subliñados de COBIZA, de María Reimóndez, en Xerais.

“Se sabe que teño a menciña o castigo ha ser peor” 35

…………………….

“Esa <base de clientes> con cartos para pagar un ser que lles dea a vida eterna: o órgano que precisan, a fantasía sexual que desexan, o animal de dúas pata que exhibir, cultivar e desbotar cando sexa preciso sen todos os problemas dos bots. <Un investimento en vida>  (37)

…………………………

“Cando vexo a Ruben achegarse da man de Dandara dóeme todo o corpo do que bateron en min” (38)

………………………..

“(…) todas as mulleres unha reunidas na súa voz.” (52, a redacción pode ser mellor)

………………………..

“Que lonxe quedan xa esas leccións neste mundo de beneficios e proveitos, de competitividade, de usar os corpos dunhas para o beneficio doutros. Un mundo de caixas pechadas, de parelliñas, de restricións disfrazadas de liberdade” (78)

………………………..

“E aínda así, a maioría dos seres viven escravizados a producir para uns poucos” (85)

…………………………

“Os pais teñen máis dereitos” (89; unha cousa que contrasta fortemente coa realidade de hoxe)

………………………….

“O único importante é a infertilidade cando non nace xente da cor correcta, do lado do mundo correcto, do xénero e habilidades correctas” (94. Infortunadamente, hoxe, cando non se nace coa cor correcta, do lado do mundo correcto, de xénero e habilidades correctas…as limitacións non se restrinxen á infertilidade….senón a case todos os aspectos en que se manifesta a vida; porén, é tanto así que abonda mentar a infertilidade para nos decatar da discriminación total existente)

…………………………

“(…) non hai quen produza barato o alimento para logo venderllo caro procesado” (94, redacción execesivamente lineal, sintaxe moi primaria)

…………………………

“Logo proseguiu, máis seriamente, pensando a medida que falaba.” (100; tamén redacción inapropiada, se é que “máis seriamente” se refire a “pensando” e non a “proseguiu”, ou ao conxunto de “proseguiu pensando”….entón ese “máis seriamente” debería situarse despois do segundo verbo. En xeral, os encontros verbais non son nada amigos de levar a modificación entre as dúas formas, porque o lóxico é que esas modificacións teñan que ver co conxunto verbal.)

…………………………

“(…) a cooperación é o requisito máis básico e necesario para a vida” (102. Desde logo. En todos os aspectos.)

…………………………

“Nesa porta que está ao final do túnel que senta a esencia do pracer do corpo, no noso centro, ao cal se accede entre as nosas pernas” (103. Dá arrepíos esta consideración das persoas. A despersonalización é moi típica das distopías, futuristas ou non, quizá habería que establecer unha clara diferenciación entre as que prescinden dos sentimientos e as que non. Sería útil e clarificador.)

……………………………

“É unha forma tan poderosa de control que os que denominan homes se dedicaron séculos a escravizar as que denominan mulleres para dominala” (105. O dito anteriormente. Nin quero nin podo negar unha realidade histórica evidente. O cal non quere dicir que comprenda ese tipo de relacións interpersoais. Outra manifestación social capitalista, onde sempre ten que haber quen mande (ser superior) e quen obedeza (ser inferior), porén isto tamén acontece en sociedades aínda non industrializadas, porque a relixión ou “usos e costumes históricos” o mandan.)

…………………………..

“O esperma humano, en xeral de mala calidade, é doado de conseguir e enriquecer, mesmo transmutar de animais usando os medios adecuados. Os estudos son moitos”. (105)

…………………………..

“(…) para convencer a máis da metade da especie de que reproducirse é o mellor contributo que pode facera o planeta.” (105. Son pai, e antes de selo pensei moito se era o mellor momento para traer alguén novo a este mundo. Porén, cando chegou, xa non tiven dúbida ningunha; o amor que sentes polo fillo, as alegrías de ilo vendo medrar, aínda nunha sociedade tan inxusta como esta, fan que esquezas calquera outra cousa: el, o neonato neste caso, é o centro da túa vida. É unha experiencia que só é superada pola da nai, eu sempre quixen ser muller para ser nai, levar un fillo de quen amas dentro, durante nove meses, debe conlevar unha sentimentalidade excepcional, única. Infortunadamente, como acontece na novela, tamén existe a posibilidade que o que levas dentro non sexa desexado senón froito do abuso, unha situación excesivamente habitual nunha sociedade que se pretende civilizada)

…………………………..

