se lemos un capítulo cada semana seguramente remataremos o libro…mais a lectura non valerá de nada porque é moi-moi complicado que cando lemos o segundo capítulo lembremos ben o primeiro. E así sucesivamente. Concentrar as sesións lectoras na medida que @s alumn@s poidan…é algo irrenunciábel. E tamén hai que ter en conta que a dispoñibilidade horaria/temporal para realizar a lectura vai variar de alumn@ a alumn@. Nestas, outra volta, a monitorización lectora resulta indispensábel.

Digo que é un disparate que non pasou á historia. Como responsábel do Plan Lector pedía a tod@s @s alumn@s do centro, no remate do curso, un informe sobre o que leran no ano escolar. Resultado: 3 títulos en Lingua e Literatura Castelá, 3 títulos (como moito) en Inglés e otros tantos en Francés. É dicir, un por avaliación. Em LLG lían como mínimo 6 títulos, moi frecuentemente máis, moitos máis.´

É que son títulos imprescindíbeis no currículo e tod@s teñen que coñecelos! Ben, os currículos deben ser adaptados ás posibilidades lectoras de cada curso, de cada grupo de alumn@s. Non podemos pretender facelo ao revés. Doutra banda, que interesa máis: que @s alumn@s desenvolvan paixón pola lectura…ou que lean determinados títulos independentemente de que estean capacitados para acceder ao que @s docentes pretenden? Na niña opinión interesa máis o primeiro, logo xa lerán eses títulos tan imprescindíbeis cando sintan a necesidade e estean preparad@s.

Tamén teño que dicir que raramente @s docentes teñen coñecemento do que @s alumno@s leron con anterioridade a iso, a ser alumnos seus. Polo que, preguntárlleo, preguntarlles que leron antes, resulta indispensábel. Porén, a práctica habitual é tirar para adiante co temario ignorando iso. O maldito temario!

É QUE NON LLES GUSTA LER. Falsísimo. Si que lles gusta, mais non a todos lles interesan as mesmas lecturas, exactamente como nos pasa de adult@s. Cando @  docente coñeza eses intereses, entón pode programarlles lecturas que non rexeiten, pola contra lecturas que @s satisfagan. Coñecer eses intereses d@s alumn@s é sinxelo, abonda preguntarlles.

LIBROS, LIBROS, LIBROS. A lectura é un campo moi amplo, non só se fai desde os libros. Internet. Banda deseñada. Revistas. Etc. Que @s alumnos sexan conscientes desta variedade, desta riqueza, é moi útil. A lectura en soportes alternativos ao libro é tan válida coma calquera outra

NOVELAS, NARRATIVA, É O QUE MELLOR LEN. Mentira. O teatro require menos tempo á hora da lectura, e resúltalles igual de pracenteiro, ou máis

E tamén está a poesía. “Xa, mais ten que ser poesía histórica. Entenden a Rosalía de Castro, porén a poesía actual seguro que non a entenden”. Quen di iso é que tampouco entende a poesía actual. Alén diso, Rosalía é unha lectura da que tirar moito proveito. E, por outra banda, non se perde nada por intentalo, pode que nos sorprendan máis a miúdo do que imaxinamos.

LER É ALGO SERIO. Pois nin tanto. A esas idades, o aspecto lúdico da lectura é irrenunciábel. O cal non quere dicir que “os contidos serios” lles pasen por alto. Desdramatizar a lectura é tan necesario como coidar que cheguen a eses contidos “serios”. Revistas de humor, banda deseñada, etc. non son lecturas menores nin desprezábeis. Pola contra, son moi útiles: realízanse en pouco tempo, resúltanlles satisfactorias e predispon@s a aceptar despois otras lecturas máis complexas.

A LECTURA É COUSA D@S DOCENTES DE LINGUA E LITERATURA. Falsísimo. Todo Plan Lector debe establecer que a lectura é un interese transversal. Sinxelamente: canto máis e mellor lean, maís e mellor estudarán calquera materia. Cae de caixón, non se pode estudar sen ler. Por iso, @s docentes de materias diferentes da Lingua ou Literatura farán ben en interesarse polo que len @s alumn@s, intersarse e animalos. E non é moi común isto. E resulta inxusto que un docente de Lingua e Literatura aconselle lecturas “científicas” (libros de divulgación científica, revistas, etc…) mentres @s docentes “científic@s” non miran nada pola lectura d@s alumn@s.

