crítica de A BARCELONESA, de Xabier Paz, en Xerais

VOGAR CONTRA O ESQUECEMENTO

Título: A Barcelonesa

Autor. Xabier Paz

Editorial: Xerais

Outras veces ten un problemas, cando xa titulou miles de veces, en atopar o rótulo axeitado para cada libro do que escribe. Non foi este o caso. As tres palabras que figuran na cima destas liñas, son as tres palabras coas que remata o novo romance de Xabier Paz. Son o colofón e son tamén a mellor descrición ou aproximación ao que contén o libro.. Un título que, vostede que le estas liñas, se cadra pensa que xa leu outros semellantes, pois a fin de contas trátase de reconstrución dunha memoria familiar, dando conta do século XX, partindo do XIX  e inclusive adentrándose no XXI. En principio parece que non é nada novo. Un principio falso como Xudas Todas as historias contan algo novo, aínda que traten o mesmo tema e de maneira moi similar. Iso por un lado, e por outro tamén hai que ter  en conta o momento da publicación, o contexto da publicación. Neste caso, escribo isto o día en que, 7 de outubro, na viguesaa Fundación Euseino? debaterán Berta Dávila e Arantza Portabales, dúas formas moi distintas de concebir o enredo que van contar, Berta desde as proximidades do eu, Arantza ideando conflitos que, nas últimas novelas, representan unha realidade inventada e paralela a porpia realidade (tanto que chegan a colidir ambas, en Úrsula Bas). Recuperar, refacer o realismo como xénero é algo que non só está acontecendo na Galiza. Tamén nas letras en castelán, tamén nas letras en portugués. Mais desta volta, esa tarefa non só compromete á narrativa, como foi común nas tentivas anteriores, senón tamén á poesía. Por sinal, nas letras brasileiras, as mulleres negras vense na obriga de escribiren a realidade que viven para denunciala. Por sinal, nas letras galegas, na poesía galega, non hai moito que o Álbum da cuarta dimensión (Carlos  Lema) poñía a casa como lugar desde o cal exercitar a reconstrución da memoria. Mentamos este caso por coincidencia, en ambos títulos a casa ten protagonismo central,, mais tamén nesta liña hai que entender, tamén por sinal, desde A frecha azul do teixo (Eva Veiga) ás recentes Notas sobre a extinción de Marta Dacosta porque non é nada novo na nosa poesía e si un eixo costante que non se debe esquecer, se queren máis aí está a Feliz idade de Olga Novo.

                     Porén, aquí temos que escribir sobre narrativa. E se as dúas duelistas da Fundación Euseino? representan dúas tentaivas de apropiación da historia que conta o enredo, dúas tentativas que teñen que ver co eu narrativo, Xabier Paz propón unha vía un tanto diferente, a reconstrución da memoria familiar xusto nun momento onde a  familia vai deixando de ser o grande núcleo referente individual. Individual, a palabra xa di moito, e como acontece no romance, que a nai fai todo o posíbel para que os fillos teñan carreira universitaria mais non todos se comprometen na reconstruciónda historia familiar, en realidade e principalmente só un, o que dá idea non só da dispersión familiar senón tamén de que esa reconstrución é asumida como tarefa individual. Tarefa individual que volveremos colectiva no caso de que nos animemos a seguir o exemplo.

                     Neste caso, A Barcelonesa, a casa construída por un indiano masón retornado con fortuna de Cuba, que despois será O¨Santiño, un “hoteliño con encanto” na mariña luguesa, preconizando unha hostalaría que hoxe resulta común. A Barcelonesa representa a querenza por retornar ás orixes rurais, mais un retorno en que se perdeu a identidade que emigrou…ao regresar como “señorito” quen emigrou sendo un ninguén. Esa perda da identidade agrábase co Golpe de Estado franquista e a posterior ditadura, onde os novos ricos rendeiros achan acomodo entre os vencedores. Até que un fillo decide reconstruír a memoria familiar. A meoria familiar tamén é a nosa memoria, por iso non é ben que fique oculta, sen esclarecemento, porque é o contexto humano máis proximo, no cal nacemos. Igual non todo o que achemos é do noso agrado, mais diso non somos culpábeis e acontece en todas as memorias familiares. No caso que nos ocupa, Xabier Paz utiliza dous narradores complementares, un xogo narratorial que sinala claramente a necesidade de esta reconstrución non sexa exclusivamente individual. No caso que nos acupa, polo menos un dos narradores, de forma explícita recupera lingua perdida, primeiro na emigración e despois coas comenecias da ditadura.

                     Igual quen le chega á conclusión de que este romance é un romance de romances. É dicir, dentro del hai tres enredos que poderían constituír un romance en por si. O da emigración a Cuba. O da “pervivencia” na ditadura. E o da os esforzos ímprobos dunha nai para que os seus fillos obteñan título universitario. É certo, sen dúbida. Mais non se pode entender unha parte sen as outras, igual que nonse pode entender a morfoloxía dun dedo da man sen ter en conta os restantes. E tamén é certo que isto provoca un uso do resumo como estratexia narrativa que pode resultar perigoso, narrativamente falando. Mais Xosé Paz sólventao amosando unha riqueza descritiva absolutamente notábel, que tamén dá idea dun traballo de documentación moi fondo (como sempre, falando de Xabier Paz) e no que asenta o realismo do enredo ficiticio. Ás veces, non poucas e mesmo xa o suxire a propia narración, o cromatismo e pormenores do enredo (por sinal, no vestiario ou na forma de vida), confírelle ao contado un ar cinéfilo moi claro. Ao ler, é como se viramos a vida pasar diante de nós, coa fartura de colores e formas de cada época.

                     Tamén este romance de Xabier Paz establece conexión con As vidas de Nito, mais eu non lles vou dar máis explicacións, abonda conque se fixen unha miga no título para establecer a conexión.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s