crítica de A FORMA DE CÉLEBES, de Iago Méndez, en Galaxia.

A VIDA. SI, A VIDA MESMA

Título: A forma de Célebes

Autor: Iago Méndez

Editorial: Galaxia

É típico dos enredos dos romances distorsionar dalgunha maneira a vida para así sorpender a quen le- evidentemente estamos a falar de narrativa non xenérica, que ten outras claves. Por iso, ter diante dos ollos un discurso que o único que pretende é reflectir a vida hai que tomalo como un refacho de ar fresco. Parece que non é novidade, porque a vida vivímola todos os días a todas horas, mais si o é, precisamente porque non moitas autorías nola devolven fabulada.

                     Neste caso, é Iago Méndez, no seu primeiro romance en galego quen nos posibilita esta visión. O enredo presenta un matrimonio de xubilados que volven de Madrid para Galiza, a unha vila nin demasiado grande, nin demasiado pequena e próxima á cidade, o seu lugar ideal para gozar do seu retiro. Mentres viaxabn escoitan a noticia da desaparicón dunha moza en Madrid. O dato é importante porque a partir de aí se creará un foco de tensión. Mais volvamos ao fío. Unha vez chegados, resulta que tamén se lles presenta na casa Suso, o fillo maior. E, cando menos o podían agardar, a nai, Carmiña, fica en “estado vexetal”. Nese intre, pai e fillo só viven para coidar a nai. Nese intre, a novela de Iago Méndez vólvese a novela dos coidados a maiores que reclamabamos a Coidadora (Xerais, María Marco). Infortunadamente, case tod@s nós, pasamos algunha vez por situacións similares ou ben parecidas ou foi alguén achegado quen as pasou. Esas situacións nas que a palabra esperanza a temos todos na mente, inclusive a pronunciamos, sempre co medo a que realmente xa nin exista tal cousa. Horas de corredores de hospital, cadeiras plásticas nas salas de agarda, máquinas expendedoras de bebidas e algo de comer, horas que non pasan porque sempre parecen a mesma hora. Despois veñen os coidados na casa. Establecer novas rutinas diarias nas cales o centro é a persoa enferma e todo se supedita a atendela coa maior eficiencia posíbel. Entón é un enredo sobre o coidado a maiores tecido con  naturalidade, sen saltos no tempo nin “curiosidades” que (máis ou menos acaídas) distraian. E cómpre valorizalo.

                     Porén, a segunda parte da novela xa é outra cousa. Comeza esta segunda parte cando Carmiña morre. Entón nárrase o  progresivo deterioro da vida de Anselmo, o viúvo, medido na cantidade de sucidade que se vai acumulando, na cantidade de roupa sen lavar, na cantidade de frangullas sen recoller, na cantidade de louza que agarda alguén que a fregue. Na cantidade de horas de televisón consumidas como pasatempo. Na cantidade visitas ao bar de abaixo para “airearse” un pouco…Esa é arutina de Anselmo. Mentres, o fillo, ex adicto á droga,  parece que comeza a espelir e leva unha vida moi activa con respecto ao que facía antes. Aquí, o autor dosifica a información con eficiencia pois mantén en segredo cales son as verdadeiras actividades de Suso. O cal lle permite xogar coa antedita desparicón da moza madrileña nun lugar próximo a onde vivía Suso.

                     Por suposto, as personaxes son totalmente recoñecíbeis, non  hai nelas configuración que sorprenda. É o lóxico. Cómpre engadir que, na creación de tensión narrativa non pode ficar no esquecer o “incidente” de Suso coa filla do dono do bar Souto e mais unha amiga. Como indicador de que algo estraño agacha Suso.

                     Finalmente todo se resolverá cun chsico de sorpresa, pois non será totalmente fóra do agardábel, no que respecta a Suso. Quen achegará novidade sorpersiva será o irmán emigrado en Londres. A vida continúa e, a partir de aí será quen le quen imaxine a forma en que o fará.

                     Eis un romance realista que cómpre enmarcar no ronsel de títulos que teamatizan a enfermidade, que cada vez son máis. E, apartir de aí tírense as conclusións que se queiran desta “sociedade enferma”. Agradécese que o autor non bote man do resumo, por sinal, e expoña a rutina da dolor e angueiras dos coidadores con toda clareza. Porque co resumo sería como dar por feito algo que, aínda que nos sexa familair, non deixa de ser fondamente traumático. E, como este é o seu primeiro romance en galeg,. agardamos expectantes novas achegas.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s