crítica (e subliñados) de FORA DI NOS, de Helena Neves Abrahamssom

DENTRO DE MIN E FÓRA

Título: Fora di nos

Autora: Helena Neves Abrahamssom

Editorial: Nimba

Apreciación inicial: este é un libro da máis actual poesía guineana, e non de tan difícil acceso como pode parecer. Odio as librarías virtuais multinacionais, mais en casos como este poden ser útiles, téñeno en Amazon, en papel a 12 euros, e versión Kindle por 2,69. Aínda así, moito ollo con Amazon, déronse casos de vender libros fotocopiados como novos.

Apreciación imprescindíbel para lector+s galeg@s: a dimensión semántica en que hai que ler “nos” non se corresponde co  noso plural inclusivo “nós”. Ten máis que ver cun singular (“eu”) incluínte que se identifica como parte dunha comunidade. De feito, isto resulta fundamental á hora de ler o poemario.

E non me veñan con iso de “que nos pode interesar a nós a poesía guineana?” Estupideces así nin resposta merecen, a beleza é beleza e non distingue parámetros xeográficos. E non me veñan con iso de “que nos pode  achegar esta poesía guineana a nós, europeos occidentais e desenvolvidos?” Porque entón non me queda outra que dicirlles: a poesía decolonial sempre debe interesarnos, como colonia que somos de España (iso, se non se decataron, resulta indiscutíbel). Mais non só por iso, sigan lendo.

Non se trata dun poemario longo, 63 páxinas. Mais si é un poemario de contido humanístico e denunciador moi trascendente. Incialmente direilles que sempre desconfiei desa poesía que  presenta o texto como  obxecto na páxina en branco e para iso bota man de aliñamento centralizado, un recurso fácil ao que pouco valor dou. Mais neste caso teño que dicir que tal aliñamento constitúe, sen excepcións, un aliado imprescindíbel do ritmo expositivo, e o ritmo expositivo disponse en función dun contido temático que non deixa indiferente a ninguén que teña corazón e sinta o seu bater no peito, que non deixa indiferente a ninguén con principios éticos e humanísticos activos. Pobre xente a que quede inmune á súa lectura.

O libro preséntase editorialmente distribuído en catro partes, sendo que na cuarta a poeta remata por escribir no crioulo (kriol) os poemas finais. Iso indica cara  a un proceso de identificación en progreso durante o poemario. E é certo, pois así ten lugar. O primeiro dos corenta poemas é unha sentida declaración de amor á Terra, reencontro e amor pola Terra nativa. Logo disto, a apreciación da realidade en que viven as xentes guineanas provoca un doloroso conflito interno entre a esperanza e o desespero, que non é cousa dun poema senón que habitará en case todos os restantes. Aquí hai que sinalar unha cousa, mentres o proceso interior de identificación coa Terra é progresivo, a realidade é a que é a dunhas xentes no límite da pobreza, é unha realidade de “famintos” e “pedintes”, onde o presente é tan degradado como o pasado e, aínda peor, o futuro (véxase a identificación na liña temporaria), unha sociedade en ruínas na que a xente ten medo (moito medo) de contrariar as regras vixentes.

Esta loita ente a esperanza (do que debía ser) e o desepero (do que é) leva a poeta, xa na segunda parte, a tomar conciencia de que os alicerces da súa alma atópanse no miolo desa sociedade descrita. Mais tamén a sentirse “senhora de mim”, empoderamento desde o cal continuar a lectura duns poemas que explicitan o desgarro interior (“As cruzes da alma /escondem / o teatro da vida”), lágrimas que caen para dentro do corazón mentres contempla as xentes ( “Despidos de tudo / Cobertos / Apenas / Com as transparências / da humanidade em fuga). A identificación coas xentes da Guiné, coas xentes da súa  Terra, é tal que (lección para moit@s galeg@s) que anuncia que non se trata dunha “visita emocionada” senón dunha toma de identidade plena (“Hei de voltar sempre / Não para ficar / Mas para não morrer”), consciente e parte “Da construção constante / De quem somos”). Unha ousadía que ten un pezo a pagar, si, doloroso, mais sen o cal se perde a personalidade; así pois, se ese é o prezo por ser quen somos, aínda que conleve dolor, moita dolor, é parte de nós. O resto do poemario é unha confirmación do antes expresado.

Volvemos ao título. Pois ese “fora di nos” resultará tamén o que acabará estando dentro. O eu poético contráese en vista da situación humana que describe e denuncia. O eu  poético tamén se expande nesa mesma medida. Sístole e diástole humanitarista e denunciadora dun corazón do que se sente o seu bater no peito, no peito da ética humana que se eleva por riba do silencio en que se nos quere confinados.

