crítica de CLARICE LISPECTOR: INTUICIÓNS ONTOLÓXICAS, de Rebeca Baceiredo

CLARICE LISPECTOR, VISTA PARCIAL A OLLOS DA FIOLOSOFÍA ACTUAL

Título: Clarice Lispector: intuicións ontolóxicas

Autora: Rebeca Baceiredo

Editorial: Eusenio?

Cando souben da existencia deste título de Rebeca Baceiredo, a ansia reloucábame de contentamento. Unha das autorías por min máis admirada, Clarice Lispector, ía ser visitada por unha das autoras actuais que máis respeto e cuxa obra sigo cun crecente interese pois tratáse dunha escitora que, desde a fiolosofía, a meu xuízo mellor escrebe para o grande públido, Rebeca Baceiredo. Desde entón foron pasando os días, as semanas e os meses, e o que eu agardaba para principios de outono chegaría ás miñas con certo atraso, acasos así son frecuentes. Quero con isto significar a inmensa cuiriosidade que esta publicación de Rebeca Beceiredo operaba en min. Porque unha curiosidade semellante tamén debe se producir en calquera que lea e coñeza minimamente a obra de Clarice Lispector, autora que exerce un magnetismo sobre min que eu proucuro non disimular, nin sequera o calo, porque sei que esa palabra, “magnetismo” tamén explica a paixón que outras persoas que len senten á hora de ler a Clarice. E xa non só por iso, senón que, na miña opinión, a propia Clarice era consciente diso e tamén de que ela escribía para un público adulto e de clase social alta (disto estou moi seguro) mais non esqueceu nunca as súas humildes orixes senón que desde elas obrigaba á reflexión lectora. Hai, aínda, outra razón: como ía focalizar Rebeca Baceiredo a obra dunha autora como Clarice, fondamente transgresora e sempre contraditoria?

Que a obra de Clarice fora revisitada baixo os ollos da filosofía actual non me estrañaba nadiña, sabedor de que xa  no seu primeiro romance (Perto do Coração Salvagem, 1943) foi detectada influencia de Sartre e, tamén, en menor medida de Simone de Beauvoir. Ela, posteriormente negaría que tivera lido a Sartre, mais iso é o de menos, porque o innegábel é a presencia de existencialismo na obra de Clarice. Así pois era no “espírito de contradicción” onde reacaía, en maior medida, como sería focalizada a obra dunha autora tan díscola e difícil de apreixar. A segunda parte do título, “Intuicións ontolóxicas” parecía sinalar un camiño, o da intuición, que explicaba xustamente por que Clarice é unha unha autora tan contraditoria. Volveremos sobre isto.

Cando tiven o libro de Rebeca Baceiredo na miña man, a curisidade que sentía era tal que de inmediato me obrigou a ollar se era atendida a súa obra en conxunto (por sinal, os romances para adultos) ou só en parte. A resposta é que son tidos en conta os romances A Maçã no Escuro (1961),  A Paixão Segundo G.H. (1964), Uma Aprendizagem ou o Livro dos Prazeres (1969), Água Viva (1973), Um Sopro de Vida (1978) e as crónicas de A Descoberta do Mundo (1984). É dicir, máis da metade dos romances son atendidos, e unha das súas colectáneas de crónicas, non a completa Todas as Crônicas (Marina Colasanti, Pedro Karp, Larissa Vaz, 2018) pois seguramente non era coñecida por Rebeca Baceiredo. Non había queixa en canto ao número, era considerábel e as crónicas estaban presentes, saliento o das crónicas porque é onde mellor se pode ver o seu espírito contraditorio. Tamén acrecentaba a miña curiosidade o saber como sería visitada a súa obra, se se daría unha imaxe uniforme dela (coas dificultades que iso ten nunha persoa que foi sempre pura contradición), se cadra libro tería unha personalidade dentro dese caos, ou como sería a cousa. Estas dúas posibilidades logo se esvaeceron en min, toda vez que comecei a ler xa vin que non había nin sequera unha mínima introdución á súa obra (de xeito que que quen lea o libro non tería nin pequena idea desa súa característica contraditoria) nin da obra en conxunto nin de cada obra en particular. A forma de traer a súa obra ao discurso filosófico é desde citas (descontextualizadas) das obras de Clarice. Isto decepcionoume, porque a Lispector non é precisamente coñecida na Galiza, de xeito que esa introdución era máis necesaria que nunca. Porén máis me había decepcionar o feito de que as abondosas citas das obras mentadas aparecen sempre traducidas para galego; esas traducións son absolutamente desnecesarias, nin a lingua de Clarice é tan difícil que se fagan imprescindíbeis nin o galego tan estraño ao portugués que demande tradución. Outra mágoa ben grande.

Deste xeito, o libro de Rebeca Baceiredo que comentamos perde unha grande oportunidade para presentarnos a obra de Clarice a un público como  galego que tanto a ignora. E non só iso, tamén o achegamento á súa obra se ve deficiente, sendo achegamentos puntuais só desde cada cita. Isto é: a obra de Clarice preséntase como testemuña ou “a propósito” a partir do cal se manifesta o discurso da filosofía ontolóxica actual. Tal aggiornamento da inmortal novelística da Lispector, desde o punto de vista filosófico, ha ter un lugar salientábel dentro dos diferentes análises a que esta foi sometida, ese será o contrinbuto (xa é) que desde o galego se faga (fai) á hora de entender tanto as súas novelas como as súas crónicas. E isto é así malia a pura contradición que é Clarice. Escoller unha pasaxe para sobre el alicerzar o pensamento ontolóxico sempre é terribelmente arriscado porque nunca poderemos dicir que tal afirmación en tal romance ou crónica non teña expresión do seu contrario noutra.

Aliás, aínda hai outra cousa a comentar, que fomos dilatando e agora é o momento axeitado para non deixar pasar. Como dixemos, Clarice escribe sendo consciente de que o facía para xente de clase social acomodada e é tamén moi consciente de que ela é filla da emigarción. Se quer, desde aí resulta mellor entendíbel o seu “espírito contraditorio”, como unha forma ou fórmula desde a cal quen le se ve na obriga de realizar exercicios de razoamento, cousa sempre pouco cómoda para a clase social máis acomodada. Non é só que Clarice Lispector sexa imposíbel encadrala dentro dun discurso “habitual” para a súa novelística, cada chegada a cada razoamento exposto sempre é nova porque ela nunca deixou ser definida de maneira clara; esta rebeldía, que podemos adxectivar como romántica no máis puro sentido do romanticismo de supervaloración do ego, máis que carpichosa é puramente vital (o certo é que a mesma Clarice sufría os seus efectos) pois responde á necesidade de que cada persoa sexa atendida e entendida sempre desde múltiples puntos de vista. Era  a forma en que Clarice celebraba a vida, a vida e o propósito da vida como ese milagre que se manifestaba a partir do mundo máis familiar, a partir do mundo da cotidianeidade, pois o cotián non por ser cotián é menos importante, todo o contrario. E tamén era unha forma de obrigar a reflexionar a quen lía (xa vimos o consciente que era de quen a lía), unha “pequena vinganza”, se me permiten a expresión, da clase traballadora.

Así as cousas, a obra de Clarice ollada por Reberca Baceiredo serve como pretexto para o discurso filosófico centardo na ontolxía, e como aviso para que outras olladas deste estilo se poidan dar sobre a obra de Lispector independentemente da súa xinea filosófica…

ASDO.: Xosé M. Eyré (membro da Asociación Galega da Crítica)                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                              

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s