o problema non é a lingua

Veño de recibir a última de Raúl Dans. Indirectamente tróuxome esta reflexión. Non porque manifeste problemas coa lingua, que nunca na sú aobra se pode achar tal. Mais vaiamos por partes, estamos falando de lectura, e máis concretamente de lectura entre a rapazada adolescente. É neste marco que me xurdiu a reflexión, porque tampouco o éxito lector é cuestión de xéneros. Lembro as xuntanzas dos Clubs de Lectura, ou as xornadas de Binliotecas Escolares, e a frécola, entre @s encargad@s da dinamización lectora, polas listaxes de romances (novelas) de éxito asegurado. En tal contexto, cando me preguntaban, as miñas respostas producían sempre un estrañamento, o estrañamento da incoprensión. Como, por sinal, o ano que comentei que o autor do ano no meu centro fora Raúl Dans,concretamente con Unha corrrente salvaxe, así que isto debeu ser polo 2013 ou 2014. Primeiro, non coñecían o autor, grave pecado non coñecer un dos mellores dramaturgos da nosa actualidade. Segundo, cando lles dicía que a obra era unha peza de teatro, a incomprensión acentuábase.

En realidade Unha corrente salvaxe é o que eu chamo un título de aluvión. Chámolle así porque a súa difusión fóiseme totalmente das mans. Era un dos títulos que que lle propuxen a unha alumna ou alumno, non lemro a quen, de 3º ESO. Si lembro que lle tiven que deixar o meu exemplar, na BIbloteca aínda non o mercaramos, foi cousa dunha semana que o fixeramos. Cando me decatei leran esta peza teatral alumn@ de 3º ESO a 2º BAC. En cousa dun mes. Entre @s alumn@s que eu conrolaba, porque a miña compañeira María informoume que entre os de 2ª ESO comezaba a ser título demandado con insistencia. Xa ven, O xénero nunca é o problema. O problema é crear que a rapazada só vai disfrutar con romances (novelas). Cada alumn´@ é un mundo, e as apetencias literarias comezan a ser individuais para despois propagarse entre @s demais.

Outro título de aluvión foi Os bicos de Tina, aló polo 2009-2010. Falei nunha aula del, entre outros moitos. cada certo tempo dedicaba unha aula só a falar de libros. Non sei quen o escolleu, masis cando me decatei, cousa dun mes, como moito dous, practicamente todo o insti lera a novela do Afonso Eiré, meu curmán. E iso que seica é un autor con lingua difícil, complicada, pouco axeitada ao estándar que se nos quere impor como padrón. El mesmo ten denunciado que lle rexeitaron un título (seguramente este, seguramente no San Clemente) por presentar unha lingua excesivamente difícil. Entón, como fixo a rapazada do meu insti para solventar ese problema? Seino. Porén a resposta a a esa pregunta non é o importante. O importante é que os problemas de vocabulario non @ detivo.

Aquí teño que facer un alto, porque lembro perfectamente preguntarlle a un alumno a razón de que escollera ese título e non outro. Contundentmente, explicoume .” drespois de que o lera case toda a aula, despois de que leran en 4ª ESO e tamén en BAC, despois de que leran os pais do meu veciño (no lembro quen) e que o estean lendo os meus pais…vou quedar eu sen lelo?!”

E velaí chegamos ao problema da lingua literaria. Hoxe existe unha tendencia, minoritaria mais perigosa, que consiste en entregar títulos coa lingua o máis parecida posíbel ao castelán ( hai cen anos era ao revés). Aï están Arantza Portabales (cuxo desleixo linguïstico é absolutamente insufríbel), Domingo Villar e parce que tamén se suma convencidamente Pedro Feijóo. Mais o problema non é usar unha lingua que non xere problemas na decodificación, na lectura, como cren estes escritores que teñen o galego como un nicho de mercado ao que non queren renunciar. O problema é conseguir intersar a quen le no que está lendo, que a lingua sexa más ou menos complicada resulta moi secundario. O problema xa nin só é iso, O problema é que quen se ocupa da dinamización da lectura non teña suficiente comptencia liguística como para afrontar un texto que propoña solucións léxicas que escapan do convencionalismo restrito que se nos quere impor. Porque de seguir así, con 200-300 palabras como tope léxico, imos apañados.

Como dicía, o problema non é a lingua, a miña práctuca docente demostroumo. O problema son as mentes pechadas, esas que só nos ven como nicho de mercado, que escriben pensando no lector/na lectora castelá e non n@s galeg@s. O problema son escritores e escritoras que, en lugar de engrandecer a ligua galega practican un reduccionismo salvaxe con tal de que quen le non teña que usa dicionario, por sinal.. Ese é o auténtico problema, concibir a literatura “un negociete” particular par ao cal se usa a lingua, e non concibir a literatura como un campo onde experimentar coa lingua, negarse a engrandecer a lingua galega por algo tan imbécil (no sentido etimolóxico da palabra) como a comodidade lectora.

E, as casas editoras, se non queren contribuír a incrementar o problema, van ter que tomar decisións. Ou están polo engrandecemento da lingua ou contra el. Aínda por riba, estas autorías deixan títulos dunha literariedade cuestionábel, moi cuestionábel. Terían que reflexionar se o seu éxito de vendas se debe ao ben que escriben (son fabas contadas) ou ás característcas propias do xénero que empregan. Como mínimo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s