a propósito de O INFINITO NUN XUNCO, de Irene Vallejo, en Xerais

12 RAZÓNS PARA LER, TER, E FACHENDEAR DE TER, O UNIVERSO NUN XUNCO. A invención do libro no mundo antigo.

Título: O universo nun xunco. A invención do libro no mundo antigo

Autora: Irene Vallejo

Traduce: María López Suárez

Editorial: Xerais

(Non vou andar categorizando, xerarquizando ou agrupando, as razóns para ler e posuír este título de Irene Vallejo, esplendidamente traducido por María López Suarez. Todas elas son moi importantes)

  • É un libro de autora. Tardicionalmente chámaselles así a aqueles libros que non casan cos restricións xenéricas, senón que as trascenden e rematan por ser deses títulos que case son sinónimo e bandeira de quen os escribiu. A estre respecto temos que dicir que malia  recibir o Premio Nacional de Ensaio 2020, non se trata dun ensaio “ao uso”, senón que racha fronteiras e, o que en principio era ou deberíamos agardar que fora, un libro sobre a historia dos libros, remata sendo unha das mellores maneira de nos achegar á vida na antiguidade grecolatina.
  • Para ser un libro de autora, ten moito que ver o feito de que se trate dunha narradora experta, que axiña sabe introducirnos nese mundo de amor aos libros, de xeito que o leamos con paixón  e inmensa curiosidade. Non ten medo a autora, e non dubida, á hora de introducir na narración acontecementos relativos á sús propia historia persoal; e fai ben, pois contribúen a que leamos o libro como confidencia feita a privilexiados lectores ou lectoras. É certo que ás veces se desexaría, neste tipo de libros, unha meirande fidelidade ao desenvolvemento histórico como liña en progreso, mais tamén resulta indubidábel que o contínuo contraste entre o mundo antigo e o mundo actual é moi útil, moi revelador, e vainos abrir os ollos a realidades sorpesivas. Tamén é certo que ás veces parece decaer o interse lector, mais iso terá que xulgalo quen o lea, e non ten porque coincidir coa nosa lectura, non se trata dunha novela (xénero libre, si,  mais codificado, onde hai certos aspectos imprescindíbeis, como saber dosificar o enredo) e xa vimos que como ensaio tamén adopta unha postura libérrima.
  • Un libro sobre os libros pode resultar tan interesante e ameno como  para exceder o interese d@s intersad@s (perdón polo exceso) no tema da historia do obxecto chamado libro? Pois si. Velaí a súa maxia, a súa destreza narrativa, que tamén nos traslada multitude de anécdotas ou cousas curiosas que son realmente significativas moitas veces.
  • Non só é un libro que leremos con degoro, que devoraremos. Como indicamos no título, tamén é un libro do cal, despois, fachendearemos dicindo “ese téñoo eu”.
  • Como persoa especilamente atinguida por todo o que teña que ver coa “Historia da Lectura”, gustaríame que prestase máis e mellor atención a este aspecto, aspecto basilar, pois o libro escríbese para ser lido e hai veces nas que non se lle dedica o tempo suficiente nin resulta correcta, ao meu entender, a súa interpretación. Porén, esta só é unha das focalizacións adxacentes na escrita de O universo nun xunco, nunca se quere central e non debe ocultar unha lectura repleta de consideracións ben atinadas.
  • Este título pasará, pasa, a formar parte dun selecto club de escollidos imprescindíbeis, xunto á Historia da lectura (Alberto Manguel) a Historia da escritura (Ignace J. Delf), os variados ensaios sobre a lectura e os lectores de Roger Chartier, Como unha novela (D. Pennac, hai versión galega, de Moncha Fuentes e Enma Lázare, en Xerais ), ou Como falar dos libros que non se leron (P. Bayard), por sinal e entre outros moitos que cada lectora ou lector achegará.
  • Trátase dun título que non perde ocasión para reivindicar o rol da muller. Ás veces desmitificando (por sinal, Cleopatra) e outras veces reivindicando (como as mulleres filósofas, por sinal). Deste xeito resulta un texto integrador, que presta voz ás esquecidas e, polo mesmo, resulta máis veraz. Atender o rol da muller tanto como lectora como produtora de textos e tamén mecenas, nun mundo onde a muller estaba especialmente marxinada, ten unha importancia decisiva.
  • A destreza narrativa de Ana Vallejo nótase especialmente en que tan ben nos transporta desde atmosferas tráxicas, mesmo especialmente crueis, como o caso do asasinato de Hipatia, a outras de índole xocosa, das cales os epigrmas de Marcial son boa testemuña, e sempre tendo como nó a “Historia do Libro”.
  • A autora non só posúe amplísimos coñecementos sobre o mundo antigo gracolatino, senón que tamén está moi atenta ás correlacións que se popden establecer, e se deben establecer, entre ese mundo antigo e o mundo no que vivimos hoxe. Por sinal: cal cren que foi o primeiro antecedente dos “centros comerciais”? Non lleo vou revelar, lean o libro.
  • Evidentemente, como historia do libro que é, tamén é unha historia das bibliotecas, aspecto que quero salientar por non ser tema  habitual na ensaística. Das bibliotecas, os bibliotecarios e das bibliotecarias. A este respecto véxanse os atentados contra as bibliotecas na época da Transición ou a depuración das (ben formadas e destras no seu oficio) bibliotecarias republicanas, ou a intereseira imaxe da bibliotecaria “ amargurada”
  • Trátase dun libro reivindicativo do valor dos libros. Mais, é que hai que reivindicvar os libros? Pois si, como obxecto e ben de de interese xeral. Gutemberg, digamos que dalgún xeito democratizou o acceso aos libros (que sempre foron custodiados polo poder, poder en calquera das súas manifestacións), porén nin así deixaron de ser os libros cousa perigosa. As queimas de libros, as listaxes de libros prohibidos, chegan até o século XX. E no XXI dise que Internet vai rematar co que entendemos como libo. Non haxa medo. O libro leva sobrevivido a múltiples mudanzas tecnolóxicas. Non haxa medo.
  • E como tal, O univerdso nun xunco tamén é un libro reivindicativo do sufrido, egotador e fundamental e anónimo, tarballo dos copistas de todas as épocas, grazas aos cales o libro chegou a nós. Copistas e mecenas. O rol ( e empregamos esta palabra con moita intención ao remitirnos ao o “rolo”) dos mecenas resulta tamén absolutamente decisivo. Desde os Ptolomeos que coidaron e engrandeceron a Biblioteca de Alexandría, até o@s coleccionistas e libreiros “de libros vellos e raros”, salvándoos das múltiples ocasións en que as BIblitecas foron obxectivo bélico, como a de Sarajevo, por sinal.

(Velaquí doce razóns para mercar e ler este libro de libros, este libro sobre os libros. E con toda seguranza, quen o lea atopará outras tantas ou máis das que aquí dixemos. Lean. Abráiense. Lean. Abráiense. Porque quedara, dentros das súas mentes e do seu corazon, un libro sobre libros tan ben escrito.)

ASDO.: Xosé M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s