UNHA LECTURA NON REMATADA É UN FRACASO. Mentira. O único fracaso e non intentalo. Do resto, tal e como nos pasa de adult@s, non todas as lecturas teñen que ser do seu agrado. Se pasa iso, abandónase esa lectura e procúrase outra máis acorde aos seus intereses ou que lles dea mellor impresión. É certo que non se debe abandonar unha lectura antes de ter lido un terzo das páxinas, como mínimo; porén @ alumn@ debe saber que, se non lle interesa esa lectura, pode deixala e coller outra. E tamén é certo que, para considerar que unha lectura non paga a pena continuala…é necesario que a lectura dese primeiro terzo fora concentrada, non unha páxina cada día, por sinal.

LISTAXES ABERTAS DE LECTURAS. Imos mellor, se esas listaxes varían de avaliación en avaliación proporciónalles a alumn@s a posibilidade de elección entre un abano de lecturas xa considerábel. Iso é moi importante, que poidan elixir. Se a listaxe é única para todo o ano escolar, xa é outra cousa, pouco se avanza. O ideal é que @s alumn@s poidan escoller entre todas as existencias da Biblioteca; e que @ docente os vaia iniciando nas diferentes posibilidades xenéricas. Non todo vai ser narrativa. O teatro é para @s alumn@s unha sorpresa sempre moi agradábel, ademais é unha lectura que se realiza en pouco tempo. A banda deseñada, outro tanto. Por riba, esta variedade e posibilidade de elección demóstralles a alumn@s que a lectura non é unha “imposición” coa que hai que “cargar” como mellor se poida, senón unha posibilidade de lecer que tamén ten aplicación didáctica

@S ALUMN@S NON CHEGAN Á ESO PREPARADOS PARA O MUNDO DE LECTURAS QUE @S AGARDA. Totalmente certo. Son moi pouc@s @s que xa teñen hábito lector, aínda que haber, hain@s e as súas lecturas non son precisamente para desprezar/minusvalorar. Xa falamos diso. A maioría é certo que pouco leron. Que cheguen á ESO sen ter lido un libro enteiro é máis frecuente do que pode parecer, segundo a niña experiencia. Por iso é tan importante esta etapa que comeza agora: é cando van desenvolver ( ou non, depende de quen @s guíe) o gusto pola lectura, é cando van descubrir todo o que lles pode ofrecer o mundo da lectura, de aí que insistamos tanto na variedade xenérica .

@S ENCARGADOS DA BIBLIOTECA OU CLUB DE LECTURA ADOITANSER DOCENTES QUE DESA MANEIRA ENCHEN O  SEU HORARIO. Moi certo. As direccións adoitan “ecasquétarlles” a Biblioteca a quen doutro xeito non dá enchido o seu horario. E claro, o resultado é nefasto, absolutamente nefasto. A Biblioteca debe levala alguén que coñeza o mundo  do libro, que teña moitas lecturas feitas, que estea ao día respecto ao mercado editorial. Só desa maneira poderá aconsellar boas lecturas. Porque @s alumn@s necesitan quen @s aconselle, moito.

LISTAXES DE TÍTULOS QUE SON UNHA GARANTÍA DE ÉXITO PORQUE NOUTROS CENTROS TIVERON BOA ACOLLIDA. Case unha parvada. Nas xuntanzas do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), a “caza” destes títulos era unha obsesión que a min me producía riso. Non tod@s @s alumn@s teñen as mesmas preferencias, os mesmos intereses. E isto, moitas veces varía dependendo da zona xeográfica onde nos atopemos, da clase social á que pertence a familia d@s alumn@s e variábeis polo estilo. Os clubs de lectura adoitan ter como responsábel persoas máis integradas no mundo da lectura, mais tampoco sempre. 

Ademais, esas listaxes resultan unha uniformizadora, cando o que caracteriza os intereses lectores na adolescencia é xustamente o contrario. Non vou negar que hai determinadas lecturas que ninguén quere perder. Mais varían de centro a centro, de vila en vila, de cidade en cidade…se se lles porporciona variedade lectora. Do contrario, pura uniformización intelectual. 

 A AFECCIÓN POR LER RESPONDE A UN INTERESE INDIVIDUAL. Coma calquera outra afección, nin máis nin  menos. Porén, a lectura non debe ficar no ámbito individual, na intimidade. Non sempre. Socializar a lectura consiste en falar públicamente de lecturas que se teñan feito. Dedicar unha aula a que @s alumn@s se conten entre elas/eles as lecturas que fixeron, se lles gustaron ou  non, etc. ….é unha experiencia moi enriquecedora para @ docente, entre otras cousas permítelle coñecer moito mellor as inclinacións lectoras d@s alumn@s.   

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s