a propósito de VIRTUDES (e MISTERIOS). Unha aclaración necesaria

Co gallo da concesión do Premio Nacional de Narrativa a Xesús Fraga polo romance Virtudes (e misterios), en Galaxia, e logo de parabenizar o autor, véxome na necesidade de contextualizar axeitadamente este discurso literario. No seu día xa escribín a crítica correspondente e non se trata de que agora me vaia desdicir, nin sequera modificar nadiña do comentado. O galardón vén concedido polo Ministerio de Cultura. Non sei quen integrou o xurado que adoptou tal decisión, si que o presidiu a Directora Xeral do Libro. Mais sorpréndenme moito as razóns. Polo que levo lido estas céntranse en ser un romance que trata o tema da emigración (concretamente a Inglaterra) mais xa nunhas décadas máis actuais que as típicas de cando falamos daquela emigración dos nso 40, ou 50. Porén, como dixen na crítica, este non é primeiro romance que literaturiza a emigración a Inglaterra, nas nosas letras. E pouco ten que ver que non o sexa, aínda que o xusto  é lembrar títulos anteriores, como fixen na miña crítica.

                     En realidade, coa concesión deste  Premio Nacional está a se premiar unha nova forma manifestación do realismo literario. Unha mínima consulta á historia do realismo lévanos desde Virxilio ou Marcial (por non ir máis lonxe, Herodoto, por sinal), pasando pola nosa Lïrica Medieval, os escritos (diálogos, parrafeos,) para animar á xente a ir á guerra da francesada, o mesmísimo Cantares gallegos de Rosalía, o neovirxilianismo (localista) de Noriega Varela (e Crecente Vega e mesmo poedriamos chegar Aqulino Iglesia Alvariño, o “realismo social” posterior ao Golpe de Estado franquista incluíndo os seguintes 40 anos de represión (teñan en conta que novelas sobre o tempo franquista, escritas décadas antes, aínda se publican nos anos 80 do pasdado século), o realismo máxico, e poderiamos rematar mentando o “realismo sucio”, nesta brevísima panorámica da evolución do realismo nas nosas letras.

                     Evolución. O realismo, como xénero literario sempre está en evolución. Neste caso, o romance de Xesús Fraga sorpréndeme que ninguéno relacione co “xornalismo literairo” dun Truman Capote, Tom Wolfe ou Norman Mailer. Porque hai moito diso no título de que falamos. Que se mente  a diversidade de recursos desde os que se constrúe o  enredo, está ben e é moi oportuno, por canto significa de anovación dese mesmo “xornalismo literario” (nunca me gustou este rótulo, por certo), iso hai que telo en conta

                     Outra das razóns para a concesión do premio, foi o protagonismo feminino. Isto interésame moito, non só polo que conleva de reivindicación do papel da muller, que tamén. Mais, fundamentalmente porque poen en relación a novela de X. Fraga coas últimas de Berta Dávila -e mesmo diría que non só as últimas. Pois coinciden nunha cousa. En ambos casos as autorías procuran o seu lugar na historia, tanto no propio discurso literario como na que vivimos todos os días. Inclusive direi que unha camiña á par da outra, inseríndose nunha remátase nos adentros da outra.

                     Quero facer aquí un inciso. A procura dun lugar na historia, na vida, é unha temática moi explorada na LIX, porque precisamente se trata dun público lector que está na iade de procurarse entre os demais.

                     Porén, feito ese inciso que creo necesario, o que máis importa é que este tipo de realismo no que se procura un lugar na historia, na vida, define moi ben a figura de Otero Pedrayo, e non só Otero, tamén Risco (Nós, os inadaptados non pode ser esquecido), inclusive podería caracterizar toda a Xeración Nós. Hai arredor dun século de  distancia. Isto resulta revelador. Moito máis revelador, se queren, e teñen que querer, á luz da historia sociopolítica anterior a hoxe, sociopolítica e tamén literaria.

                     Antes citei a Berta Dávila. Que este tipo “novo realismo”, así denominado ás pésas, veña protagonizalo autoría feminina ten que ser posto en valor, evidentemente tamén é froito de evolución, Mais ficar co nome de Berta é un tanto inxusto. As últimas catro novelas de María Reimóndez, se se mira ben tamén obedecen a algo moi  polo estilo. E tampouco só as catro últimas, en realidade desde a inicial O caderno de bitácora. Habería que incluír máis nomes de autorías femininas, disimúlenme a brevidade; é que, se un atende todas as fiestras que selle van abrindo ao escribir…non remataría nunca e desviaría o propóisto inicial. Habería que incluír moitos máis nomes. Teñan en conta que o realismo non se manifesta unicamente na narrativa, tamén o fai na poesía. E, sen perder o fío, se a conciencia feminista e realista leva as poetas negras (brasileiras, as que mellor coñezo, mais isto non coñece fronteiras) a manifestárense obrigatoriamente desde o realismo, aínda que mudemos as circunstancias socias e xeográficas, calquera autoría feminina e feminista ten que ser realista porque ten ser denunciadora. Moito máis, como no caso de Reimóndez, se se manifesta desde o colectivo LGTBI+.

                     Mais retomemos o fío. O premio á novela de Xesús Fraga non só recoñece este novo realismo, esta evolución realista. Tamén vén confirmar algo do que xa teño escrito moitas veces: non se trata dunha evolución interna da literatura galega, é algo que está sucendo en todos lados. Inclusive desde xéneros como o policial (o nórdico, que se vende como novela negra, é un bo exemplo). O cal nos leva a entender o realismo non como un xénero, senón como un supraxénero que encerra toda manifestación. Por certo que tamén o rótulo “supraxénero” está moito de actualidade.

Para remate, nesta apurada panorámica de renovación do realismo, hai un nome que pareceu caer no esquezo: Antón Risco, a súa obra ofrece un mosaico de tentativas de renovación realista. (Para cando un Dïa das Letras?). Que a Rey Ballesteros non lle pase o mesmo.

ASDO.: Xosé M. Eyré

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s