crítica de O ALEFATO, de Xosé Lois García, en Toxosoutos

UN POEMARIO COMPLEXO E APAIXONANTE

Título: O Alefato

Autor: Xosé Lois García

Editorial: Toxosoutos

Poucas veces un ten ocasión de comentar un poemario tan complexo, interesante e fascinante como este de Xosé Lois García. Primeiro farei unha breve descrición de como é a estrutura editorial. Despois expoñereilles as razóns polas que me merece tan alta consideración, que non son poucas e están todas ligada sentre si até conformaren un magma poético inusitado.

                     O que atopamos neste Alefato  é o alfabeto hebraico seguido, en cada letra, de textos poéticos que rescatan parte da historia hebrea en 22 asentamentos galegos, entre cidades e vilas, deica que os Reis Católicos os expulsaron se non se convertían ao cristianismo e despois dunha longa  con-vivencia entre nós. Nunca entenderei como se lles pode chamar católicos a Isabel e Fernando, tan crueis como foron. E agora podería parecer acaído trazar unha breve revisión do que se perdeu culturalmente, pois fóronse profesionais da medicina, ds banca, prateiros ferreiros, comerciantes…mais iso debemos deixalo como sobreentendido existente na cultura de quen le. E tamén, tamén viría moi a conto cando menos lembrar algo do que siginifica para o pobo xudeu a Kabbalah, pois a fin de contas ten suma relevancia ademais para o contido do poemario. E aquí si, si que hai que deixar claro que para os xudeus a simboloxía inherente a cada letra tiña/ten suma importancia na interpretación da vida e do ser. Isto hai que dicilo porque Xosé Lois García, o que primeiro fai é poetar sobre o significado simbólico de cada letra. Isto supón non só que o poeta parte dun saber cultural que hai que recoñecerlle e que é o substrato imprescindíbel á hara  de elaborar o poemario. E dentro dese substrato cultural o coñecemento bíblico aparece sob forma de notas moitas veces, e tamén a Lírica Medieval galega no corpo dalgún poema

                     Consideren esta, se queren, como unha desas razóns antes mentadas, desde que o coñecemento cultural autorial non sempre é requisito tido en conta na poesía. Porén, entre ese mundo cultural que agroma neceariamente, tamén asoma a voz lírica, a voz lírica autorial, a expresión do eu, que non  fica impasíbel ante a atrocidade “católica” e sinala, segundo for ocasión, tanto as vítimas como os executores da barbarie. Nisto atopamos un duplo interese que se coordina entre si. Se por unha parte existe a querenza de encher de vida unha poesía que xa nace tratando de esmigar o contido simbólico (pura abstracción), por outra esa mesma voz poética sente necesidade de facer xustiza, denunciar, unha xustiza poética se queren, mais é a única que está na súa man.

                      E así, así, imos entrando na complexidade que tanto nos apaixona, pois as letras e a súa interpretación simbólica posúen un sentido relixioso en primeiro plano, tamén é certo que polo medio anda a fiolosofía, xa que tanto relixión como filosofía pretenden explicar a vida. Mais non todo remata aí, non esquezamos que estamos a falar dun alfabeto poetizado, o cal quere dicir que a letra, a lingua, tamén xoga un trascendente papel. Trascendente. Trascente significa acceder a través de. E iso é o que é definitivsamente describe o poemario de Xosé Lois García, unha maneira de acceder á historia e á cultura hebraica que xa en por si é tarefa nada doada, unha maneira de facer xustiza e un convite para explicitar o sentido da vida, do ser. E todo iso a través, outra vez, dun eu poético que se manifesta narrativo, historicista, e que á vez deixa saibos fiolosóficos na interpretación do símbolos.

                      Son as distintas e-merxencias ou caras do prisma que é voz poética o que singulariza este poemario de Xosé Lois García no conxunto da poesía galega, e non só o  contido, pois non é frecuente esta manencia de voces poéticas nun único poemario. E, unha vez referidas sería momento de sinalar as diferentes conexións entre elas, mais xa é algo que  fica fóra das nosas intenciónsagora mesmo.

                     Xa ven que non este non é un poemario máis senón unha rara avis na república poética. Ao que ademais temos que engadir, porque habitualmente disto non se fala e dáse por sobreeentendido, o verso esmerilado, puído, pois trátase dunha versificación moi consciente, de ritmo demorado, como convén ao contido. Mais, con todo iso e o poemario ser bastante uniforme ao que respecta, tamén hai que  dicir que, dentro diso, Xosé Lois García achega riqueza métrica sen abandonar o verso longo.

                     Comprobarán que, do significado simbólico de cada letra, non dixemos nada por moito que a ocasión chame á porta. Porque sería unha interpretación puramente individual e lírica sobre outra que xa o é. E porque, como di Andytas Soares de Moura da Costa Matos (figura clave na galego-lusofonía e que merece un recoñecmento como tal ben claro. Por certo, tamén hai un posfacio de Everardo Norões)) no precioso prólogo, iso equivalería  a matar a poesía. E debe quedar moi viva, para que chegue a vostedes en toda a súa riqueza.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s