a propósito de LIBRES E VIVAS, varias autoras, en Galaxia

CELEBRACIÓN, EXPERIENCIA E LOITA

Título: Libres e vivas

Autoras: VV. AA:

Editorial: Galaxia

Aínda recente en nós o eco da Entre donas (Baía), onde se recollían relatos de dez narradoras (Marilar Aleixandre, Marica Campo, Rosalía Fernández Rial, Inma Löpez Silva, Teresa Moure. Emma Pedreira, María Reimóndez. Eli Ríos, Anxos Sumai e Antía Yañez, ademais de Ana Luísa Bouza Santiago, que é quen asina o epílogo), é agora a quenda de Libres e vivas, onde Galaxia reuníu outras dez autoras. Neste caso repite, para fortuna de quen le, Anxos Sumai, e incorpóranse Berta Dávila, Charo Pita, Elusabeth Oliveira, Esther F. Carrodeguas, María Canosa, María López Sández, María Xosé Porteiro, Mercedes Quixas e Paula Carballeira. E non hai nin pólogo nin epílogo, só unha presentación editorial onde se di: “Levan dicíndonolo desde que o ser humano está sobre a Terra. Que non queren ser vítimas. Mais tampouco escravas. Compañeiras. Iguais. Mulleres e homes nun mundo xusto en Igualdade. Sobre estes parámetras pedímoslle (debera se rpedímoslles) a dez escritoras de primeiro nivel das nosas letras que abodasen a cuestión do machismo, do terrorismo patriarcal contra as mulleres, da liberdade, da Igualdade, para que dende a literatura entendamos como é o seu sentir. O resultado é este volume que tes entre as mans. Dez relatos libre coma coiteladas directas á conciencia. Querémolas. Quérense. Todas. Libres e vivas.” Copiamos estas palabras da contracapa porque indican moi ás claras dúas cousas que nos interesa salientar: que é un volume de mulleres narradoras que denuncian as inxustizas relativas ao sexo/xénero feminino nunha sociedade patriarcal; e que este labor feminino e feminista é a prol dun feminismo igualitario, nin máis deberes nin menos dereitos para mulleres e homes.

                     Como sempre, un volume que reúne varias autorías é unha tentación á que @s amantes da literatura, neste caso narrativa, non adoitan resisitirse con facilidade; pois garante que, se non todas as voces narrativas, si vai topar algunha(s) que @ engaiolen, que @ interesen, que @ fagan disfrutar coa lectura. E aquí, hoxe, tamén. Como sempre nun volume que reúne varias autorías, é unha tentación non comentar unha por unha as narracións; unha tentación que imos resistir, pois nin dispoñemos de tempo para tal nin queremos desfacer a unidade que se logra no macrotexto ao salientar uns relatos sobre outros porque, case evidentemente, a calidade nas narradoras é dispar. Tamén é certo que algún relato que comeza sen cubrir o horizonte de expectativas que ao crítico lles suscita, remata de xeito ben mellor. E, desde logo, a variedade na técnica narrativa obrará que o volume resulte interesante para quen le. Por sinal, ao lado de narracións compactas e simbólicas, como é o caso das de Anxos Sumai (autora que repite, xa estaba en Entre donas) ou Berta Dávila, atópanse outras onde o fragmentarismo é usado como estratexia narrativa de distinta maneira: é o caso de Charo Pita (que bota man do epistolario); tamén Elisabeth Oliveira, en certa maneira porque o seu é un rtelato compacto; moi claramente no caso de María Canosa (do seu relato extráese o título do volume); tamén se asiste del María Xosé Porteiro, nun relato moi simbólico (o simbolismo que sinalamos nas dúas primeiras autoras non deixa de estar presente sempre, en maior ou menor grao, mais é diferente) no cal, dentro dun relato compacto a autora introduce lembranza de Isabel Allende, Arundhati Roy e Agatha Cristie, de xeito que se visibilice o feito de que unha vida/relato é en realidade a suma de diversos momentos que narrativamente poden pertencer a xéneros literarios diversos; e, finalmente, Paula Carballeira, nun realto tamén fortemente simbólico onde se reivindica a capacidade fabuladora da muller como método para liberarse do xugo machista. Temos que dicilo, foi o que máis nos sorprendeu, porque non é haitual que Paula Carballeira narre para adult@s, pola sólida armazón narrativa (moi pensada, moi calculada, extraordinariamente eficaz) e porque resulta o colofón ideal nun libro de narradoras.

                     Dúas cousas máis queremos comentar. Primeiramente que o volume explora narrativamente o vivir como un mundo de experiencias, e son esas experiencias as narradas, de tal maneira que a fabulación literaria, por moi fabulación que sexa, non deixa nunca de ser un relato do real. Un relato que denuncia o trato social inxusto e desigual que sofre a muller nos días de hoxe. Así que, se de primeiras o volume é un volume de celebración, dez narradoras reunidas cunha única finalidade, finalidade que é a loita por un mundo máis xusto para mulleres e homes, finalidade e loita que nacen da experiencia vital explorada mediante a narración…, celebración e loita únense da man da experiencia vital. E, en segundo lugar, como algo máis que curiosidade, amentar a presenza de aves nas narracións, non en todas mais si significativamente, que tamén hai que considerar como símbolos.

                     Elas. Libres. Vivas. Están aquí. E querémolas para sempre así. Loitando. Nin máis dereitos nin menos obrigas. Iguais e xeniais.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s