“ <(…) da súas estruturas de opresión divididas entre machos e femias que endexamais existiron fóra da estúpida ollada humana> (107. Considerar o sexo como unha estrutura de opresión, de dominación, non o podo negar, son moitas as evidencias, pódeme, non vai comigo. Por máis que o tente, non entendo ese tipo de relacións interpersoais, parécenme estúpidas, sempre é estúpido considerarte superior a outra persoa por algo tan accidental -ninguén escolle o sexo- como iso. Desde o meu punto de vista, nas relacións interpersoais sempre debe primar a comprensión. Somos tan diferentes que a comprensión d@ outr@ fainos moito máis ric@s e sabi@s)

…………………………..

“E a reprodución é o máis fermoso que hai na vida dunha muller, o que lle dá sentido e un lugar na sociedade” (110. Odioso mantra de orixe relixiosa que restrinxe moitísimo, moitísimo, as posibilidades de realización persoal da muller)

…………………………..

“ A miña tarefa principal como científica era a de crear seres que puidesen facer esa función rerpodutora sen todos os problemas que as mulleres provocan “ . (123, supoño que quererá dicir “ás” mulleres. A redacción tamén é mellorábel)

……………………………

“Seren vasillas sen vontade” (123. A imaxe é poderosa, tamén expresión perfecta da ausencia de sentimentos)

……………………………

“Era iso o que significaba realmente ser home? Pensar que os corpos dos demais son da túa propiedade e que podes facer con eles o que queiras?” (126. Xa o dixen. Se se é home para iso significa, para min, non querer selo. Eu non quero ser dono de ninguén. Nin quixen nunca. Representa perder unha posibilidade de enriquecemento cultural e humano, como mínimo…e é moito máis alegre e satisfactoria relación de igualdade…e tamén a mellor maneira de evitar a soidade)

……………………………..

“(…) un mundo novo e mellor para todos os seres vivos.” (138)

…………………………….

“(…) as cerimonias que nos ensinan no colexio: o cortexo, a aceptación, a submisión, a fidelidade e o deber” ( 148. Retrato da sociedade patriarcal que nin comparto nin entendo, xa falei diso)

…………………………..

“ -A interdependencia só existe cando se respectan as decisións e as vidas alleas” ( 161. Non podo estar máis de acordo)

…………………………..

“ E, por despistar a competencia, asegúrate de participar antes de marchar nalgúns encontros e congresos con xente da Capital do Leste.” ( 179, a redacción tamén é excesivamente lineal, demanda pausa antes de “antes” e despois de “marchar”, semanticamente resulta máis claro, e sintacticamente máis correcto.)

………………………………

Ben, estes son os subliñados que fun facendo mentres lía, algúns comentados. Os das páxinas 94, 100, 123, e 179 (especialmente) denotan unha redacción pouco afortunada, moi simple. Mais, mentres leo, adoito anotar otras cousas, que, cando estaba en Blogaliza, subía á Ferradura dentro da sección “Caderno da crítica”. Velaí van algunhas.

-A importancia dos nomes. Kalpana foi unha astronauta estadounidense. Seh-Dong, foi lideresa das amazonas Dahomey, e, polo que dei averiguado, escravista. As kanienskehá:ká (escribino de memoria, agardo que correctamente, son unhas máscaras do Quebec. Dandara, polo que eu dei sabido, é unha tenda de roupa, se é así, resulta unha bonita e emotiva homenaxe ( se cadra tamén moi merecida), Posteriormente, a partir de que é palabra presente no primeiro título de Jarid Arrães, souben que tamén é unha heroína brasileira antiescravista reivindicada por Jarid e que aínda necesita moita divulgación (como todo o que te que ver coa pel negra), polo que sei suicidouse (ben, non tooda a xente o interpreta como suicidio) antes de volver ser escrava. Para Shewa só atopei como referencia unha rexión da Etiopía Amhara, teño entendido que unha atleta desa procedencia salientou nos Xogos Olímpicos de 2000 e 2004). Hai máis nomes, Ngogi (parece remitir a Chimamanda Ngogi, aínda que eu tamén a atopo como Ngozi), Aputik, Dumaguei, Nzinga (Raíña negra que comteu o escrvismo)…

“Bebé”, o diccionario en liña da RAG admíteo. Outros estudosos do léxico non, indican que a palabra a usa debe ser “meniñ@”

“Tea de araña”. O mesmo, o DRAG en liña tamén o admite, cando o máis propio é “arañeira”. Para min, e non só, calco semántico do castelán.

Esa posición de gonzo, intersticial, entre diversos xénros (ciencia ficción, distopía…) e a proxección do futuro no presente e do presente no futuro, paréceme o mellor da novela. O capitalismo e a relixión, a meu ver, teñen moito que ver na situación da muller…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s