Nada que non estea sucedendo nesta Galiza que adormece en tanto os ríos lle foron vendidos a foráneos, a forza do vento lle foi vendida a foráneos, os recursos naturais están tamén á venda, a tecnoloxía naval foi vendida a foráneos etc etc etc…ben vostedes saben

Advertencia final: se len este libro non sairán incólumes del

Atrévanse, se aínda non están mortos.

ASDO.: Xosé M. Eyré

(Membro da Asociación Galega da Crítica)

SUBLIÑADOS DE FORA DI NOS

De tanto parir sonhos nos teus olhos

tornei-me noite escura inundada por un alvorecer

mil vezes adiado    (7)

…………………………………………………………………………………………………….

Seguro um sonho perdido na terra

que me espera

mas não alcanço

……………………..

este lugar tão perto nos meus sonhos

tão longe da vida acordada (8)

……………………………………………………………………………………

(…) Tudo se despedaça na arte de um

eterno desencontro

……………………………….

Voltei para a casa com o mar nos olhos e o coração derramando vazios (11)

………………………………………………………………………………………….

meu pranto lava terra do meu destino (12)

……………………………………………………………………………………….

Na terra vermelha e fértil

Temos medo

Temos medo

Muito medo

Na berma dos rios

Correm fios de ódio

Crpos sem alma

Vozes de guerra

Que se anunciam

Sopram ao vento

Gritos de raiva

Temos medo

Temos medo

Muito medo (15)

………………………………………………………………………………………..

Tudo foi de pedra e cal

Hoje ruínas sem norte (18)

………………………………………………………………………………………………

“minha casa” fez-me lembrar o “Ensaio sobre a cegueira” de Saramago! (19)

………………………………………………………………………………………….

Não é canto, não é poesia, tão pouco um simples verso

São almas que se desnudam e vozes sem fala (20)

……………………………………………………………………………………..

Espero porque não trago nada nas mãos e quero receber a vida antes

que me escape escorendo entre os dedos (21-22)

……………………………………………………………………………

Não são as rugas do meu rosto nem os meus passos vacilantes que me

anunciam o tempo.

É o contraste entre a intensidade dos desejos que me fazem parir  sonhos e

a fragilidade apresada no meu corpo (26)

………………………………………………………………………………………..

Não tenho feios nem amarras

Sou a arte de mim mesma

………………..

Cometo desmandos no comando dos meus sonhos (27)

………………………………………………………………………………………………………….

Só se é vivo quando a alma chora, ri, grita e

se contorce de alegrias e penas

………………..

Sou simplemente

o que senti

O que toquei

O que AMEI (29)

…………………………………………………………………………………………….

As cruzes da alma

escondem

o teatro da vida (30)

…………………………………………………………………………………………

Despidos de tudo

Cobertos

Apenas

Com as transparências

da humanidade em fuga (31)

…………………………………………………………………………………………………………

Nem sempre vivoo que sinto

Mas sinto o que me ata

Me enfada e provoca revolta

O encanto do proibido (32)

…………………………………………………………………………………………………………

Voltarei sempre

Sempre

Não para ficar

Mas para não morer (33)

……………………………………………………………………………………………………………

Sobre as cores do arco iris

O lugar onde dormem todos os sonhos do mundo (35)

………………………………………………………………………………………………..

Sombras preenchendo páginas já desfolhadas

São

Olhares pra trás (36)

……………………………………………………………………………………………………

É a ousadia ou não de ser quem sou (38)

…………………………………………………………………………………………………..

Com as mãos lavadas esvaziamos a escuridão   (39)

…………………………………………………………………………………………….

SEREIA serei e do MAR farei meu LAR (40)

…………………………………………………………………………………………..

Nada é mais ruidoso que este silêncio

Que habita entre nós e nos  grita pelo nome (44)

………………………………………………………………………..

Procuro-te

Sempre te procurei

De tanto procurarte perdi-me

algures numa esquina deserta de nós (45)

……………………………………………………………………………..

Gerando vidas sobre as minhas raízes

Numa outra vida

Aquela que nunca teremos (47)

…………………………………………………………………………………..

Quando chegar a colheita

Já não teremos brazos

Nem alma para embalar tanta memória (49)

…………………………………………………………………………..

Trazias chuva nos olhos

E a chuva também era verde (51)

…………………………………………………………………….

Vestida de oceano espero o dia

em que te tornes água

me enchas,

te entornes

escorras para o fundo de mim

eu que sou mar…teu mar! (53)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s