crítica de NON MARCHES NUNCA, de Alberte Momán, en Medulia

NON O ESQUENZAS NUNCA

Tíulo: Non marches nunca

Autor: Alberte Momán

Editorial: Medulia

Resulta apaixonante e moi significativo que, ás veces, os discursos en teoría máis simples sexan os que máis quedan en nós e tamén os que máis nos obrigan a repensar a deriva do mundo e da vida en que estamos inseridos. Por sinal, un deses é Le petit prince de Antoine de Saint-Exupéry, ninguén ha ter a menor dúbida. E se lembro este título precisamente tampouco é por puro azar. Hai unha conexión moi clara coa novela de Alberte Momán. E moi simple. Nos dous casos un pequeno extraterrestre chega e xúntase cos humanos. Iso e que tamén ambos casos obrigan a repensar a deriva social que nos leva.

                     Xa de inicio, cómpre salientar que este discurso futurista de Alberte Momán, sitúase nun fulcro temporario tan escollido e ben seleccionado que permite á vez tanto a a ollada distópica futura como unha revisón crítica das pautas que dirixen a sociedade que vivimos. Non nos sorprende. Alberte Momán manéxase especialmente hábil neste tipo de enredos, a súa obra anterior así nolo confirma. Nese futuro existe unha familia integrada por dous pais e unha filla, Uxía, que levan unha vida a medio camiño entre o rural (achegada á natureza), representado por un dos pais, mentres que o outro pai, está máis achegado á “modernidade”; porén é unha familia que vive no rural. Na soidade do rural. Que xa non é futurismo ningún, pois esa soidade xa está presente en moitos lugares, cunha poboación envellecida que non ten doado desprazamento a núcleos urbanos. E é moito para pensar niso. Primeiro, porque a vida sen contacto directo coa natureza é imposíbel. Segundamente porque é a todas luces inxusto que, como acontece aínda hoxe, este tipo de vida sexa vista como inferior ou de menor rango e categoría social cá tecnócrata ligada á evolución a que os tempos nos levaron. Si, a vida no rural, ensuxa as aunllas de terra, e iso vese con desprezo cando non é máis que un sinal de que esa persoa traballa en contacto coa natureza e iso fai posíbel que aínda poidamos manter na nosa dieta produtos básicos e imprescindíbeis para a vida, desde o leite aos froitos da horta e demais cultivos. E, polo tanto, esa persoa de unllas suxas convértese en insustituíbel, mentres as finezas das manicuras son perfectamente intercambiábeis entre si. A man ruda agarima o máis precioso da natureza, fai posíbel a vida do que nos ha alimentar. A manicura só é testemuña de todo o contario.

                     Outro aspecto a considerar é o deses dous pais. A única presenza feminina realmente salientábel é a da cativa, Uxía; hai máis, porén non teñen a súa trascendencia, non representan o futuro. Porque eses dous pais coidan da que será o futuro, Uxía, que medra nunha soidade tan cruel como conmovedora…e mesmo natural, lóxica… Natural, lóxica…como o respecto pola diferenza, a asunción de que a diferenza nos fai únicos e ricos…

                     De primeiras puidera parecer que temos diante un discurso orientado a lecturas da cativada, pois a protagonista central é a nena. Mais non é así, a presenza de vocabulario culto indica para un lectorado adulto. Porque non é precisamente a cativada quen máis precisa reflexionar sobre a sociedade en que vivimos e á que nos diriximos. Non. Somos @s adult@s, que temos, nalgunha medida, capacidade de decisión, os que debemos reflexionar, imperiosa e decididamente, dunha vez por todas, xa…

                     Ben, pois a este mundo que vimos de comentar chega un extraterrestre, como en Le petit prince, e o importante pasa a ser a relación que se establece entre Uxía e esa nova forma de vida. Por fin, Uxía xa non está soa. E cabe reflixonar cara a onde imos se a única posibilidade de compañía vai ser precisamente a  dun extraterresrtre. Que non é tan extaterrestre, mais non lles vou desvelar a súa condición, seimplemente dicir que, finalmente, a súa presenza xungue este enredo coa fantasía galega máis tradicional.

                     Finalmente, non hai que esquecer que as ilustracións corren da man de Alberto Castro Freire. As ilustracións desta noveliña (antes chamaríalle novela breve) escrita para que non esquezamos nunca de onde vimos e  futuro que, de seguir así, nos agarda.

                     Iso. Para non esquecer nunca.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s