crítica de ESTUDO DO CASO SEGUIDO DE SEGUNDA TENTATIVA

O AMOR COMO EIXO TEMÁTICO DA POESÍA E DA VIDA

Título: Estudo do caso seguido de Segunda tentativa

Autor: Mário Tiago Paixão

Editorial: Glaciar

Pode parecer contraditorio. E, sen dúbida, son. O feito de que o amor sexa o principal eixo gravitacional da vida humana. O feito de que nos últimos 50 anos a súa presencia como tema poético foi e vai en declive, ficando sobre todo como tema para adolescentes. Sen dúbida estamos vivindo unha época de transición; unha vez ultrapasado o amor romántico, unha vez que o propio concepto de humanitarismo flúe sen chegar a concerto, unha vez que o propio concepto do eu namorad@ non atopa  fronteiras entre as cales definirse univocamente, unha vez que a resposta ao namoramento se presenta como múltiple, variábel e á vez finita e infinita…sabido iso estamos en condicións de acceder á desdebuxada cartografía do amor nos nosos días e na poesía contemporánea. Nin moito menos desapareceu como tema literario, mais non é tan frecuente, insírese como un máis dos acontecementos vitais humanos (que á veces ten moito que ver co azar e, por suposto, coas limitacións que tanto mulleres como homes temos á hora de conservalo).

Neste panorama é moi grato atopar un poemario que o contempla como tema central, como tema central e non como insinuación máis ou  menos presente. Aínda que da insinuación volveremos falar, fique con clareza que este libro de poemas de Mário Tiago Paixão acha nesa tematización unha forma de individualización contrastiva: o amor deixa de ser un accidente vital máis para converterse no eixo tanto da vida como da poesía.

Mais na ecuación amorosa que presenta dous termos enidentificación (o eu namorad@ e o ti que corresponde), neste caso aparece un terceiro elemento. A poesía. A poesía que é, dunha parte, ponte verbal para expresar o sentimento. E tamén a poesía que é unha forma de beleza verbal pola cal o autor sente paixón. Paixón, esa palabra, si se pode considerar ponte o vértice unitivo. No cal aínda resta un outro elemento a considerar: quen le. De tal maneira o esquema resulta deste xeito:

– Ela, a muller, a amante, provocadora e receptora simultaneamente

– Ela é o verso, o poema, materialización verbal coa cal o poeta corresponde á beleza

– Mais o poema tamén é quen le

– E quen le sabe que o poema é (polo menos en parte) un espello de quen o escribiu e un estímulo ou espello (ás veces fracturado) de parecidas experiencias vitais propias.

                Quen le. Quen le é moi importante porque só nas súas mans e pensamentos está o enfechamento do proceso reflexivo que o poema propón ou insinúa. Os poemas, lonxe de seren expresión exaltada de verdades sublimes dunha fondura e beleza epatantes que só permitan a admiración de quen le, son breves achegamentos, na súa inmensa maioría, a algo tan transcendente como é o sentimento amoroso, e tamén tan inapreixábel, tan difícil de abranxer na súa tan deslumbrante extensión e importancia, que importa sobre claquera outra cousa o proceso tanto da escrita como da lectura e posterior reconsideración interior, porque o ser humano aínda non aprendeu a  transgredir as súas limitacións reflexivas. Séntese absolutamente marabillado, tanto como confuso e incapaz de poñer en palabras tanta grandeza. Xusto esa grandeza que é obxectivo, que é o caso de estudo na primeira parte do poemario. Xusto esa incapacidade que se pode apreciar na fotografía de Henri Cartier-Bresson onde un ciclista descende por unha curva que só ten unha mínima saída ou punto de fuga. Incapacidade fronte á grandeza que na segunda tentativa continúa. Non de debe entender esa segunda tentativa como resultado de impericia anterior. É só que a grandiosidade do sentimento vai ofrecendo diferentes puntos de fuga como diferentes achegamentos expresivos. Precisamente nesa segunda parte o poema adquire máis brevidade e consolida a necesidade de que quen le continúe as insinuacións dos versos antecedentes, sempre co pano de fondo do amor como experiencia vital única, sempre coa certidume única do poema como mellor fórmula para dar conta del. De tal xeito que o libro constitúe unha pretendida disección verbal na que ir sumando perspectivas que nos permitan acceso ao, se cadra, innomeábel ou multiforme tema do amor. Despois do afán totalitarista da Modernidade, esta é a saída fragmentaria que polo momento se foi atopando. Quizá nesa suma estea a única posibilidade de achegarnos á grandeza do amor. De aí que a focalización nun único poemario resignifique a verdadeira importancia que ten o tema, nas nosas vidas e na poesía.        

                Téñase en conta que falamos da  suma de achegamentos ou insinuacións, que teñen algo de revelación, revelacións sen contigüidade, insinuacións en forma de obsesión. Trapos ou farrapos desde que explicar(se) e comprender as diversas direccións e magnitudes do fenómeno máis humano das nosas vidas: o amor. A revolución defintiva. A que queda por facer.

A revelación da revolución. Porque, pensen, o amor non é un tema intimista e inocuo. Tamén pode ter dimensión política, fertilidade política. Experimenten. Sen fronteiras.

ASDO.: Xosé M. Eyré (membro da Asociación Galega da Crítica)

-Podem adquirilo aquí, e ben baratiño: https://glaciar.com.pt/product/estudo-de-caso-seguido-de-segunda-tentativa/

Plano de tiro

O meu plano é amarte asssim assim sempre mesmo o meu

                                                                                    plano é este

Vive na linha acima desta no andar de cima desta casa

Nesta casa onde estou sentado para despois me deitar e

                                                                                                depois

Os versos ingénuos aparecem sem morte que ponha fim

                                                                     ao meu primeiro plano

Á necessidade de fazer plnaos e d e atirar par não atingir

                                                                            e viver assim asssim

Mesmo

o meu plano é esta hora sempre

por este quarto os versos desta cama são lençois e

                                                concretizam o teu corpo imaginado

onde sem morte se vive de novo na linha acima desta

                                                                  neste poema a esta hora

entre palavras ingénuas protas a imaginar un plano

                                                                             inconceto

Ordem

Simples:

A regularidade da maré a incerteza do vento o brillo do

                                                                      sol pelo filtro UV

A velocidade do segundo classificado nos 100 metros

                                                                                              planos

As tentaivas que partlhámos

E o poema a ser era planta vascular

Património

Sentados á mesa

Eu tu os mais velhos

Os que sabiam mais

Que se foram quando nós ficamos

Com as palavras de outro tempo

A mesa ficou con nos

Destapada

Com os bancos corridos a doer

Sem apoio para as costas

Quando nos levantarmos mais velhos não sei

SE teremos palavras para deixar

#23

Clandestino como o bar e o teu sorriso.

és o moento en movimento

e a origem das espécies

e sei que começas e terminas nas palavras que vives

(sen título) (Todos os sen título pertencen á Segunda tentativa)

 A minha vontade por dizer

Tem o teu nome

háma-se o teu cheiro húmido

De terra ou pele

(sen título)

Insensível

Como um homem estrangeiro ao seu corpo

Que não pode  não sabe

Dizer o próprio corpo

Proscrito num exílio incessante obrigatório

Doce até

E á procura

(sen título)

Abraças-me na plenitude do teu corpo

De árbore sob luz de outono

Uma folha bastaria par amim

Uma flor resistente

Sobrevivinte á passagem do tempo

Ao incêndio consentido do teu corpo

(sen título)

A atracção é o motor das coisas

A força da gravidade que nos derruba

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s