consideracións a propósito de TODOS OS PASOS FAN RUÍDO, de Sara Plaza, en Espiral Maior.

A REDOR DOS PASOS QUE FAN RUÍDO

Título: Todos os pasos fan ruído

Autora: Sara Plaza

Editorial Espiral Maior.

Sempre é unha enorme ledicia escribir sobre a literatura dunha autoría alófona. E este é o caso, pois Sara Plaza naceu en Bustarviejo (1972, Comunidade de Madrid). E, se por riba, vén de recibir XXXIII Premio Nacional de Poesía Pérez Pallaré, pois aínda mellor. Cando se trata dunha autoría alófona, comentar como sen ser galega se decidiu por escribir literatura en galego, convértese nunha tentación que só evitamos con pesar, mais así o faremos, xa que o importante na crítica literaria é o texto, só o texto.

                     E a iso imos. Así que, digamos de primeiras que Sara Plaza se move nos lindes da experimentación poética, seguindo a máxima que ben representa Chus Pato: “se escribir poesía é un desideratum e tamén un imposíbel, o que queda é usar as palabras para indicar onde está a poesía”. Pois ben, Todos os pasos fan ruído é unha procura experimental da poesía, unha procura que non se agacha senón que manifesta en todas as páxinas do libro, utilizando máis de unha estratexia. Por sinal, vén moi a conto indicar que ( non en todas as páxinas, mais case) a autora bota man de textos ao rodapé, e isto vén moi a conto porque aliás do efecto contrastivo lóxico (pois eses textos, con maior ou menor intensidade, parecen non seguir a liña temática do texto superior, parece…) eses textos (moi breves) obrigan a quen le a configurar na súa mente o achado poético, a poesía. Non se trata, pois, dun artificio menor, dunha maneira desesperada de pretender anovación. Desespero si pode haber, nesa procura poética obsesiva, mais non é unha simple engádega curiosa. Com vimos, trascende moito iso. E podemos continuar dicindo que tamén bota man do caligrama, ou da estratexia do caligrama, porque o resultado é a novador inclusive dentro do xa por si experimental caligrama.

                     Observarase que deica o momento falamos de “texto” e non de “poema”. Débse isto a que en realidade se trata de prosas poéticas, un tipo de escrita experimental e fronteirizo, fronteirizo porque hai quen os sitúa dentro da poesía e hai quen os sitúa dentro da prosa. Estratexia experimental que vén de vello. Desde o francés Xabier de Formeret, desde Aloysisus Bertrand, desde Maurice Le Gérin, desde Beaudelaire, desde Mallarmé, desde Tristan Corsiére. Nada novo baixo o sol. Mais si infrecuente, aínda que cada vez son máis as autorías que se deciden por esta práctica escitural intersticial. E, se mentamos os anteriores nomes, é por indicar o comezo dunha tradicón escritural na que se insire Sara Plaza. E, se dicimos tradición escritural débese ao carácter intersticial, inter-xenérico. Desde o noso punto de vista, rachar a forma poética ao non versificar o texto, parécenos unha estratexia simple, moi simple, á hora de procurar, de experimentar dentro da forma poética. Desde o noso punto de vista, isto son prosas poéticas máis ca poesía. Porén,iso non quere dicir que aí, en Todos os pasos fan ruído, non haxa literatura; nin oito menos, e engadimos que se trata de literatura da boa, de literatura de alto contido estético, non se esqueza.

                     Non se esqueza, mais no afaán experimental hai outras dúas prácticas experiementais que debemos comentar, Por sinal, un texto onde a fronteira é o teatro, a fórmula teatral, e tamén hai outro onde se nos narra o que semella uha microescena teatral. E mesmo un texto en bable. Alén diso tamén hai, e bastates, textos dunha, dúas ou tres liñas, que ben poderían ser tomados como  poemas. E, para máis, o libro remata cun poema, inequívocamente poema, un poema ben construído, e non cremos que sexa unha excepción meritoria senón que está aí para lembrar a procura anterior.

                     Entrando xa no contido, o primeir que nos chama a atención é o ambiente rural ou rur-urbano en que se desenvolven as prosas poéticas. A presenza de paxaros ou fauna “doméstica”, é moi perceptíbel. Igual que a natureza. Ou, en menor medida, mais importante, a choiva, a auga. Porque o eu narrativo-poético non deixa de se amosar perdido, nun labirinto; a aí a natureza ten moito que ver, e a intemperie da choiva tamén. Soidade, clandestinidade, moi presentes na primeira parte do libro, igual que a errancia e resitencia nas dúas posteriores.

                     Fundamentalmente desde a segunda parte son moitas as autorías á que se alude. Desde Wislawa Szimborska e Griselda Gambarro a Swift, Zambrano, Novalis, Chantal Maillard, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Novoneyra, Thoreau, Pascal, Rosalía. Cordal… De xeito que o diálogo con outras autorías ( Outros pasos que tamén fan ruído) precedentes mais tamén contemporáneas, é constante, igual que o textos están concebidos desde a intención ben clara de dialogar con quen le, ás veces a fórmula teatral, xa mentada mais engadimos, lévase ao propio texto, desdobrando a voz poética/narrativa no que tamén ten o seu de concepción teatral do texto.

                     E tamén, non debe ficar fóra, que non se foxe da denuncia, por sinal das ETT, mais non só.

                     En definitiva: un libro que, desde a experimentación, nos deixa textos dun alto contido literario. Para ser estrea da autora, e dunha autora alófona, isto debe ser moi tido en conta e moi ponderado. Parabéns.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s